A historia comeza ben, unha clínica psicolóxica. Xa o feito de que sexa unha historia dentro doutra me parece unha idea brillante!
A protagonista é Laura, a verdade non a entendo moi ben. Ela estaba insegura, tiña medo e aínda así saía igual, fose a hora que fose e por calquera sitio. Entón, tiña medo, estaba insegura e asustada pero saía igualmente! Supoño que porque lle mandaba Carlos, pero ao meu parecer, contradinse esas dúas cousas.
O que máis interesante me parece é que o doutor que se encargaba de Laura, fose o que fixera que a besta volvera atopar a rapaza e a matase, ou o que lle fixera. Porque esa é outra, é un final aberto e podes pensar o que queiras. A parte que máis me gusta é o final. É alucinante.
O vocabulario é moi sinxelo menos nunha parte onde falan de neuronas e temas psicolóxicos.
Así que, se che gustan os libros de misterio e quizais, algo de amor, este é o teu libro!
Uxía Iglesias Vázquez (3º ESO)
Este libro gustoume moito porque é unha historia na que se mestura o
misterio, a dor, o amor e lendas propias de Galicia.
O momento que máis me
gustou e o que a min me pareceu o máis importante foi cando Laura volve de novo
dende Madrid ata Galicia polo amor de Carlos e tamén me parece a parte de máis
emoción da novela xa que todo xira en torno á lenda da Gran Besta que foi a que
desencadeou que ela estivera agora nun psiquiátrico intentando recuperarse coa axuda de Víctor.
O
que menos me gustou deste libro foi o final xa que esperaba outra cousa
diferente, que non todo rematase de forma tan repentina e que fora máis
extenso, penso que tería que haber unha explicación lóxica e dar a entender se
ela se recuperara ou non.
O libro é moi recomendable polo feito de que é
entretido e interesante e cunha lingua sinxela de comprender.
Paula Lema Domínguez (3º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario