Na miña opinión
este libro ten demasiados relatos, que tratan de temas moi variados pero
relacionados pola violencia que conteñen, algúns deles teñen un final algo
complicado de entender. Supoño que está feito así coa idea de facer pensar ao
lector.
Para min os mellores relatos son: “O xogo da guerra” e “A Capoeira”. O tema
destes dous relatos é a vinganza que levan planeando os protagonistas durante
moito tempo por algo que lles fixeron. Pero algo que teñen en común todos os
protagonistas dos distintos relatos é que todos acaban sendo vítimas dalgún
tipo de desgraza e algúns recorrenáa morte e ao suicidio.
O meu personaxe favorito é Gonzalo porque volveu a Galicia para vingarse dun
home, que pola súa culpa tivera que matar ao seu burro que quería moito.
O vocabulario é fácil de entender a excepción dos momentos nos que te fai
pensar.
Este libro é bo para as persoas que
ademais de ler, tamén lles guste reflexionar sobre o que leron.
Daniel Varela Bello (4º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario