Ola!
Son Alba Rey e
hoxe vouvos falar dun libro que lin, Todos somos, de Marcos Calveiro.
Narra os feitos
da desaparición de Natalia, unha nena de 12 e moi amiga de Antón. Gustoume
moito este libro xa que o argumento recolle a historia de moitas outras
desaparicións, a angustia de que uns pais atopen á súa filla e a maneira da que
os medios de comunicación se aproveitan destas traxedias para aumentar a súa
audiencia, co pretexto de ser mellor que outros programas.
É un libro moi
triste, a xente reúnese para facer manifestacións, os policías non teñen
ningunha proba nin ningunha hipótese...
É un libro que
te engancha porque queres saber se encontran a Natalia e no estado que a
encontran.
Esta cheo de sentimentos, por unha banda narra a realidade na que
vivimos, e por outra, cada persoa ten unha historia atrás: Lina, Antón, a
presentadora, os país de Natalia e os de Antón...
Outra razón pola
que me gusta é que deixa un final aberto. O meu personaxe preferido é Lina, é moi boa con Antón e no seu traballo, é difícil que se renda.
En canto ó
vocabulario, hai palabras que non coñezo pero en xeral é sinxelo.
Recoméndovos un
montón que o leades, é moi bo libro.
Alba Rey Brea (3º ESO)
Ola
amig@s! Son Ahinoa e hoxe tocoume falar dun libro moi interesante,
Todos somos. Este libro abarca un tema que pode pasar na realidade, a
desaparición dunha persoa, neste caso a desaparición dunha nena,
Natalia.
Para
min o momento máis importante deste libro é cando Lina se desfai do
pasado, é dicir, cando lle entrega a Antón o álbum no que tiña todo
relacionado coa única desaparición que non logrou descubrir.
Os
personaxes son moi distintos, por exemplo o pai de Antón é un home
sensato, parécerelle moi mal que o pai de Natalia vaia á televisión
só para gañar cartos, en cambio a súa nai parécelle ben, xa que
pensa que só quere atopar a súa filla.
O
meu personaxe favorito é Lina, a inspectora que leva o caso. É unha
muller forte, e que loita para superar o pasado, cousa que lle costa
un montón.
Neste
libro só faría un cambio, o final xa que é aberto e a verdade é que non mo esperaba.
Deixando
o final a un lado, recomendo un montón ler este libro xa que está
xenial, e explica brevemente o que lle ocorre a unha familia á que lle desaparece unha persoa querida, unha sensación moi moi mala.
Ahinoa
Antelo Rodríguez (3º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario