Este libro ten 22
historias, as cales non teñen nada que ver entre elas, cousa que
a min personalmente non me gusta, porque
cando lle pilas o fio, xa cambia a historia.
A min o
conto que máis me gustou foi "O caso dos tres fornos",
porque ten unha moralexa oculta moi boa, xa que o limpador dos
fornos limpou os tres para darlle nos dentes ao xefe.
O que
máis pena me deu foi o de Estreliña xa que os seus pais
tiñanlle moito aprezo a esa rapaza ao ser tan guieira e cando morreu
debéronse sentir moi mal.
A miña personaxe favorita é o
vagabundo porque librouse de pagar unha consumición contando unha
historia, algo que resulta estraño porque normalmete só corres
cando o camareiro se despista.
O vocabulario é fácil, non ten case palabras difíciles e lese moi rápido, pero para un traballo de aula é moi dificil ao ter tantas historias.
Recomendado cen por cen para unha
lectura optativa.
Martín Dafonte Rodríguez (4º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario