Verdade. Care Santos. Rodeira - Edebé
Este libro é a continuación, é dicir, a
segunda parte do libro Mentira. Trata
da saída do protagonista dun centro de menores (lugar onde levaba preto de
cinco anos) e a forma na que se buscou a vida xa que, fóra, non tiña nada nin a
ninguén.
Persoalmente, o momento máis importante foi cando Eric descobre que a súa casa,
a que o seu curmán comprara para os dous antes de ser asasinado, está ocupada
por un camelo. Este último resultou ser o asasino de Ben.
En relación cos personaxes, un dos que máis me gustou foi Alberte. Este era o
avogado de Eric, o cal lle axudou moito en todo momento. E un dos que menos me
gustou foi Xenia, a moza de Ric.
O final era bastante esperado, aínda que houbo cousas que non o foron.
En canto ao vocabulario, era bastante sinxelo e de comprensión fácil.
Eu recomendo este libro porque esperta moitas e diversas emocións e opinións,
que poden ser moi interesantes.
Paula
Noya Redondo (3º ESO)
Verdade é un libro escrito pola escritora Care Santos.
Este libro consegue que vivas a vida de
Éric en primeira persoa, é unha historia que podería ser real, unha historia
cargada de prexuízos. E preguntas como: Que pais deixarían que a súa filla
saíse cun rapaz que estivo no cárcere? Que persoa contrataría a un mozo que
saíu dun correccional? A resposta a estas preguntas é: Ninguén.
Un libro que fala dunha vida dura, familia
rota, a volta á vida real nun entorno complicado, barrio con drogas, mafias, subornos
e chantaxes.
Sinceramente non lle faría ningún cambio
a este libro, pareceume que todo estaba ben pensado sobre todo o final…non
sabería que libro escoller se este ou o outro da serie, Mentira.
Un libro sinxelo de ler, grazas ao seu
vocabulario e rápido de ler pois non é moi grande, paréceo pero a letra é
bastante grande. E que sen lugar a dúbidas recomendaría.
Leticia Añón Guerra (3º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario