O achado do castro. Manuel Núñez Singala. Galaxia
Alejandro
Vásquez Fernández (4º ESO)
Este libro gustoume por varios motivos. Un
deles é que é moi entretido. O outro, é que é sobre unha historia que,
antigamente (é un libro sobre unha historia do mundo antigo) estaba mal visto xa que trata de casar con
alguén de diferente clase social. E este libro rompe todos eses esquemas.
Aínda
que hai saltos na historia, xa que non se atoparon todos os anacos onde estaba
escrita, enténdese moi ben, tamén é polas intervencións do presentador, que
explica un pouco a situación.
Sobre os personaxes, chamoume moito a atención xa
que tan só hai oito en todo o libro. Hai unha soldado, e daquela, era moi raro que
as houbese.
Houbo unha escena que si que se fai máis longa, porque é moi
repetitiva, pero polo demais, é un libro que se le moi rápido, ademais a lingua
é fácil de entender.
Hai algúns poemas en latín pero vainos traducindo á mesma
vez e enténdelo todo perfectamente.
É un libro moi curto pero hai moitos
momentos de risa, intriga...
O momento que máis me gustou foi o final, aínda que
por un lado xa sabía que ía acabar así ou parecido... Se queredes saber que
pasou... só o tedes que ler, a min encantoume!
Tania Villasenín Bello (4º ESO)
Paula Lema Domínguez (4º ESO)
Este libro gustoume
moito debido a que é un libro moi emocionante e entretido xa que trata de dúas
historias paralelas, un amor prohibido e un roubo.
Para min o momento máis
importante do libro foi o momento no que Carmiñae e Manolitus namoran, cando
ela vai á casa de súa tía a Nápoles, alí se coñecen e alí comeza o seu amor.
Paréceme que é ese xa que iso desenvolve toda a historia.
O meu personaxe
favorito é Caleno (aínda que non sexa o máis importante), un dos ladróns que
lle intenta roubar o medallón ao rei, aínda que é moi tonto, é moi gracioso.
O
tema é interesante e hai escenas moi divertidas.
O libro gústame tal e como e
non faría ningún cambio. O final paréceme axeitado porque resolve moi ben ambos
conflictos, o do roubo e o do amor entre Carmiñae e Manolitus.
Recoméndollo a
todo o mundo porque é moi sinxelo de ler e lese moi rápido.
Paula Lema Domínguez (4º ESO)
A obra O achado do
castro é un libro moi entretido e moi sinxelo de entender. O libro engloba
varias temáticas, Catulo e Caleno que intentaban roubarlle ao emperador, e
despois había dous namorados que tiñan que quedar e verse ás agachadas porque
seus pais non estaban de acordo coa relación.
O libro ten un final moi
inesperado, pois ao principio o emperador e máis Arpexia levábanse moi mal e insultábanse
mutuamente pero ao final casaron e deixaron casar aos fillos.
A parte máis
aburrida na miña opinión é o principio porque o presentador enrédase moito ao
presentar os personaxes e mais onde transcorre a escena e cando hai un cambio de
acto volve a vir o presentador para volver a explicar o que vai pasar e onde.
O
emperador é moi cruel porque quería cortarlle a cabeza a un soldado só que
despois necesitábano e cortoulle só unha perna.
Recoméndolle este libro a todo
o mundo e sobre todo para a xente que non lle guste ler que se le moi rápido.
Vannia Antelo
Iglesias (4º ESO)
Para
min o momento máis importante desta historia foi cando o Emperador casa con
Arpexia, gustoume isto porque ao principio Arpexia quería matalo por culpa de
que o Emperador encerrara no cárcere ao seu fillo pero máis tarde os dous de
tanto pelexarse acaban abrandando e acaban casando.
O momento que menos me
gustou foi cando os soldados lle interromperon o bico que ían darse na boca o
Manolitus mais Carmiñae.
Sobre o libro eu persoalmente opino que é bastante
interesante e á parte nalgúns tramos do libro é bastante gracioso sobre todo a
parte na que Caleno ten que facer de Citrón e lle ten que contar algúns poemas
que son graciosos pero tamén son algo bastos.
No tocante ao seu desenvolvemento eu
non faría ningún cambio debido a que está perfecto, é moi gracioso e o seu final
é algo bastante inesperado.
Sobre a lingua non me resultou nada difícil de
entender.
Eu se fora o autor deste apaixónante libro gustaríame recomendarllo a
persoas que lles gusten os temas sobre a época do imperio romano.
Este
libro pareceume moi entretido e gustoume moito, só que é demasiado curto para o
meu gusto e lese moi rapidamente.
Os personaxes que máis me gustaron foron Catulo e Caleno, dous tontos moi tontos que un é algo máis listo, e fixéronme moita gracia ao longo da historia. Tamén me gustou moito a historia de amor de Manolitus e Carmiñae.
O momento que máis me gustou foi cara ao
final, no que todo remata como ten que rematar, todos felices e contentos sen conflito
ningún.
O tema pareceume moi emocionante, porque non estaba moi claro o que ía
pasar ao final e resultou ser un tanto inesperado.
Non faría ningún cambio e a
lingua é moi doada de entender.
Eu persoalmente recomendo este libro a todo aquel que lle
guste ler porque de seguro que lle vai encantar e ademais lese moi ben.
Damián Regueiro Liste
(4º ESO)
Este libro teatral
gustoume moito pola súa divertida e apaixonante historia de dous namorados aos cales os seus pais non os
deixan casar e inténtano todo para conséguilo dunha maneira cómica e divertida.
A miña parte
favorita é no final cando o emperador lle pide a man a Arpexia e deixan libres
ós mangantes de Catulo e Caleno.
Eu opino que o tema
é o típico dunha parella cun amor non correspondido pero é interesante dado que ten un gran toque de comedia e de diálogo entretidos de ler nun momento de
interese.
En canto ó
desenvolvemento non faría ningún cambio, está perfecto.
O final máis
axeitado para min sería un no que sucederan cousas máis cómicas e sen tanto
cariño pola parte do emperador.
No que se refire
aos personaxes para min o mellor é Caleno porque é o máis gracioso de todos.
A lingua é de fácil
entendemento, foime moi fácil e rápido de ler, como se mo estivera lendo alguén
en vez de lelo eu por iso me parece un gran libro do cal non estaría mal
representalo nunha obra de teatro.
Recomendo lelo a
todos os que poidan.
Daniel Balsa Balsa (4º ESO)
O
momento que me máis me gustou foi cando Arpexia lle dixo ao emperador se quería
casar con el, e, xa que Carmiñae lle pedira aí atrás ao seu pai se podía casar
con Manolitus e lle dixera que non. Aproveitou e xa que ía casar con Arpexia
deulle a oportunidade a súa filla Carmiñae e a Manolitus de casar tamén
O
personaxe que máis me gustou foi Carmiñae, porque me parece unha rapaza moi
boa. Estaba namorada do Manolitus e aínda que seu pai se metera no medio da
relación, porque lle prohibía estar con el, ela non o abandonou por todo o que
lle dixera seu pai.
Recomendo
un montón este libro porque me parece moi fácil de ler, xa que se le moi
rápido, que me levou menos dunha hora lelo. E coa lingua non tiven problema,
porque é un libro moi sinxelo e é moi fácil de entender. Non faría ningún
cambio e o final gustoume, pensei que non ía acabar desa maneira.
Lydia Rey Varela (4º ESO)
Este libro gustoume
xa que conta unha historia dun roubo dun medallón dun emperador romano, a cal ten momentos graciosos como cando Caleno
lle conta un chiste sen graza ningunha e o escravo se ri como el se ri o
emperador tamén se ri.
Pero o momento máis gracioso do libro foi cando o falso sabio lle le a poesía inventada por el xa que son cantigas populares ditas como en latín inventado e dálle un significado falso.
A miña personaxe favorita é Carmiñae xa que a pesar de que seu pai
non lle deixa ver a Monólitus ela vaino ver desobedecendo. E os personaxes que
máis graza fan son Catulo e Caleno xa que para estar a roubar o emperador
tómano con calma e danlle un toque de humor
.
O final para min é axeitado e non llo cambiaría.
Ten un vocabulario sinxelo e fácil de
entender.
Recomendo ler este libro xa que é moi gracioso e engancha dende o
primeiro momento xa dende que les a caraterización das personaxes.
Martín Dafonte Rodríguez (4º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario