Ola rapaz@s! Hoxe vouvos
falar dun libro, Mentira, de Care
Santos. Este libro é a segunda parte, a primeira chámese Verdade, un libro
tamén moi bo e ademais é necesario lelo para entender toda a historia. Se
tivera que elixir, elixiría Verdade, xa que
este fala máis da vida de Eric, conta todo o que lle pasa a el ao saír do
cárcere e a min persoalmente interésame máis que a vida de Xenia, xa que ela é
moi aburrida.
O momento que máis me
gustou deste libro foi cando Eric se reencontra coa súa amiga do cárcere, que
lle dera cando marchou un regalo. A amizade entre estes dous gústame moito, xa
que é unha amizade de verdade.
Como xa dixen Xenia é o
personaxe que menos me gusta, xa que me pareceu moi aburrida e pesada. O
personaxe que máis me gusta é Hugo, xa que me parece un neno moi forte, porque
aínda que está cego é moi bo con Eric, sobre todo cando el lle dixo que estivo
no cárcere.
O final do libro paréceme
moi axeitado, xa que é un final feliz, Xenia e Eric acaban xuntos e ademais
este encontra traballo do que máis lle gusta, lerlle a un neno cego, Hugo, e
ademais formar parte da policía cando este sexa necesario.
Estes libros gustáronme
moito, e se vós queredes ler uns libros cunha boa historia detrás e ademais que
vos enganchen recoméndovos moito estes!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario