Este
libro é moi fácil de ler porque te intriga. O que máis me gustou foi o final,
pasa unha serie de cousas que antes non entendías. Eu cambiaría o final porque
é aberto, non sabes o que lle pasa.
O
personaxe que máis me gusta é Rita (muller do Varas), ela é unha muller moi
loitadora quixo rescatar os seus fillos (Pixie e Dixie). Rita e o Varas non ten
diñeiro e os seus fillos están nun centro de acollida. Os pais deciden
rescatalos, el colleu a súa pistola e encerrou as persoas que estaban alí. O
Varas e Rita lévanos no seu coche pero non teñen onde ir por mor de que a garda
vaia á súa casa. Entón deciden ir pedir lle cartos a un amigo del. Pero el non
ten diñeiro, de súpeto o Varas pelexa con el.
Tamén
aparece outro relato dunha camioneira, que o seu amigo é Lolo, ela sempre o vai
buscar a Vigo pero ao final da narración ela vaino buscar pero trae consigo
unha amiga.
Se queredes
saber o final lede o relato. Espero que o leades, porque a min encantoume moito
o libro. Ao principio non te enteiras de nada, porque conta como dous relatos
diferentes e ao final xúntanse.
Nerea González Rey (3º ESO)
Arancha Rey Brea (3º ESO)
A punta de pistola é un libro que me gustou moito, xa que conta dúas historias paralelas e cando o les pensas que non van relacionadas ata que chega o momento no que as historias se enlazan e todo ten sentido. Tamén me gusta a intriga de saber o que vai a pasar no seguinte capítulo.
O momento que me pareceu máis importante foi cando o Varas e a súa familia chocan contra o camión da camioneira que tiña aparcado cando foi recoller a Lolo e a Vanesa, porque a partir de aí é cando a camioneira decide que facer e a policía deten o Varas e a súa familia.
Lese bastante rápido pero non engancha moito, xa que os personaxes pasan demasiado tempo sen facer nada e con problemas moi sinxelos.
Foi un libro bastante fácil de ler xa que non tiña ningunha complicación na linguaxe nin en ningún outro aspecto.
Recomendo o libro se che gustan moito as historias baseadas en feitos reais, xa que esta é unha delas e supoño que non está moi modificada da realidade.
En conclusión, A punta de pistola non foi un dos mellores libros que lin, pero tampouco está tan mal se che gustan as historias con verosimilitude.
A
min gustoume este libro pero ao principio pareceume complicado de entender. O
que máis me gustou foi o tema do que fala este relato e gustoume moito xa que
podes ver
como a vida de varias persoas se pode xuntar nun instante.
A
escena que máis me impactou foi cando os camións paran a o Varas e o seu propio fillo
dálle un tiro na perna, xa que iso demostra o mal pai que era.
O
meu personaxe preferido é a camioneira xa que demostra que pese as adversidades
ela logrou
ser o que quería, e demostra que independentemente do xénero que sexas podes ser
o que te propoñas nesta vida.
O
final gustoume pero non o entendín de todo.
Eu
recoméndovos este libro xa que é sinxelo de ler, ademais faiche entender o
difícil que
é a vida para algún nenos e para algún adultos.
Arancha Rey Brea (3º ESO)
A punta de pistola é un libro que me gustou moito, xa que conta dúas historias paralelas e cando o les pensas que non van relacionadas ata que chega o momento no que as historias se enlazan e todo ten sentido. Tamén me gusta a intriga de saber o que vai a pasar no seguinte capítulo.
Para
min, o momento máis importante do libro é cando as dúas historias
se enlazan, é dicir, cando o coche choca contra o camión, xa que
nese momento comeza o final do libro e todo é moi interesante.
A
personaxe que me parece mellor é Camila, porque é unha persoa que
reflexiona moito sobre a súa vida e comparte a súa experiencia coa
xente. O personaxe que me parece o peor é O Varas, porque non quere
coidar aos seus fillos e ademais créese o mellor.
O
tema do libro paréceme moi interesante. O desenvolvemento do libro é
axeitado, pero o final é moi inesperado e desconcertante.
A
lingua é absolutamente fácil de entender.
Recomendo
moito este libro porque é de lectura rápida, é moi entretido e
interesante e ademais é baseado en feitos reais.
David
Rodríguez Blanco (3º ESO)
O momento que me pareceu máis importante foi cando o Varas e a súa familia chocan contra o camión da camioneira que tiña aparcado cando foi recoller a Lolo e a Vanesa, porque a partir de aí é cando a camioneira decide que facer e a policía deten o Varas e a súa familia.
O
personaxe que me pareceu mellor foi a camioneira porque é un
personaxe que anima a moitas mulleres a ser camioneiras, a non
facerlle caso ao que digan porque é un traballo no que a maioría
son homes e hai moi poucas mulleres. E tamén Rica porque é quen lle
di ao Varas de ir polos rapaces e é a irmá de Vanesa, a muller que
está con Lolo, o amigo da camioneira que vai buscar na rotonda.
O
tema pareceume interesante porque son dúas historias reais que
sucederon en Galicia e coma estas hai moita mais que suceden todos os
días. Non faría ningún cambio porque son dúas historias reais.
A
lingua foi fácil de entender porque é coloquial.
Eu
recomendo este libro porque e fácil de ler e porque son dúas
historias reais que viven moitas persoas día a día e axudan a que a
xente se anime a ser o que ela queira sen importar que sexan home ou
muller.
Gloria
Bello Fraga (3º ESO)
A min este libro gustoume moito porque contén duas historias moi interesantes, que che poden facer ver que se loitas por algo podelo conseguir.
Na miña opinión, no primeiro relato, o momento máis impactante foi cando o fillo do Varas, Pixie, ten a valentía de matar o seu pai. No segundo relato o momento máis importante pareceume que foi cando a camioneira consegue sacar o carné de conducir do camión, e convértese na primeira muller que conduce ese tipo de vehículo.
Para min o personaxe máis importante foi Pixie, porque ao paso do tempo deu arreglado todo o mal que o seu pai fixera cando aínda estaba vivo.
O libro ten un desenvolvemento moi axeitado, ten un final moi adecuado porque nel desenvólvese todo moi ben.
A lingua do libro é moi fácil de entender, xa que é moi coloquial.
Eu recomendaríalle esta novela a todas aquelas persoas ás que lle guste ler libros, pero non libros simples, libros de emoción e interese.
A
verdade é que A punta de pistola non me gustou moito. A historia é algo interesante, pero na miña opinión non pasan suficientes cousas interesantes para que se convirta nunha boa historia. Creo que
esta narración podería dar moito de máis, pero claro, ao ser baseada
en feitos reais, non se pode modificar moito a historia. A min este libro gustoume moito porque contén duas historias moi interesantes, que che poden facer ver que se loitas por algo podelo conseguir.
Na miña opinión, no primeiro relato, o momento máis impactante foi cando o fillo do Varas, Pixie, ten a valentía de matar o seu pai. No segundo relato o momento máis importante pareceume que foi cando a camioneira consegue sacar o carné de conducir do camión, e convértese na primeira muller que conduce ese tipo de vehículo.
Para min o personaxe máis importante foi Pixie, porque ao paso do tempo deu arreglado todo o mal que o seu pai fixera cando aínda estaba vivo.
O libro ten un desenvolvemento moi axeitado, ten un final moi adecuado porque nel desenvólvese todo moi ben.
A lingua do libro é moi fácil de entender, xa que é moi coloquial.
Eu recomendaríalle esta novela a todas aquelas persoas ás que lle guste ler libros, pero non libros simples, libros de emoción e interese.
Adrián
Gándara Reboredo (3º ESO)
O momento máis importante deste libro pareceume ao principio cando o Varas e a súa muller recuperan os seus fillos ou senón tamén me parece moi importante cando a camioneira consegue o carné de conducir. Parécenme eses dous os máis importantes porque cando a camioneira consegue o carné ninguén esperaba unha muller e cando o Varas e a súa muller recuperan os seus fillos porque os volven ver.
Os
mellores personaxes para min foron Dixie e a camoneira, Dixie porque
lle disparou ao seu pai na perna e a camioneira porque supera os
obstáculos que lle poñen na vida.
O tema pareceume moi interesante, ao principio non, pero despois engancha.
Non lle faría ningún cambio, aínda que secadra aumentaría algo o desenlace.
A lingua é fácil de entender, por ser coloquial.
Recomendaría este libro porque a min gustoume moito e é divertido.
O momento máis importante deste libro pareceume ao principio cando o Varas e a súa muller recuperan os seus fillos ou senón tamén me parece moi importante cando a camioneira consegue o carné de conducir. Parécenme eses dous os máis importantes porque cando a camioneira consegue o carné ninguén esperaba unha muller e cando o Varas e a súa muller recuperan os seus fillos porque os volven ver.
O tema pareceume moi interesante, ao principio non, pero despois engancha.
Non lle faría ningún cambio, aínda que secadra aumentaría algo o desenlace.
A lingua é fácil de entender, por ser coloquial.
Recomendaría este libro porque a min gustoume moito e é divertido.
David Louro Rey (3º
ESO)
Lese bastante rápido pero non engancha moito, xa que os personaxes pasan demasiado tempo sen facer nada e con problemas moi sinxelos.
Foi un libro bastante fácil de ler xa que non tiña ningunha complicación na linguaxe nin en ningún outro aspecto.
Recomendo o libro se che gustan moito as historias baseadas en feitos reais, xa que esta é unha delas e supoño que non está moi modificada da realidade.
En conclusión, A punta de pistola non foi un dos mellores libros que lin, pero tampouco está tan mal se che gustan as historias con verosimilitude.
Laura
Codesido Fernández (3º ESO)
A min este libro gustoume moito xa que é moi entretido e gustoume o que pasou nel. O malo é que ten dúas historias e ás veces confundes unha historia coa outra e non ten sentido.
Este libro está moi ben. A parte que máis me gustou foi cando o fillo de O Varas e Rica lle tira un tiro na perna ao seu propio pai. Outra escena que me gustou moito foi cando a camioneira intentou matar a Vanessa, a rapaza que lle gustaba o seu exmarido.
A min este libro gustoume moito xa que é moi entretido e gustoume o que pasou nel. O malo é que ten dúas historias e ás veces confundes unha historia coa outra e non ten sentido.
O momento máis importante para min foi cando a camioneira consegue o carné xa que nos tempos que están é moi complicado que unha muller conduza un camión. Ela faino porque quería ser como a camioneira Celia Rivas, que foi a primeira muller en sacar o carné para conducir un camión en 1932.
Para min o personaxe máis importante foi Pixie, o fillo do Varas, que mata a seu pai, xa que hai que ter moito valor para facer esta loucura.
Ten un tema entretido para quen lle gusta o misterio porque quedas coa intriga de que vai pasar no seguinte capitulo de cada historia, xa que van intercaladas un capítulo de unha e outro de outra e esté ben desenvolvido.
O final foi o que máis me gustou de todos os libros que lin deste estilo.
Ten un vocabulario moi fácil, coloquial.
Eu recoméndolle este libro a todo o mundo xa que é moi entretido.
Iván Costa Raña (3º ESO)
Iván Costa Raña (3º ESO)
Este libro está moi ben. A parte que máis me gustou foi cando o fillo de O Varas e Rica lle tira un tiro na perna ao seu propio pai. Outra escena que me gustou moito foi cando a camioneira intentou matar a Vanessa, a rapaza que lle gustaba o seu exmarido.
A
narración divídese como en dúas pequenas historias. Nunha que
trata dunha camioneira e a súa empresa e outra dunha familia que
estaban os pais nun cárcere.
Os
personaxes principais son: O Varas, Rica, os seus dous fillos e a
Camioneira. E o personaxe que máis me gustou foi o fillo de Rica
pola súa valentía de salvar a súa nai e tirarlle o tiro a seu pai.
Gústanme
moito todos os personaxes, eu penso que O Varas e Rica non teñen
moitos cartos polo feito de estar no cárcere e penso que os seus
fillos terán problemas de maiores por non ter unha educación
adecuada.
Este
libro está xenial, é moi divertido e engancha moito. Lese
decontado, o seu vocabulario é fácil de entender, non ten ningunha
dificultade.
Sara
Pena Gutiérrez (3º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario