O libro gustoume
bastante. Representa moi ben unha realidade que existiu ata hai pouco. Séntese
todo o dano que deixa a violencia nunha comunidade, como a separación de familias,
centos de mortes ou as manifestacións que tamén poden intervir na túa vida
cotiá.
Os personaxes que máis me gustaron foron Nekane, pola súa personalidade amigable e cariñosa, e Maite, que se preocupa moito pola súa filla e a súa xuventude non foi fácil. O personaxe que menos me gustou foi Manu, porque aínda que saíra do cárcere, segue pensando que a violencia é a resposta.
Unha cousa que non me gustou do libro foi o excesivo tema do amor, que
se menciona practicamente en tódolos capítulos, entendo que dá que falar na
historia, pero podíase falar doutros temas que a min me parecen moi importantes
no libro, como a opinión a fondo de Edurne sobre a situación daquel momento ou
da vida de Mateo, que non intervén moito na historia, en vez de centrarse tanto
na vida amorosa de Paula que finalmente remata en nada, deixándome un pouco
decepcionado.
Como xa dixen o final é un pouco decepciónante, o novo final que
eu lle daría sería que Paula non quedase calada ante os comentarios de Manu e
que falase seriamente coas súas avoas, xa que non está nunha situación moi
cómoda na súa vida.
A lingua da narración é fácil de entender.
David Rodríguez
Blanco (3º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario