Matanza. Roberto Salgueiro. Deputación da Coruña
Persoalmente
gustoume este libro porque me pareceu moi entretido e mesmo
divertido. Trata un tema interesante e fai reflexo dunha sociedade
consumista e chauvinista, na que a xente só mira a súa xenialidade
para sobrevivir por enriba dos demais.
Os personaxes descríbense
coma porcos, ao igual que falan da realidade que os rodea con
símiles dos costumes destes animais. As personalidades dos dous
irmáns son antitéticas e, na miña opinión, están moi ben
caracterizados.
No
desenvolvemento non faría ningún cambio, pero tería máis en conta
unha pequena escena que se ve ao final onde o pai dos protagonistas
lles berra por durmir coa luz acesa e acaba pegándolle á nai. Paréceme unha escena moi
importante porque, á parte de darlle portada ao libro, tamén é unha gran crítica.
O
momento máis importante pareceume o final, o cal me gustou moito xa
que dá un xiro drástico. Vemos como á hora da verdade o sensible
se mantén forte e orgulloso mentres que o que non tiña medo remata chorando.
O libro emprega unha
linguaxe moi coloquial e sinxela de comprender.
Paula Noya Redondo (4º ESO)
Persoalmente teño que admitir que me gustou moito esta obra de teatro, pareceume moi graciosa e orixinal. Trata un tema interesante e creo que non hai moitas obras máis cun tema así. Que os personaxes sexan só dous porcos engádelle algo de curiosidade para o lector, e dan ganas de lela.
O desenvolvemento da obra paréceme interesante e ao fin acabase facendo moi curta, dá a sensación de que realmente non está contando nada do corta que é, a isto tamén axuda que sexa unha obra de teatro, xa que son máis fáciles de ler. Non lle faría ningún cambio á obra en si, como moito utilizaría unha linguaxe menos bruta, xa que non soe aparecer ese tipo de linguaxe en moitas obras, aínda así, isto dálle un toque atraínte, e ademais é moi fácil de entender, xa que todo o mundo emprega esas palabras.
Creo que a obra non ten un momento que destaca máis, todo me gusta por igual. Recalcaría como máis importante as charlas profundas entre só os dous porcos, xa que me parece moi interesante ver a percepción que teñen da vida, que é moi distinta.
O final creo que é moi esperado tendo en conta que a obra transcorre nun matadoiro, e que os personaxes principais son dous porcos e un matachín. Estaría ben que fose algo menos esperado, que tivera un xiro dramático que ninguén esperase, creo que ese é o único fallo que lle encontro, dende a miña opinión a esta obra.
Recoméndoa un montón, porque ademais de ser interesante e entretida lese moi moi rápido, e normalmente iso atrae a xente a ler.
Ahinoa Rodríguez Antelo (4º ESO)
Paréceme un bo libro, non é dos meus favoritos máis aínda así gustoume bastante.

O momento máis
importante do libro na miña opinión foi cando os dous irmáns nunha das escenas finais se
confesan as súas debilidades e os seus temores á morte. Debido a
que nese intre é cando conectan amizosamente, chegan ao punto de
encontro onde por fin deixan de rifar un co outro e se entenden.
A
dicir verdade pareceume un tema do máis curioso e á súa vez interesante xa que non comprendín ao cen por cen o dos
sacrificios, máis aínda así estivo entretido.
De seguro cambiaría
un pouco o tema dos personaxes, persoalmente creo que nesta historia
se deberían ver máis personaxes, coma os homes que agarran a un
irmán cando é sacrificado ou incluso ao organizador da matanza,
cando a matachín di: “Son ordes e nas podo cuestionar”, quedei
con esa intriga mais deduzo
que sería o xefe de goberno posiblemente.
Non cambiaría o
final, de feito eu tamén xa os deixaría morrer.
A lingua non foi difícil, obviamente algunhas das palabras non as comprendín mais si que entendín perfectamente o resto.
Mirian Otero Sande
(4º ESO)
Esta obra do autor Roberto Salgueiro gustoume moito. É a primeira vez que leo unha obra de teatro súa mais penso que non vai ser a última. Normalmente non me soen gustar este tipo de obras, mais esta sen dúbida encantoume.
O momento máis importante do libro creo que foi cando os dous porcos intentan negociar co matachín xa que esa parte pareceume surrealista, é dicir, polo porco 2 xa que o primeiro porco pide que o deixe marchar pero o 2 pide unha “puta”, unha botella de viño, música… e quedei asombrada.

Matanza
ten un vocabulario moi fácil de comprender, pero iso non é o que
máis chama a atención, non, o que máis chama a atención é a súa
maneira de falar, tan vulgar e picante, sobre todo o falar do Porco
2, e iso gústame, gústame este tipo de vocabulario xa que non é
moi común na literatura, fai que o lea máis rápido e iso é bo.
Tamén me gusta porque os adolescentes adoitamos empregar este tipo
de vocabulario, ó mellor non tan bruto pero si parecido.
É
un libro que te engancha e te fai rir, ademais de ser moi curto.
Malia
que só hai 3 personaxes, esta obra non é nada aburrida, cada un ten
un papel importante e que achega diversión e tristeza á vez.
O
meu personaxe preferido dos 3 é o Porco 1, non é como os demais
porcos, ten outra maneira de pensar e de actuar e iso gústame, o
diferente está ben.
Este
é un libro de teatro que sen dúbida recomendo e que non te
arrepentirás de lelo. Recoméndoo se queres pasar un bo momento e
rir un pouco coa historia destes porcos.
Leticia Añón Guerra (4º ESO)
Leticia Añón Guerra (4º ESO)
O momento máis importante do libro creo que foi cando os dous porcos intentan negociar co matachín xa que esa parte pareceume surrealista, é dicir, polo porco 2 xa que o primeiro porco pide que o deixe marchar pero o 2 pide unha “puta”, unha botella de viño, música… e quedei asombrada.
Creo
que o tema estaba moi ben, era divertido e ao mesmo tempo dramático,
porque o que acontecia era algo dramático, pero os personaxes como
que lle daban un toque gracioso cos comentarios que estes facían
nalgunhas ocasión.
A
acción dramática que transcorre considero que está moi ben, só
que creo que tería que estar explicado dunha maneira que enganchara
igual pero sen empregar tantos palabróns como usan.
O
final considero que está ben pero creo que lle metería máis
cousas, é dicir, que se apreciara ben que ao porco o mataron, pero
considero que está ben.
E
a lingua é sinxela de comprender, hai algunas palabras que ao mellor
non se entenden pero se lle dás algunha volta creo que lle sacas o
significado ben polo contexto.
Gloria
Pena Gutiérrez (4º ESO)
Esta obra teatral gustoume, pareceume entretida e divertida. É difícil parar de ler, a min enganchoume bastante. Como xa dixen, é entretida e divertida pero á vez é interesante.
Esta obra teatral gustoume, pareceume entretida e divertida. É difícil parar de ler, a min enganchoume bastante. Como xa dixen, é entretida e divertida pero á vez é interesante.
Para
min o momento máis importante é ao final cando volve o matachín
despois de matar ao porco 2. Este era un porco que non lle tiña medo
ningún á morte, tiña xa moi interiorizado que o final dos porcos é
que os maten, ao contrario que o porco 1, que quería morrer de
vello.
Na
miña opinión os diálogos máis graciosos son cando o porco 2 lle
pide ao matachín unha botella de alcol, unha puta e a canción Love
me. O momento máis interesante foi cando o porco 1 contou como
fora o día no que se inscribiu ao Conservatorio, que á súa vez foi
gracioso.
Os
personaxes gustáronme moito, sobre todo o porco 1, era serio e
sensato. O único cambio que faría é o final, non me gustou moito.
A linguaxe foi bastante fácil. A obra en si foi fácil e rápida de
ler. Recoméndovola!
Alba Rey Brea (4º ESO)
Alba Rey Brea (4º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario