Historia de María atrapada. Pequeno tratado de amor precipitado. RobertoSalgueiro. Cadernos de Teatro. eDixital.
Esta
obra de Roberto Salgueiro conta unha historia onde, os protagonistas,
o único que desexan é atopar o amor. Non obstante, non todos
entenden o mesmo por esta palabra, o que dá lugar a un tráxico
final. A acción sucede na parada dun autobús en menos dunha noite,
unha xenial escena para cometer un crime.
Os
personaxes deste libro son tres: unha muller e dous homes. Tres
personaxes moi antagónicos cun mesmo obxectivo, viaxar a París, a
cidade do amor.
En
canto ao desenvolvemento da obra, non faría ningún cambio. Ao
primeiro é difícil asimilar o que les, xa que o tema non é cotián
e esaxérase todo para facer unha crítica. Non obstante a súa
lectura é moi amena, sinxela e mesmo divertida.
Persoalmente
gustoume o final e non lle faría ningún cambio, sendo, para min, o
momento máis importante da obra.
Os
diálogos desenvólvense cun vocabulario sinxelo e coloquial moi
comprensible.
Recomendaría
esta lectura porque é moi rápida e sinxela e, sempre é bo ler
cousas novas, coma unha peza de teatro.
Paula
Noya Redondo (4ºESO)
Esta obra non me gustou tanto coma outras que lin. Creo que é moi monótona, xa que sempre é o mesmo e fíxoseme aburrida. É entretida pero non divertida.
O momento máis importante para min, foi cando estaban na cabina ao final, facendo o amor e ao mesmo tempo María estaba chamando a outra persoa, poida que fose o seu ex. O momento con máis interese foi cando o primeiro home contou a súa historia amorosa con Benedicte.
Os personaxes están ben, María é o meu preferido aínda que os homes tamén me gustaron. Non é unha obra con moito interese, xa que sempre fala do mesmo tema, mesmo ás veces chega a ser pesada e repetitiva.
O final gustoume e non o cambiaría porque é un final tráxico, sen dúbida o mellor desta obra. A lingua é fácil.
É unha obra, en xeral, fácil e rápida de ler. Non a recomendo, polo que dixen anteriormente, algunhas veces fáiseme repetitiva e pesada.
Alba Rey Brea (4º ESO)

Ningún comentario:
Publicar un comentario