Camiño perigoso. ÁnxelaLoureiro. Xerais
Para min, Camiño perigoso, escrito por Anxela Loureiro, é un libro moi bonito, que engancha, no cal ensina os valores mínimos que hai que ter na vida, tamén nos ensina o amor incondicional que existe nunha familia, poñéndonos o exemplo do que é capaz de facer un fillo para axudar e loitar polo benestar de seus pais nos malos momentos.
O vocabulario e a lingua parecéronme fáciles de entender, utiliza frases sinxelas e a historia transcorre de forma continua, xa que non presenta saltos no tempo, isto axuda a entender mellor todo o que a autora nos quere transmitir. A pesar de non ter imaxes, non se fai pesado e lese nun vira vira, unha vez que empezas a ler esperta a curiosidade e fai que non poidas parar de ler ata rematar o libro.
O meu personaxe favorito é a protagonista, paréceme unha rapaza que amosa unha forza incrible e que o máis que quere na súa vida é a súa familia.
Penso que este libro é apto para todas as idades, xa que é fácil de ler e comprender, recomendándollo sobre todo ás persoas que están no medio dunha guerra ou se os seus pais están lonxe deles.
Cristina García Regueiro (3º ESO)
Camiño perigoso é un libro que engancha e é moi bonito xa que ensina o ben que se leva unha familia. Nesta novela podemos ver que tanto a relación da protagonista cos seus irmáns como cos seus pais é moi boa.
A miña personaxe preferida foi Ánxela porque nunca se rende. Outra personaxe que me gustou foi Lena xa que tenta axudar sempre á protagonista. Os personaxes que menos me gustaron foron Marcelino, porque era un pouco aburrido e non falaba, e o cego porque era malo coa protagonista.
E o momento que máis me gustou foi cando a protagonista se atopou cos cómicos, xa que lle fixeron moi boa compañía. Outro momento que tamén me gustou foi o final porque gústanme os libros cun desenlace feliz e pechado.
É un tema interesante, emocionante e aventureiro. Ten un vocabulario moi axeitado e lese moi rápido, en xeral é un libro fácil de entender. Recoméndoo para todos pero en especial para as persoas nas que na súa familia hai unha desaparición para que non perdan a esperanza e que loiten ata o final.
Lucía Rey Martínez (3º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario