Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



mércores, 6 de decembro de 2023

Balda de Libros (XV): Turbo, de Miguel Suárez Abel

 


Turbo. Miguel Suárez Abel. Xerais

A historia deste libro gustoume moito, xa que é un tema que me interesa e nunca lera un libro así. Tamén é certo que ten un vocabulario bastante difícil e ten bastantes palabras pouco comúns. Aínda así gustoume moito e volvería lelo aínda.

Ao principio non entendía porque o autor lle puxera ese título, pero segundo fun lendo entendino e paréceme bastante axeitado, eu non llo cambiaría.

Gústame moito a historia do libro, xa que fala dun tema realista, pero cóntao dunha maneira esaxerada que fai que vexas moito máis claro o problema.

A min, a maioría dos personaxes desta narración non me gustaron moito, porque eran secundarios, saían pouco... pero os protagonistas gustáronme moito, sobre todo Elías e Susana, xa que son persoas como calquera de nós, que lles pasa algo bastante pouco común.

Se vos gusta ler e as historias intensas, anímovos a lelo, seguro que vos gusta xa que cada capítulo estás en tensión por ver que ocorre ao final.

Laura Noya Sánchez (4º ESO)

O libro pareceume que está ben, gústame o tema que trata, dunha familia na que a nai fai de todo para traer cartos á súa familia e un pai covarde que non se atreve a escribirlle unha carta a un amigo seu da infancia para pedir axuda.

O que non me gustou deste libro son os momentos en que o home queda só na casa e empeza a recordar cousas do pasado e pensar moitas cousas, a min fixéronseme algo pesadas esas partes, pero polo resto ben.

O vocabulario é fácil de entender, menos algunha palabra solta que se usaría nesa época ou que eu non coñezo.

Os personaxes paréceme que os aproveitaron moi ben para sacarlle o máximo potencial a todos eles, todos menos o fillo, que eu sentín como que non facía nada na historia ou case.

O final foi unhas das cousas que menos me gustou, xa que é bastante enleado e algo difícil de entender, eu polo menos tiven que ler o desenlace varias veces para poder entendelo.

En definitiva, é un bo libro, pero con algunhas cousas que non me convencen, recomendo lelo pouco a pouco, porque se o les todo de golpe, seguramente, non te decates de nada.

Simón Varela Baleato (4º ESO)

Ningún comentario: