Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



luns, 19 de decembro de 2011

Moita actividade na fin do trimestre


Acumúlasenos o choio estes días:
as recensións das lecturas/recomendacións d@s compañeir@s non paran, interesante charla sobre a Malaria en Africa (http://africastopmalaria.org/), os exames, as notas...e aínda hai máis:



1. Premiad@s: rematou o concurso, anunciado aquí e comunicado a tod@s a través do blog, no q premiamos a aquel@s que máis comentan, con xeitiño, iso si, as entradas que imos colgando no blog. Este trimestre destacamos a Alba (3º ESO) e Noelia (1º ESO) como as máis comentadoras e colaboradoras. Tamén destacamos a Iria (4º ESO) pola calidade das súas opinións e comentarios. Pasade a buscar o voso agasallo pola biblioteca, se non volo facemos chegar entre hoxe e mañá. Interésanos moito moito escoitar a vosa voz neste blog. É por iso que dende xa está aberto o plazo para @s que máis e mellor comentan, a@s que agasallaremos ao remate do segundo trimestre. As evolucións dos comentarios aí á dereita na pantalla.

2. Charla lúdico/informativa: o Portugués simple. A nosa vantaxe competitiva como galegos e galegas é a lingua, que nos abre un mundo de posibilidades a nivel mundial (Ollo MUNDIAL!!). Para facernos caer máis na conta deste feito, desta fortuna da que disfrutamos como galego-falantes, mañá teremos unha actividade organizada polo Equipo de Biblioteca, coa colaboración do Equipo de Normalización Lingüística (@s que apoiaron económicamente a cuestión). Disfrutarémolo, xa veredes. Para máis información: http://agal-gz.org/blogues/index.php/ops/

3. Partidazo de fútbol: profesoras/alumnas. Tamén mañá, a segunda hora, terá lugar un feito histórico no CPI de Trazo. Chicas, tende piedade das profes, que somos novatas nisto do balompié, o deporte rei. Parece que as peticións de Verónica (3º ESO) foron escoitadas: http://blogs.prensaescuela.es/matematicasdiariasentr4az02/2011/11/09/liga-femenina-2/

Isto é un non-parar. Seguiremos informando!!
Enlace

Conta de Libros (VII): O centro do labirinto, Agustín Fernández Paz








Este libro gustoume bastante. Aínda que comezo era algo complicado de entender pero despois no nó do libro e desenlace lese moi lixeiro e suave.
Eu faríalle un cambio ao final, para saber así como acaba Sara co informe, se volve ou non a Galicia ou queda en Berlín, se Brenda e David seguen xuntos meses despois... etc
O libro foi intrigante, e cara ao final cando empezan a encaixar as cousas engánchate a lelo.
Empreguei bastante tempo en ler este libro , pero foi bastante fácil de ler.

Bertín López Ramas

Conta de Libros (VI): Eu e os meus colegas, Aidan Macfarlane e Ann McPherson






Eu e os meus colegas, Aidan Macfarlane e Ann McPherson (tradución de Montserrat Paz),

Col. “Fóra de Xogo”, Xerais


O libro gustoume, aínda que ó principio do libro non o entendía moi ben porque pensei que era unha persoa soa, pero a medida que ía lendo os capítulos deime conta de que en cada capítulo falaba un personaxe distinto.
O mellor momento do libro foi ó final porque conta o futuro que tomou cada personaxe.
Cambiaría a forma de contar a historia, gustaríame que se contase en 3ª pesoa porque creo que quedaría máis claro o tema dos personaxes.


Alejandro Bello Andreo (3º)

xoves, 15 de decembro de 2011

OQO editora e Cultura Galega agasallan catro lotes de libros infantís nun concurso




Está en marcha ata o 19 de decembro un sinxelo concurso para acadarmos de agasallo unha serie de libros infantís. Participar é ben doado. Na ligazón da editorial OQO podes atopar a resposta á pregunta que realizan. Le a seguinte nova:


OQO editora é unha das máis prestixiosas editoriais de libro infantil e con máis proxección internacional de Galicia. Xa que estas datas son moi especiais para a infancia e tanto desde a editorial como desde este portal queremos que todos os cativos e cativas poidan ter como agasallo fermosos libros ilustrados sorteamos catro lotes de dous libros cada un (un da Colección O – 3 a 7 anos- e outro da Colección Q -8 a 12 anos-) entre todas as persoas que enviedes un correo respondendo á seguinte cuestión: Dinos o título dunha calquera das obras ilustradas por Mikel Mardones para OQO Editora.


PREGUNTA
Título dalgunha das obras ilustradas por Mikel Mardones publicadas por OQO Editora?


As respostas enviaranse ata as 15 horas do luns 19 de decembro ao correo



O correo debe levar como asunto “sorteo OQO” e incluír o nome e apelidos, o teléfono e o número de DNI da persoa que participa.

Cada persoa só poderá participar unha vez a través dunha soa conta de correo.


mércores, 14 de decembro de 2011

Conta de Libros (V): Anxos en tempos de chuvia, Miguel Vázquez Freire










O libro gustoume, porque dende o principio espertábame a curiosidade de cómo sería o final e todo o que pasaría durante o relato.
Tamén foi algo novo ler un libro cun narrador n segunda persoa.
A parte que máis me gustou, aínda que non saberla elexir porque o libro en conxunto está moi ben, poida que sexa cando Moncho e Sandra están almorzando na cociña e remátanse bicando.
O final que o libro ten está tamén moi ben, pero eu case preferiría que se parecese máis a outro final que propuxen, porque lle daria como máis intriga ao libro.

Marta Brea Martínez (3º)

Conta de Libros (IV): Agosto do 36, Xosé Fernández Ferreiro



Agosto do 36, Xosé Fernández Ferreiro, Xerais.

O libro describe ben o que pasou cando estalou a guerra civil, e enténdese bastante ben pero aínda que algunhas palabras non tanto.
Tamén non debería de ser case todo o transcurso do libro nun mesmo lugar, xa que case todo sucede na Touza.
A min o momento que máis me gustou e o que me parece máis importante é cando empezaron os diálogos entre o Garabís e o Gregorio porque dáche a sensación de que pode atacar ou poden chegar a un acordo para liberar a Sara; xa que anda cerca.
Este libro gustoume moito e fala moi ben sobre os paseos que se produciron en moitos lugares non só de Galicia, tamén de España.

Alberto Pardal Noya (4º)


Gustoume o libro porque por medio dunha historia abrangue moitas outras. Xa que o mesmo que lle pasa a Gregorio e Sara púidolle ocorrer a moitas máis persoas inocentes. Ademais abrangue a situación da aldea e o medo dos veciños e mais a impotencia que estes senten.
Para min a escena máis importante é cando a Sara, aínda atada na árbore, é ameazada e senón chama por Gregorio matarana, pero aínda así non o fai. Daría a súa vida por a del. E iso é realmente bonito e digno de admiración.
Non cambiaría nada, posto que para min todo está perfecto. Incluso a forma que o autor ten de escribir, demostra a súa calidade algo que non moitos escritores posúen.

Sonia Calo Mosquera (4º)

Conta de Libros (III): Tristes armas, Marina Mayoral


Tristes armas, Marina Mayoral. Col. “Fóra de Xogo”, Xerais


A min o que máis me gustou foi cando Rosa quería ser moza de León e ela era pequeniña.Non cambiaría nada, pero esperábame outro final diferente. Pois que a nai volvese ver as fillas, que o pai non morrese, pero foi todo o contrario.
Pero a min o libro gustoume moito porque mete moitos temas diferentes: o amor, a guerra, a loita dunha familia por unha mesma felicidade.
Quizais a parte que menos me gustou é na que aparece a tía que non apoia á familia. Eu eliminaría esa parte. Aínda que a tía tamén fai un bo papel na historia paréceme dos menos importantes.
É un libro que me enganchou desde o principio, non me foi difícil de ler e entretívome moitísimo, con este libro tiven unha lectura como a min me gusta, porque teño que recoñecer que eu non son moito de lectura.
Este libro amosoume moitas cousas: que o que un quere non sempre o pode ter e que hai que seguir para diante e loitar. Tristes armas é un libro do cal o seu título me chamou moito a atención pero antes de ler nada pensei que ía ser de dúas rapazas que ían ser matadas polos seus pais, por exemplo.

Alba Docampo Noya (3º)

luns, 12 de decembro de 2011

Noraboa, ghaiteir@s!!

A semana pasada, con días de retraso, enterámonos da boa nova: un premio ben prestixioso foi gañado por un alumno de 4º e a súa irmá, ex-alumna tamén.

No xornal Terras de Santiago facíanse eco da noticia:

Éxito arrasador de la II Fía de Trazo

Dos jóvenes músicos de la Asociación Os Xeitosos de Trazo ganaron un prestigioso premio como solistas en Ferrol

La II Fía de Trazo fue una gran fiesta de música tradicional en la que se sirvió caldo de cena
La II Fía de Trazo fue una gran fiesta de música tradicional en la que se sirvió caldo de cena
La II Fía de Baile e Pandeireta de Trazo fue todo un éxito. Cientos de personas acudieron al pabellón municipal el sábado por la noche para disfrutar de esta fiesta tradicional que, por segundo año consecutivo, organizaron Os Xeitosos de Trazo. Como portavoz de esta asociación cultural con 33 años de historia, Moncho Paz explica que "antes, cuando se fiaba el lino en el pueblo, al acabar la fía se hacía un baile de pandereta y los vecinos participaban bailando". Y eso mismo es lo que hicieron esa noche. Primero fueron los más pequeños, los que abrieron el festival tocando la pandereta para delicia de todos. Les siguieron los grupos de más edad que tocan este instrumento y a continuación fue la Banda de Gaitas de Os Xeitosos de Trazo los que consiguieron que todos arrancaran a bailar muñeiras. Hay que señalar, además, que cuando esta agrupación estaba tocando su primera pieza llegaron al pabellón Laura, de 17 años, y su hermano Santi Suárez López, de 15. Venían de Ferrol en donde acababan de ganar el primer premio del concurso Toxos e Flores como solistas de gaita tocando las piezas Alalá de Monterrei y Jota de Recadadores, que prepararon con su profesor Edelmiro Fernández. Era el segundo concurso al que se presentaban en su vida y arrasaron frente a rivales de toda Galicia. Los chicos recibieron un aplauso abrumador de todos sus vecinos.


Dende a biblioteca tod@s queremos felicitar a Laura e a Santi. Estamos orgullosísim@s de vós.

Noraboa ghaiteir@s!!

Un poliporo dos montes de Trazo


(Fotografía do arquivo persoal de José María Costa)

Lembrades a José María Costa? Foi o micólogo, membro da asociación Pan de Raposo, que veu a darnos unha palestra sobre “Iniciación ao mundo dos cogomelos”. Hai pouco enviounos esta fotografía dun “Trametes versicolor” atopado na contorna de Trazo, e contounos:

“Estiven o pasado sábado polos montes de Trazo e atopei este fermoso poliporo moi navideño. De feito é usado tradicionalmente despois de bañalo en laca para adornar os centros de mesa ou para acompañar os motivos do nadal. Os ingleses, tan amantes eles dos animais, coñéceno co nome popular de "Turkey tail", cola de pavo. Como moitos poliporos posúe propiedades antitumorais e del sacouse un extracto, coñecido como Krestin, utilizado en veterinaria para aliviar doenzas terminais en cans e gatos”.

Máis unha vez, moitas grazas Costa por compartir a túa sabedoría micolóxica. E lembrade que na nosa biblioteca hai novos libros sobre cogomelos e nun deles poderedes atopar un interesante traballo de José María Costa. Animádevos a saír aos cogomelos, que as fortes xiadas aínda non os fixeron desaparecer.

xoves, 1 de decembro de 2011

Agustín Fernández Paz recibe o “VII Premio Iberoamericano SM de literatura Infantil y Juvenil 2011”


(Foto e información tiradas do blogue de Edicións Xerais)

Agustín Fernández Paz vén de recibir na XXV Feria Internacional del Libro de Guadalajara (México) o “VII Premio Iberoamericano SM de literatura Infantil y Juvenil 2011”, que se lle outorga polo conxunto da súa obra. No blogue de Edicións Xerais temos unha completa crónica da entrega do premio. Fernández Paz, mestre de profesión, e escritor por vocación, publicou máis de 40 obras no ámbito infanto-xuvenil e está traducido a moitos idiomas, entre eles francés, italiano, coreano ou árabe.
Os noso parabéns a Agustín, do que a maioría do alumnado de primeiro está a ler Lúa de Senegal no Clube de Lectura, en segundo algúns escolleron as súas obras As flores radioactivas ou Cartas de inverno e en terceiro varios leron o seu libro de misterio Aire negro.

martes, 29 de novembro de 2011

Repertorio de cantigas medievais galego-portuguesas

(Fonte: poesiagalega.org)

O alumnado de 3º da ESO está a traballar nas cantigas medievais galego-portuguesas.

Todas as composicións pódense consulta neste sitio web chamado Cantigas, do proxecto Littera, edição, actualização e preservação do património literário medieval português. Esta base de datos da Universidade Nova de Lisboa conta coa totalidade das cantigas medievais dos cancioneiros galego-portugueses, as imaxes dos manuscritos e a música medieval ou as versións ou novas composicións contemporáneas. Tamén levan información sobre os autores, os personaxes das cantigas, así como a Arte de Trovar, o pequeno tratado de poética trobadoresca.

Este repertorio será da vosa utilidade tamén nos futuros cursos de bacharelato. Consúltadeo!!!

E lembrade tamén a páxina galega napuntadalingua e a bitácora sondepoetas.


Neste video de youtube o cantor e músico berciano Amancio Prada interpreta a cantiga d'Amigo "Eu velida non dormia" de Pero Eanes Solaz (Século XIII).

Poema para o mes de decembro


(Portada do libro. Fonte: bitácora trafegandoronseis)


Achéganse as datas dos exames de decembro. Por esta razón reproducimos aquí un divertido poema de Mar Benegas, tirado do libro A lo bestia publicado por República Kukudrulu, con ilustracións de Guridi. Ánimo a todas/os vós para esas probas!!!

Conjuro primero

Por un sustantivo
ni duermo ni vivo.

Por un predicado
me has cateado.

Saber si es con uve
la fiebre me sube.

Un verbo en presente
me nubla la mente.

De nada depende:
¡Serás mi serpiente!

Atent@s aos sinais

Un estudio de la Secretaría de Estado de Igualdad ya reveló, hace un año, que casi una de cada diez adolescentes españolas de entre 13 y 18 años (un 9,2%) manifiesta haber vivido situaciones de maltrato por parte de su pareja, como ser insultada, o golpeada. De las 54 mujeres muertas a manos de sus parejas o exparejas en lo que llevamos de año, 16 tenían menos de 30 años. Tres de ellas no superaban la veintena.

Para ler o artigo completo, pincha no enlace

http://www.publico.es/408772/los-estereotipos-machistas-perviven-en-las-parejas-de-adolescentes
Enlace

Así están as cousas.
Non importa se eres home ou muller.
Atento. Atenta.
A víctima pode ser a túa irmá, a túa amiga, a túa compañeira de clase.
O silencio fainos cómplices.
Se alguén ao teu carón ten comportamentos violentos e de maltrato, non cales, non o permitas, actúa.



Vídeo visto no Youtube: www.youtube.com

domingo, 27 de novembro de 2011

Tal día coma hoxe...

Tal día coma hoxe en 1998 perdemos a Gloria Fuertes, un xenio, ou na súa linguaxe...unha "xenia".


Aquel@s que fumos nen@s a finais dos 70 e os 80 lembramos perfectamente a esta muller e aos seus poemas , adiviñas, contos.

Aproveitade este vídeo se tedes pequen@s na casa para xogar con eles ás adiviñas, a escoitar e inventar poemas. E se non @s tedes, simplemente volvede á infancia por uns minutos.



Vídeo visto no Youtube: www.youtube.es