Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



luns, 5 de xuño de 2017

Andel de Libros (XXXVII): Venenos, de Xesús Pisón



O momento máis importante do libro para min é cando Adolfo ve que Carlos está mal e en lugar de anoxarse con el por entrar na súa habitación e poñerse a furgar nas súas cousas sen permiso, ve que está deprimido e decídese a axudalo para que se sinta mellor. 

É un libro interesante aínda que tampouco é moi emocionante que se diga xa que non ten nada de acción. Non faría ningún cambio xa que me gustou así como está aínda que cambiaría un pouco a personalidade de Adolfo porque era moi bo e poñeríalle que fose mais duro con Carlos polo que fixo. 

O desenlace cambiaríallo e poñeríalle que ao final gaña o concurso Carlos co relato que escribiu coa axuda de Adolfo e que grazas a gañar o premio ponse moi feliz e faise un escritor moi coñecido e de éxito aínda que Adolfo anóxase con el e non lle volve falar na vida e marcha da casa. 

Ten un vocabulario moi sinxelo e moi fácil de ler. Lese en pouco tempo e recoméndoo xa que pasei un bo anaco léndoo e está moi ben escrito xa que se entende moi ben e mantén un nivel durante todo o libro e non te aburres en ningún momento.

Fernando José Couselo Noya (4º ESO)

Na miña opinión o momento mais importante foi ao principio cando Carlos entra no despacho de Adolfo, dende aí comeza o que acontece nesta historia.

O tema pareceume bastante interesante porque o tema dos escritores descoñézoo totalmente.

A miña escena favorita é cando están os dous nunha discusión. Non faría ningún cambio porque gustoume bastante como está o libro.

De escribir un novo finasl poríalle que Carlos escribía o libro con axuda de Adolfo e gañara o premio do concurso.

O personaxe que máis me gustou foi Carlos porque estaba un pouco louco na miña forma de pensar. Impresionoume que só houbera dous personaxes.

O vocabulario non foi difícil de entender así a lectura foi mais doada de ler e mais rápida tamén axudou que fora teatro porque os diálogos lense máis axiña.

Recomendaríallo ao lector/a que lle guste o teatro porque, na miña opinión, este libro poderíase levar perfectamente a unha representación teatral.

Brais Bouzas Leis (4º ESO)

xoves, 1 de xuño de 2017

Andel de Libros (XXXVI): Comedia Bífida, de Manuel Núñez Singala


Comedia Bífida. Manuel Núñez Singala. Galaxia

É o primeiro libro de teatro de galego que leo e pareceume unha boa obra, gustoume que tratara o xuízo final dunha forma cómica. Tamén me gustou ler teatro, é moito máis sinxelo e rápido de ler. Ademais, é moi importante que trate o tema dos falantes do galego, xa que é unha realidade que a xente pense este idioma non serve para nada. 

A obra presenta moitas escenas que pasan na realidade, por exemplo, o caso de Diña; hai moitas nais, que, como ela, falan en galego perfectamente pero fálanlle castelán aos seus fillos.

A miña escena favorita é a de Lina e Lena, parecéronme moi divertidas e tamén está presente a rivalidade que hai entre Vigo e A Coruña. Tamén, mediante os equipos de fútbol representou a rivalidade entre o galego e castelán, ou a min pareceume desa forma, pois as dúas teñen preferencia polos principais equipos galegos, Lina polo Celta e Lena polo Deportivo, nembargantes, Lina é do Barcelona e Lena do Real Madrid.

Por suposto que o recomendaría porque é un libro moi fácil de ler, cun vocabulario bastante coloquial e sinxelo.


Nerea Portos Balsa (4º ESO)

A min este libro gustoume bastante porque é un libro fácil de entender que non ten vocabulario nin expresións complicadas.

E ao ser un libro de teatro lese mais rápido e non se fai pesado, tamén me gustou porque o seu tema principal que é como habendo dúas linguas en Galicia como son o galego e o castelán que o galego se estea perdendo porque moita da xente fale castelán. É un tema moi importante que afecta a todos os galegos e galegas. E aínda que a moita xente isto lle pareza moi aburrido o libro lese moi fácil e rápido porque este tema está contado desde un punto de vista cómico.

Tamén expón as causas da xente para pasar a falar castelán en vez de o galego como poden ser para parecer máis culto ou porque os compañeiros do traballo ou do colexio tamén falen castelán.

Este libro recomendaríallo sobre todo a xente galega porque o tema do libro aféctanos a todos os galegos e galegas, e como está escrito dende un punto de vista cómico  para toda a xente de calquera idade.

José Luís Mirás Otero (4º ESO)

O momento máis importante do libro a min paréceme que foi o principio cando presentan todo porque se non sabes iso logo non se entende nada da historia. O tema é interesante posto que vai de opinións e cada un pode ter a súa e non teñen que ser as de todos igual. 

Ten moitos personaxes pero ten tres principais, un que é un pouco parvo, outra que é vampiresa e o outro foi o que máis me gustou a min posto que me pareceu o máis divertido. Faría o cambio de que a última persoas que entra ao xuízo non fose tan pesada e así non a tivesen que expulsar do xuízo. 

O final que ten non mo esperaba para nada desa maneira aínda que eu non sabería poñerlle un desenlace totalmente distinto posto que é difícil de poñerlle un bo final a este libro. 

A lingua que se emprega neste libro pareceume sinxela de entender, non usa palabras cultas polo tanto enténdese todo perfectamente. 

O libro gustoume moito sobre todo porque me foi entretido de ler e moi divertido.

Antía Iglesias Iglesias (4º ESO)

Andel de Libros (XXXIV): Rastros, de Roberto Vidal Bolaño



O libro gustoume pero esperaba máis del. Sobre todo polo final, non me gustou o final, xa que Esther non fixo ben en botalos da casa, pode que eles non estiveran sempre con ela pero sempre estaban cando máis os necesitou, e tamén estaban alí porque estaban preocupados por ela non porque se quixesen rir dela segundo a súa argumentación. 

Despois do primeiro flashback, cando estaban os tres na casa de Esther, non entendía moi ben o que pasaba, ata máis adiante que empezou a ter un pouco máis de sentido aínda que no resto do libro non tivera moito tampouco, paréceme que lle dá moita importancia a cousas que non teñen, por exemplo cando Moncho e Iago discutían, que foi unha parte que na miña opinión, sobraba. 

O momento máis importante creo que foi cando eles tres lle piden a ela que se quede, que eles non a van deixar soa, demostrándolle que a eles si que lles importa o que lle pase.

Laura Martínez Calvo (4º ESO)

A min a parte que me pareceu máis importante foi o final xa que fai como se fose tráxico, isto débese a que Esther volve recordar as voces de cando eran nenos cousa que xa lle pasara no comezo do libro. 

A parte que mais me gustou foi o final, cando os rapaces din o que queren ser de maiores. O libro pareceume interesante só que houbo moitas partes del que non cheguei a entender. Sinceramente non houbo ningunha parte do libro que non me gustase só que non as entendía. As palabras que emprega o libro non son difíciles de entender. 

O tema pareceume aburrido xa que a min gústanme os libros e historias que teñen mais acción e que sempre te poñen en tensión. Non houbo un personaxe que me parecese mellor ca os outros. Eu cambiaríalle o final porque e como demasiado triste. 

Este libro recomendaríallo aos rapaces que teñen unha idade parecida a miña ou que sexan algo mais maiores.

David Boo Noya (4º ESO)

Andel do Libro (XXXIII): Limpeza de sangue, de Rubén Ruibal



O momento máis importante do libro para min foi cando o médico, Don Luís, xa no enterro de Fernando lle di á súa esposa (a de Fernando) que morreu por culpa dun tumor atopado, no momento de transplante.

Pareceume un tema interesante porque fala de drogas e de crimes policiais. Tamén me pareceu realista porque o autor emprega un vocabulario propio do día a día da xente.

A historia trata de dous personaxes protagonistas, Fernando e Pantaleón, que están falando na sala dun hospital, pero eu considero que o autor lle dá máis importancia ao personaxe de Fernando, posto que moita parte da historia pásaa falando da súa vida.

Eu cambiaría o momento no que explica Clemente fabricaba a dose de heroína, considero  que ese momento sobraba.

O final pareceume axeitado e á vez sorprendente, polo do tumor.

Eu recomendaríalle Limpeza de sangue a alumnado de 1º e 2º de bacharelato, xa que considero que trata temas de adultos e emprega palabras bastante fortes. Non lle recomendaría este libro a alumnado por exemplo de 2º ou 3º de ESO posto que por exemplo, nun momento da historia explica como un dos personaxes se fabrica unha dose de heroína.

Marcos García López (4º ESO)

A verdade é que xa os teño lido mellores pero ben, é entretido e cando o estás lendo, chama por ti porque engánchate e queres saber  como segue. 

Tamén teño que dicir que a min non me convencen moito estas historias, na que por exemplo sucede nesta, de persoas que se coñecen no medio do Hospital, pero ben, o certo é que nunca sabes onde vas encontrar o teu mellor amigo ou a túa mellor amiga, ou incluso o amor da túa vida. 

Algo que cambiaría  sería a situación na que se coñeceron os dous protagonistas e tamén a morte de Fernando, porque non me gusta que case todas as obras acaben cun final tráxico como nesta co pasamento dun protagonista.

Si, recomendaríallo a quen lle gusten estes tipos de libros. Non é que me gustase moito, pero si é certo que está ben traballado, vocabulario faciliño de ler e non ten complicidade ningunha. É propio para ler rapazas e rapaces da nosa idade. 

Samuel Vieites Abelenda (4º ESO)


xoves, 18 de maio de 2017

As nosas letras, todos os días

Pois onte foi o Día das Letras Galegas, este ano adicado a Carlos Casares. Andivemos con pouca enerxía para elaborar unha entrada grandilocuente sobre o tema, pero dounos para reflexionar e pensar o que vai no titular deste artigo. Para nós, todos os días son os días das letras galegas, e así desexaríamos que fose para moitos máis.
Nos clubs de lectura, o galego é a lingua que priorizamos. Para mostra, un botón: aquí está o noso radiante club de 4º de ESO deste ano, na súa derradeira reunión


Tivemos a sorte de escoller unha novela que nos gustou moito e dou para debater. Recomendamos: Europa Express de Andrea Maceiras

Tamén en galego pecharemos a curso en 1º e 2º de ESO. 
Todos somos de Marcos Calveiro foi a opción escollida por/para o super-equipazo de 1º. Dicimos por/para porque é o grupo o que vai escollendo as súas lecturas, dunha pre-selección feita polo profesorado.
E en 2º, como xa levamos comentado estes días por aquí, estamos a gozar cunha de zombies en Galicia e en galego, Apocalipsis zombie. O principio da fin de Manel Loureiro. O primeiro dunha triloxía curiosa, rebosante de humor negro con pingas de terror. Moi recomendable tamén. 

mércores, 10 de maio de 2017

Tal día coma hoxe...


Benito Pérez Galdós, un dos grandes autores do Realismo en lingua castelá, nacía tal día coma hoxe de 1843 en Las Palmas de Gran Canaria

venres, 5 de maio de 2017

Réquiem por un campesino español

Lectura obligatoria para 4º de ESO: 

Réquiem por un campesino español de Ramón J. Sender

Para quienes se despistan: la lectura propiamente dicha comienza en la página 5 del documento. Antes hay un breve prólogo cuya lectura ayuda a la comprensión de la obra.


xoves, 4 de maio de 2017

Lendo libros dos que non hai peli...todavía

Este trailer foi feito por un fan, moi fan, de Apocalipsis zombie. O principio da fin., a primeira das tres novelas que compoñen a triloxía de Manel Loureiro. (Só dispoñemos do trailer, creado por un lector, animando, supoñemos, a algunha productora á financiación da película. Vemos a Hugo Silva como posible protagonista, claro que si.)


E aquí vamos as valentes do Club de lectura de 2º de ESO a sumarnos tamén a tantos e tantas miles de fans de Manel Loureiro en todo o mundo. Mañá empezamos, a primeira de zombies que se le no noso club de lectura. Xa vos contaremos !!




venres, 7 de abril de 2017

Acertando no club de lectura de 1º de ESO



Fonte imaxe
Tras un paseo entre formigas ao longo do primeiro trimestre, con moita participación do alumnado, cambiamos de tema e nos lanzamos a bucear no mundo das aulas. Julian nos deixou ver as miserias humanas que xa van agromando nas aulas dos máis pequenos.

Ahinoa fainos un excelente resumo do argumento (elaborado en castelán porque ela e outr@s compañeir@s elaboraron traballos voluntarios para esta aula):

" Por qué odia Julián a August? Lo sabremos a lo largo del libro. Julián era el mejor niño del mundo hasta que vino Augie y todo se torció. En el libro aparecen más personajes que ellos dos: la madre de Julián, que era muy sobreprotectora con él y su padre, que es muy tranquilo y formal. Julián va cambiando a lo largo del libro porque se va dando cuenta de que ha sido muy malo"


Yago opina: "¡Me parece un libro impresionante! Es increíble la forma en que te engancha, lees un poco y quieres leer cada vez más (...) es un libro que te transmite un millón de sensaciones (...) intriga, tristeza, sorpresa y alegría "




Para Ahinoa " el amarillo refleja los celos, la envidia, el egoísmo (...) La lectura me produjo sensaciones como rabia, porque no me gustaba nada como Julián trataba a August, y porque la madre de Julián era muy sobreprotectora cuando Julián no tenía razón. También tristeza, cuando la abuela cuenta la historia de Torteau a Julián"

xoves, 6 de abril de 2017

Tiempo de cómics en 1º de ESO

En las últimas semanas, hemos estado trabajando conjuntamente en clase de LCL y Plástica el mundo de las historietas, analizando las imágenes y el lenguaje visual; los planos, los distintos ángulos, las onomatopeyas, las metáforas visuales... Se han convertido en un@s pequeñ@s expertos, incluso han compartido sus análisis oralmente, delante de los compañeros y compañeras.

Hemos pasado por Mortadelo y Filemón, Mafalda, Supermán, entre otros, y como actividad final, hemos disfrutado con la película de Tintín y el secreto del unicornio, con los personajes "transformados" por ordenador, pasando del dibujo a...otra cosa, muy parecida a actores de verdad, pero no exactamente.

martes, 4 de abril de 2017

Andel do Libro (XXXII): Tristes armas, de Marina Mayoral




A escena que máis me gustou foi cando Harmonía e Rosa ían no barco e Harmonía coñeceu a León. 

Cambiaría o final porque Miguel non debería morrer e que a familia deberían xuntarse de novo , polo resto gustoume moito. 

O personaxe que máis me gustou foi Harmonía, porque tivo que madurar moi rápido por culpa da guerra e sempre intentou facer o mellor para que a súa irmá pequena non sufrira o que sufrira ela, quería que fora feliz. A que menos me gustou foi Carmiña porque non fixo nada por volver a ver as súas fillas, preferiu quedar co seu segundo home e co que tivo fillos. 

A lingua pareceume bastante fácil de ler e recoméndollo a xente que lle gustan os temas de guerra e os libros tristes.

Pareceume moi interesante porque fala sobre a guerra e sobre o sufrimento dunha familia que se tiveron que separar por culpa dela. 


Nerea Rodríguez Deus (3º ESO)

sábado, 1 de abril de 2017

Semaniñas de cine (entre exames e avaliacións!)



A que mola? Pois si, alá que nos fomos os do Club de lectura de 4º de ESO a comprobar canto de fidelidade ao libro había, xa que o limos a finais do curso pasado. E comprobamos que hai moita fidelidade !!!

Cando escollemos esta lectura, ademáis de vir recomendada polo profe de inglés, Francesco, o booktrailer despertou moito a nosa curiosidade. Podedes velo pinchando AQUÍ

Os comentarios do alumnado foron no seu momento moi positivos respecto da lectura. AQUÍ podedes lelos. É posible que algún ou algunha se anime a seguir coa lectura da triloxía enteira. Está na biblioteca á vosa disposición !!


Así  de guapos e guapas nos puxemos para ir ao cine, un luns, ás seis da tarde. Hora rara, mais era a que mellor nos viña a todos e a todas nun principio, aínda que ao final tivemos algunhas baixas entre alumnado e profesorado.

luns, 27 de marzo de 2017

Andel do Libro (XXXI): Merlín e familia, de Álvaro Cunqueiro



Está claro que é un dos grandes libros da nosa literatura. O autor consegue crear unha atmosfera que se compenetra coa personalidade do mago Merlín.

O meu momento favorito é a cervatiña. Paréceme tan fermosa a maneira que ten Cunqueiro de describir ao pobre animaliño. Tamén me gusta cando Felipe aloumiña a criatura mentres á mira aos ollos.

É verdade que a maneira na que está narrada é un pouco enredante. E tamén cabe dicir que é un galego un tanto diferente ao actual, pero salvo algunhas palabras, creo que se pode entender ben.

Se tivera que elixir un personaxe favorito, seguramente sería Felipe. É admirable o traballo que ten o rapaz coa pouca idade que ten. Admiro que non se queixe polo que teña que facer. Seguro que ese rapaz, se fose na actualidade, estaría queixándose todo do día polo traballo. Tamén me gusta o personaxe de Merlín, pero seguro que me gustaría máis o libro se o narrara el.

Teño que confesar, que a primeira vez que o lin, non me enterei de moito. Logo decateime de que o estaba a ler coma se fose un escrito neste ano. Foi cando o lin por segunda vez, poñendo atención onde antes non o fixera.

A dificultade do libro, quitando o galego de Cunqueiro, é a cantidade de personaxes que aparecen no libro. Hai moitos nomes e é moi doado enredarte con eles, polo que eu ao principio, non me enteraba de quen era quen.

Sorprendeume que o nome do rapaz aparecese máis atrás ca o do resto de personaxes, cando é el quen narra todo. Pilloume nun renuncio Cunqueiro.

En conclusión, o libro é incrible. E por ese motivo penso que sería bo para adultos. Non llo recomendo a ninguén da miña idade, non creo que o entenda e valore. Recoméndollo aos adultos.

Veña, a ler!

Irene Noya González (4º ESO)

Andel do Libro (XXX): Arredor de si, de Ramón Otero Pedrayo


Gustoume este libro, pero penso que sería mellor se tivese máis diálogos e tivese unha narración máis rápida. 

O momento que máis me gustou da historia foi cando Adrián se atopa coa que foi “moza” de seu irmán Xacobe e ela lle di que non lle garda enfado a seu irmán por xogar con ela. 

Tamén me gustou o personaxe de Adrián pois o que lle pasaba el , de non saber moi ben o que facer coa súa vida, pásalle e/ou pódelle pasar a moitas persoas nalgún momento da súa existenca. 

Penso que o libro debería falar máis da vida de Xacobe e do que lle pasou coa filla do estilador das Bouzas, pois na miña opinión tamén é interesante, tanto ou máis que a vida do protagonista. 

O vocabulario desta narración é un pouco máis difícil que a dos outros libros da listaxe de lectura que xa lin, pero non demasiado. 

Recomendaríalle este título á xente á que lle gusten os libros con poucos diálogos e cunha narración lenta, pois é o que ocorre nesta obra.

Olaya Dubra Boquete (4º ESO)

Andel do Libro (XXIX): O capitán lobo negro, de Xesús Manuel Valcárcel



A min as diferentes historias deste libro gustáronme moito porque son temas entretidos e fáciles de entender. O conto que máis me gustou  foi o da ``Vaca Pastora´´ porque é sobre un home que pasa de todo e que o único que lle preocupaba era que a muller dos seus pensamentos terminase por namorarse del, aínda que para iso tivera que esperar moitos anos. 

E o conto que menos me gustou foi ``Valados de Pedra´´ porque o tema a tratar paréceme un pouco aburrido, nesta historia case non hai acción e tamén o protagonista  é un home bo que non se merece pasalo tan mal. Gustaríame que nesta historia ``Valados de Pedra´´ Alex e mais a súa nai non o pasasen tan mal. 

E tamén que algunhas outras historias non acabasen tan mal. 

Opino que ten un vocabulario bastante fácil de entender e case todo se entende perfectamente. 

Penso que é un libro bastante bo para os rapaces e rapazas da miña idade.    

David Boo Noya (4º ESO)