Unha
nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o
Book tráiler da novela Volverás, golfiño, de AndreaMaceiras, con ilustracións de Víctor Rivas (col. Merlín. Xerais,
2014). Realización youtubeira: Alfredo Martínez Costa, 1º ESO, CPI
Viaño Pequeno (Trazo)
Fragmento
de “Airiños,
airiños aires” na voz de Lidia (10 anos), irmá de
Nerea González Rey (3º ESO). CPI Viaño Pequeno (Trazo). Día de
Rosalía de Castro 2020. #ErrantesPoloMundo_rdc_20 @aelg
@CasadeRosalia
Airiños,
airiños aires
Airiños,
airiños aires, airiños
da miña terra; airiños,
airiños aires, airiños,
leváime a ela.
Sin
ela vivir non podo, non podo vivir contenta; que adonde queira
que vaia, cróbeme unha sombra espesa.
Cróbeme
unha espesa nube, tal preñada de tormentas, tal de soidás
preñada, que a miña vida envenena.
Leváime,
leváime, airiños, como unha folliña seca, que seca tamén me
puxo a callentura que queima. (...)
Unha
nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o
Book tráiler da novela Volverás, golfiño, de Andrea Maceiras, con ilustracións de Víctor Rivas (col. Merlín. Xerais,
2014). Realización youtubeira: Erika Grela Bello, 1º ESO, CPI
Viaño Pequeno (Trazo)
Unha
nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o
Book tráiler da novela Unha branca de cobre para Martiño, de
Ramón Carredano Cobas (col. Merlín. Xerais, 2005). Realización
youtubeira: Iker Señarís Suárez, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno
(Trazo)
“Unha vez tiven un cravo” na voz de David Rodríguez Blanco (3º ESO). CPI Viaño Pequeno (Trazo). Día de Rosalía de Castro 2020. #ErrantesPoloMundo_rdc_20 @aelg @CasadeRosalia
Unha
vez tiven un cravo
Unha
vez tiven un cravo cravado
no corazón, i
eu non me acordo xa se era aquel cravo de
ouro, de ferro ou de amor. Soio
sei que me fixo un mal tan fondo, que
tanto me atormentou, que
eu día e noite sin cesar choraba cal
chorou Madanela na pasión. “Señor,
que todo o podedes -pedínlle
unha vez a Dios- daime
valor para arrincar dun golpe cravo
de tal condición”. E
doumo Dios, arrinqueino, mais…¿quen
pensara…? Despois xa
non sentin máis tormentos nin
soupen que era delor; soupen
só que non sei que me faltaba en
donde o cravo faltou, e
seica, seica tiven soidades daquela
pena…¡Bon Dios! Este
barro mortal que envolve o esprito ¡quen
o entenderá, Señor…!
Fragmento de “Castellanos de Castilla” na voz de Uxía Beiras Rivas (3º ESO) e seu irmán e ex-alumno Tomás Beiras Rivas. CPI Viaño Pequeno (Trazo). Día de Rosalía de Castro 2020. #ErrantesPoloMundo_rdc_20 @aelg @CasadeRosalia
Primeira parte de “Campanas
de Bastabales” na voz de Vanessa Gutiérrez Castiñeiras,
nai de Sara Pena Gutiérrez (3º ESO). CPI Viaño Pequeno (Trazo).
Día de Rosalía de Castro 2020. #ErrantesPoloMundo_rdc_20 @aelg
@CasadeRosalia
Campanas
de Bastabales
Campanas
de Bastabales, cando vos oio tocar, mórrome de
soidades.
I Cando vos oio tocar, campaniñas,
campaniñas, sin querer torno a chorar.
Cando de lonxe vos
oio, penso que por min chamades, e das entrañas me
doio.
Dóiome de dor ferida, que antes tiña vida enteira i
hoxe teño media vida.
Sólo media me deixaron os que de
aló me trouxeron, os que de aló me roubaron.
Non me
roubaron, traidores, ¡ai!, uns amores toliños, ¡ai!, uns
toliños amores.
Que os amores xa fuxiron, as soidades
viñeron... De pena me consumiron.
“Quíxente
tanto, meniña”
nas voces de Gabriella González Lamas e Lucía González Castro. CPI
Viaño Pequeno (Trazo). Día de Rosalía de Castro 2020.
#ErrantesPoloMundo_rdc_20 @aelg @CasadeRosalia
“Campanas
de Bastabales” nas voces de Gabriella González Lamas e
Lucía González Castro. CPI Viaño Pequeno (Trazo). Día de Rosalía
de Castro 2020. #ErrantesPoloMundo_rdc_20 @aelg @CasadeRosalia
Campanas de Bastabales
Campanas de
Bastabales,
cando vos oio tocar, mórrome de soidades.
I Cando
vos oio tocar, campaniñas, campaniñas, sin querer torno a
chorar.
Cando de lonxe vos oio, penso que por min
chamades, e das entrañas me doio.
Dóiome de dor
ferida, que antes tiña vida enteira i hoxe teño media
vida.
Sólo media me deixaron os que de aló me
trouxeron, os que de aló me roubaron.
Non me roubaron,
traidores, ¡ai!, uns amores toliños, ¡ai!, uns toliños
amores.
Que os amores xa fuxiron, as soidades viñeron... De
pena me consumiron.
Unha
nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o
Book tráiler da novela Unha branca de cobre para Martiño, de
Ramón Carredano Cobas (col. Merlín. Xerais, 2005). Realización
youtubeira: Lucía Grela Seoane, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)
Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book
tráiler da novela Palabras de Caramelo, de GonzaloMoure, con ilustracións de Fernando Martín Godoy (col. Sopa de
Libros. Xerais, 2003). Realización youtubeira: Marcos Miramontes
Otero, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)
“A xusticia pola man” nas voces de Laura Codesido
Fernández (3º ESO) e súa nai Cristina Fernández López. CPI Viaño Pequeno
(Trazo). Día de Rosalía de Castro 2020. #ErrantesPoloMundo_rdc_20 @aelg
@CasadeRosalia
A xusticia pola man
Aqués que tén fama d' honrados na vila
roubáronme tanta brancura qu' eu tiña;
botáronme estrume nas galas dun día,
a roupa de cote puñéronma en tiras.
Nin pedra deixaron en dond' eu vivira;
sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas;
ó raso cas lebres dormín nas campías;
meus fillos... ¡meus anxos!... que tant' eu quería,
¡morreron, morreron ca fame que tiñan!
Quedei deshonrada, mucháronm' a vida,
fixéronm' un leito de toxos e silvas;
i en tanto, os raposos de sangre maldita,
tranquilos nun leito de rosas dormían.
―――
―Salvádeme ¡ouh, xueces!, berrei... ¡Tolería!
De min se mofaron, vendeum' a xusticia.
―Bon Dios, axudaime, berrei, berrei inda...
tan alto qu' estaba, bon Dios non m' oíra.
Estonces, cal loba doente ou ferida,
dun salto con rabia pillei a fouciña,
rondei paseniño... (ne' as herbas sentían)
i a lúa escondíase, i a fera dormía
cos seus compañeiros en cama mullida.
Mireinos con calma, i as mans estendidas,
dun golpe ¡dun soio! deixeinos sin vida.
I ó lado, contenta, senteime das vítimas,
tranquila, esperando pola alba do día.
I estonces... estonces cumpreuse a xusticia:
eu, neles; i as leises, na man qu' os ferira.
“¡Follas novas! risa dame!” nas voces de Ana Cebey de la Torre (3º ESO) e a ex-alumna Alicia González Lage. CPI Viaño Pequeno (Trazo). Día de Rosalía de Castro 2020. #ErrantesPoloMundo_rdc_20 @aelg @CasadeRosalia
¡Follas novas! risa dame ¡Follas novas! risa dame Ese nome que levás, Cal s'a un-ha moura ben moura, Branca ll'oise chamar. — Non Follas novas, ramallo De toxos e silvas sôs, Hirtas, com'as miñas penas, Feras, com'á miña dor — Sin olido nin frescura, Bravas magoás e ferís... ¡Se n'a gándara brotades, Como non serés así!