Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 5 de decembro de 2023

Book tráiler (XX): 22 segundos, de Eva Mejuto. Realizado por Ainhoa Leis Ríos

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela 22 segundos, de Eva Mejuto (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2019). Realización youtubeira: Ainhoa Leis Ríos, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (XIX): Corredora, de María Reimóndez. Realizado por Mateo Rey Pena

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Corredora, de María Reimóndez (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2017). Realización youtubeira: Mateo Rey Pena, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (XVIII): Soños de fútbol en Bangui, de Yves Pinguilly. Realizado por Fernando García Regueiro

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Soños de fútbol en Bangui, de Yves Pinguilly (col. Árbore. Galaxia, 2013). Realización youtubeira: Fernando García Regueiro, 1º ESO A, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Balda de Libros (XIII): Memoria do silencio, de Eva Mejuto

 

Memoria do silencio. Eva Mejuto. Xerais

A min gustoume moito este libro porque é moi entretido e non esperas o final que ten. É moi fácil de ler xa que non ten moitas páxinas, pero a pesar diso os capítulos son bastante longo, aínda que non importa porque todos son igual de entretidos. Eu volvería lelo xa que cada capítulo fai que leas o seguinte para saber como remata.

Esta novela é moi recomendable para a xente á que lle gusten os libros con historias diferentes ou baseadas en sucesos reais.

A historia que máis me gusta antes de que se xuntaran é a das tres irmás, porque me parece unha gran idea para axudar as persoas e moi arriscada, xa que se as descubrían poderían ir ao cárcere.

Paréceme que ten palabras difíciles de entender ao comezo do libro, pero a maioría sácanse polo contexto.

A miña personaxe favorita é Lola, unha das tres irmás. Paréceme que ten unha ollada do mundo moi aberta para eses tempos que non sería aceptada pola sociedade. Tamén é moi faladora e dá moitas ideas que aínda que sexan algunhas mellores que outras sempre axudan. Sempre está aí para a xente que chega e tamén para a súa familia, as súas irmás e o seu fillo.

Ainhoa Leis Ríos (3º ESO)

A novela Memoria do silencio de Eva Mejuto é moi interesante pois trata un tema histórico coñecido por todos, o nazismo, pero ambientado nunha vila galega. A través da estación de tren de Ribadavia os xudeos son axudados a chegar a Portugal para así poder abandonar Europa. É unha boa maneira de coñecer o que acontece en Galicia durante a II Guerra Mundial.

A lingua que utiliza a autora é moi sinxela de entender aínda que hai que coñecer vocabulario propio da II Guerra Mundial (holocausto, xudeus, Gestapo...).

Sen dúbida o meu personaxe favorito da novela é Lola pois é unha muller moi valente que arrisca a súa vida para axudar a salvar as vidas dos demais pois loita contra a gran inxustiza que leva consigo o nazismo. Outro personaxe que tamén me gusta é Frieda pois mostra que debemos loitar polos nosos soños aínda que o vexamos moi difícil e suframos.

Unha das cousas máis interesantes da novela é que está escrita por tres narradores distintos, conta as historias de tres personaxes; Günter, Lola e Frieda. Os personaxes viven a súa propia historia pero vanse atopando entre eles ao longo do relato, ás veces como narradores protagonistas e outras como personaxes secundarios dentro da narración de outro.

Outro título para a novela de Eva Mejuto podería ser Segredos e liberdade pois todas as personaxes gardan segredos segredos e, a finalidade e sempre a liberdade.

Lara Piñeiro González (3º ESO)

luns, 4 de decembro de 2023

Book tráiler (XVII): Soños de fútbol en Bangui, de Yves Pinguilly. Realizado por Mateo Noya Santos

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Soños de fútbol en Bangui, de Yves Pinguilly (col. Árbore. Galaxia, 2013). Realización youtubeira: Mateo Noya Santos, 1º ESO B, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (XVI): 22 segundos, de Eva Mejuto. Realizado por Laura Rodríguez Seoane

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela 22 segundos, de Eva Mejuto (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2019). Realización youtubeira: Laura Rodríguez Seoane, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (XV): Camiño perigoso, de Ánxela Loureiro. Realizado por Cristina García Regueiro

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Camiño perigoso, de Ánxela Loureiro (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2021). Realización youtubeira: Cristina García Regueiro, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (XIV): A banda sen futuro, de Marilar Aleixandre. Realizado por Cristina García Regueiro

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela A banda sen futuro, de Marilar Aleixandre (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2000). Realización youtubeira: Cristina García Regueiro, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (XIII): 22 segundos, de Eva Mejuto. Realizado por Carla Caramés Rivas

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela 22 segundos, de Eva Mejuto (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2019). Realización youtubeira: Carla Caramés Rivas, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (XII): Corredora, de María Reimóndez. Realizado por Nicolás Marzoa Sendón

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Corredora, de María Reimóndez (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2017). Realización youtubeira: Nicolás Marzoa Sendón, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (XI): Corredora, de María Reimóndez. Realizado por Yago Morlán Mosquera

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Corredora, de María Reimóndez (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2017). Realización youtubeira: Yago Morlán Mosquera, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

domingo, 3 de decembro de 2023

Balda de Libros (XII): Camiñando sobre as augas, de José Viale Moutinho

 

Camiñando sobre as augas. José Viale Moutinho. Tradución de Xela Arias. Xerais

Este libro trata sobre unha serie de relatos diferentes entre si que falan de temas moi diversos, un pouco tétricos como por exemplo, o falecemento dunha muller despois de pasar por unha longa e grave enfermidade.

No persoal, resultoume un pouco complexo de ler, xa que sobre todo ao comezo o autor non emprega moitas pausas. Isto fixo que tivera un ritmo de lectura un pouco máis lento do normal. A pesar disto, non me cabe dúbida de que o esforzo valeu a pena, xa que unha vez me atopaba somerxida na lectura, os temas que se trataban canto máis ía avanzando o libro máis me gustaban.

Falando de personaxes, a miña personaxe favorita foi a moza que coidou da muller enferma que vos comentei antes ata o final dos seus días. Foi ela a escollida xa que me pareceu que o seu comportamento ao longo do relato foi exemplar. Sempre estaba alí para axudala en todo o necesario, incluso cando lle quixo escribir unha carta ao seu pai francés, que como ela non entendía esa lingua buscou pola aldea alguén que o entendese para cumprir o que ía ser un dos seus derradeiros desexos.

Uxía Mariño Parafita (4º ESO)


Balda de Libros (XI): A esmorga, de Eduardo Blanco-Amor

A esmorga. EduardoBlanco-Amor. Galaxia

A novela A esmorga de Eduardo Blanco-Amor conta unha historia de tres rapaces. Estes rapaces un día emborracháronse e foron polas tabernas roubando, coáronse en pazos, tiveron pelexas…

O protagonista do libro chámase Cibrán, vive nun sitio chamado Auria, ten 24 anos, e ten unha moza que é prostituta. Este personaxe a verdade é que non me gustou, xa que é moi irresponsable, por exemplo, díxolle á súa moza que ía traballar para que así puideran vivir xuntos e non foi traballar, foi cos seus amigos.

Aos outros dous personaxes máis importantes chamábanlle Milhomes e O Bocas, estes tampouco me gustaron, xa que eran moi bebedores, irresponsables e problemáticos, ademais de que non tiñan empatía xa que por exemplo roubaban nas tabernas.

Pola contra, unha personaxe que me gustou foi a dona dunha taberna á que foran, xa que lle advertiu a Cibrán de que os seus amigos eran mala compañía, e tivo razón.

A verdade é que este libro gustoume bastante, a pesar de que sexa clásico, xa que a historia que relata é interesante. E con respecto ao vocabulario, houbo algunhas palabras que non coñecía, pero en xeral entendín todo. Recomendo esta novela.

Samuel Grela Seoane (4º ESO)

A novela pareceume, que aínda sendo un libro con bastantes anos, enténdese ben todo menos as 20 primeiras páxinas que é o que se tarda en adaptarse a ese vocabulario.

En canto á historia, pareceume innovadora para a súa época, un libro que se basea nun home declarando ante un axente da lei o que ocorrera, o que vén sendo a historia en xeral.

O que non me gustou tanto é o tempo que se tarda contando anécdotas ou características dos personaxes, por exemplo o da risa do Milhomes que parecía unha galiña, algo que nin sequera achegou algo a historia. Neste libro paréceme que o autor desaproveitou algún personaxe, como o do señor da barba encarnada, aínda que si é como el di que está baseado en feitos reais, o cal non o podemos confirmar, non tería queixa dos personaxes.

Recoméndollo ler a persoas con algo de paciencia para o primeiro capítulo, que se fai algo aburrido, pero nos seguintes ponse moito máis interesante.

Simón Varela Baleato (4º ESO)

Foi un libro que a min persoalmente me gustou moi xa que ten unha historia moi bonita, xa que me gustou moito como se desenvolveron os acontecementos a medida que avanzaba a historia.

Para min o momento máis importante é cando deciden ir ao Pazo, xa que penso que a partir de aí a historia empeza a tomar un rumbo distinto do que pensaba que ía ter cando o empecei a ler. Respecto aos personaxes unha das miñas favoritas, a pesar da pouca aparición que tivo na historia, é a patroa do prostíbulo, xa que cando O Milhomes intentou sobrepasarse cunha empregada ela como unha boa xefa o impediu e por iso é unha personaxe que me gustou moito.

Un personaxe que non me gustou nada foi o Milhomes, xa que ten unha personalidade moi rancia e non é nada agradable e a min a xente que ten esa personalidade non me agrada moito.

Persoalmente recomendo esta novela a todo mundo xa que ten unha historia moi bonita e é moi fácil de entender malia o seu vocabulario.

Íker García Brea (4º ESO)

A esmorga trata sobre a historia que se desenvolve nun día e narra as aventuras de tres homes que percorren as rúas dunha cidade galega (Auria), entregándose á bebida e aos seus propios impulsos.

É un libro que me gustou moito só que á hora de lelo dificúltase un pouco porque ten un vocabulario complexo.

O meu personaxe preferido sen dúbida é Cibrán (o protagonista) pola súa profunda humanidade, a maneira en que enfronta os seus propios demos internos, a súa complexidade emocional e os desafíos que enfronta ao longo da historia.

O momento que máis me gustou foi cando por andar pelexando prendeu lume o pazo. E tiveron que marchar correndo case espidos, porque foi divertido que marcharan correndo case sen roupa xa que o pazo se estaba queimando.

Recoméndovos moito este libro xa que me gustou bastante aínda que me fora un pouco difícil de ler, pero valeu a pena porque hai partes moi divertidas.

Ainoha González Iglesias (4º ESO)

A min persoalmente este libro gustoume moito, xa que trata bastantes temas interesantes (alcoholismo , machismo, etc). Pareceume bastante interesante porque lle dá bastantes voltas á historia e nunca te chegas a imaxinar o que lle vai ocorrer no seguinte capítulo.

Tampouco é un libro complexo de ler, todo o contrario a min pareceume bastante fácil a lectura.

O máis interesante deste libro foi o final, porque ocorreu unha cousa que non me esperaba para nada, pero tamén me gustou moito cando o Milhomes rouba a botella de augardente e teñen que marchar correndo, e persoalmente non lle cambiaría nada porque como xa dixen paréceme moi entretido e interesante.

O meu personaxe preferido foi o Milhomes porque foi o que lle deu bastante emoción á historia, cando por exemplo roubou as xoias co seu amigo na casa desa suposta muller tan guapa. Aínda que todos os personaxes me gustaron bastante porque cada un dálle a súa emoción. Eu persoalmente recoméndovos moito esta narración.

Nerea Sánchez Castro (4º ESO)

 

 

Balda de Libros (X): 48 horas, de Cándido Paniagua Pousa

 

48 horas. Cándido Paniagua Pousa. Xerais

Este libro contén bastantes personaxes como Lois, Néstor, Xiana, Herminia ou Ramón. O meu personaxe preferido foi Néstor porque está disposto a poñer a súa vida en perigo para atopar a Lois con só 48 horas e aínda así non se dá por vencido. Ademais paréceme un rapaz divertido e bo. Tamén me gustou a actitude que tiña Ramón xa que consolaba a Herminia.

Pola contra o personaxe que menos me gustou foi Liam xa que non estivo presente na infancia de Lois.

O libro gustoume porque cando les un capítulo sentes a necesidade de ler o seguinte para saber como continúa. Un anaco do libro que me impresionou foi cando Herminia e Liam estaban a punto de ver o cadáver de Lois aínda que finalmente non era el.

No meu punto de vista o momento máis importante do libro é o final, xa que é o momento máis esperado aínda así non me gustou moito porque para Lois era un xogo, a pesar disto é un tema interesante, emocionante e entretido.

En xeral é bastante sinxelo de ler, sobre todo porque engancha. É un libro que recomendo para as persoas que lles gusten os libro de desaparicións e de suspense.

Lucía Rey Martínez (3º ESO)


Balda de Libros (IX): A Pomba e o Degolado, de Fina Casalderrey

 

A Pomba e o Degolado. Fina Casalderrey. Xerais

O libro trata dun tema moi triste, o divorcio entre os pais, o sufrimento que el sente coa falta de seu pai na casa. Tamén está ben para a xente á que lle gustan os animais, sobre todo os paxaros.

O meu personaxe favorito é André, xa que me vexo representado co seu gusto polos animais pero sobre todo demostra un cariño especial cara aos paxaros, a pesar de todos os problemas que lle supuxo a escola e os seus dous inimigos porque lle mandan facer cousas que el non quere e os profesores pensan que é el, cousa que non é verdade pero sempre saíu adiante.

Os personaxes que menos me gustou foron Raúl e Héctor porque só querían facerlle a vida imposible a André, porque por culpa deles ten pagar cousas que el non fixo e a súa familia é pobre.

O meu momento favorito é cando están ¨Pomba e o Degolado¨ xuntos escoitando unha canción do CD.

O libro é moi interesante porque cada vez engánchache máis e é sinxelo de ler polo seu axeitado vocabulario.

Ángel Castro Noya (3º ESO)