A esmorga. EduardoBlanco-Amor. Galaxia
A novela A esmorga de Eduardo Blanco-Amor conta unha historia de tres rapaces. Estes rapaces un día emborracháronse e foron polas tabernas roubando, coáronse en pazos, tiveron pelexas…
O protagonista do libro chámase Cibrán, vive nun sitio chamado Auria, ten 24 anos, e ten unha moza que é prostituta. Este personaxe a verdade é que non me gustou, xa que é moi irresponsable, por exemplo, díxolle á súa moza que ía traballar para que así puideran vivir xuntos e non foi traballar, foi cos seus amigos.
Aos outros dous personaxes máis importantes chamábanlle Milhomes e O Bocas, estes tampouco me gustaron, xa que eran moi bebedores, irresponsables e problemáticos, ademais de que non tiñan empatía xa que por exemplo roubaban nas tabernas.
Pola contra, unha personaxe que me gustou foi a dona dunha taberna á que foran, xa que lle advertiu a Cibrán de que os seus amigos eran mala compañía, e tivo razón.
A verdade é que este libro gustoume bastante, a pesar de que sexa clásico, xa que a historia que relata é interesante. E con respecto ao vocabulario, houbo algunhas palabras que non coñecía, pero en xeral entendín todo. Recomendo esta novela.
Samuel Grela Seoane (4º ESO)
A novela pareceume, que aínda sendo un libro con bastantes anos, enténdese ben todo menos as 20 primeiras páxinas que é o que se tarda en adaptarse a ese vocabulario.
En canto á historia, pareceume innovadora para a súa época, un libro que se basea nun home declarando ante un axente da lei o que ocorrera, o que vén sendo a historia en xeral.
O que non me gustou tanto é o tempo que se tarda contando anécdotas ou características dos personaxes, por exemplo o da risa do Milhomes que parecía unha galiña, algo que nin sequera achegou algo a historia. Neste libro paréceme que o autor desaproveitou algún personaxe, como o do señor da barba encarnada, aínda que si é como el di que está baseado en feitos reais, o cal non o podemos confirmar, non tería queixa dos personaxes.
Recoméndollo ler a persoas con algo de paciencia para o primeiro capítulo, que se fai algo aburrido, pero nos seguintes ponse moito máis interesante.
Simón Varela Baleato (4º ESO)
Foi un libro que a min persoalmente me gustou moi xa que ten unha historia moi bonita, xa que me gustou moito como se desenvolveron os acontecementos a medida que avanzaba a historia.
Para min o momento máis importante é cando deciden ir ao Pazo, xa que penso que a partir de aí a historia empeza a tomar un rumbo distinto do que pensaba que ía ter cando o empecei a ler. Respecto aos personaxes unha das miñas favoritas, a pesar da pouca aparición que tivo na historia, é a patroa do prostíbulo, xa que cando O Milhomes intentou sobrepasarse cunha empregada ela como unha boa xefa o impediu e por iso é unha personaxe que me gustou moito.
Un personaxe que non me gustou nada foi o Milhomes, xa que ten unha personalidade moi rancia e non é nada agradable e a min a xente que ten esa personalidade non me agrada moito.
Persoalmente recomendo esta novela a todo mundo xa que ten unha historia moi bonita e é moi fácil de entender malia o seu vocabulario.
Íker García Brea (4º ESO)
A esmorga trata sobre a historia que se desenvolve nun día e narra as aventuras de tres homes que percorren as rúas dunha cidade galega (Auria), entregándose á bebida e aos seus propios impulsos.
É un libro que me gustou moito só que á hora de lelo dificúltase un pouco porque ten un vocabulario complexo.
O meu personaxe preferido sen dúbida é Cibrán (o protagonista) pola súa profunda humanidade, a maneira en que enfronta os seus propios demos internos, a súa complexidade emocional e os desafíos que enfronta ao longo da historia.
O momento que máis me gustou foi cando por andar pelexando prendeu lume o pazo. E tiveron que marchar correndo case espidos, porque foi divertido que marcharan correndo case sen roupa xa que o pazo se estaba queimando.
Recoméndovos moito este libro xa que me gustou bastante aínda que me fora un pouco difícil de ler, pero valeu a pena porque hai partes moi divertidas.
Ainoha González Iglesias (4º ESO)
A min persoalmente este libro gustoume moito, xa que trata bastantes temas interesantes (alcoholismo , machismo, etc). Pareceume bastante interesante porque lle dá bastantes voltas á historia e nunca te chegas a imaxinar o que lle vai ocorrer no seguinte capítulo.
Tampouco é un libro complexo de ler, todo o contrario a min pareceume bastante fácil a lectura.
O máis interesante deste libro foi o final, porque ocorreu unha cousa que non me esperaba para nada, pero tamén me gustou moito cando o Milhomes rouba a botella de augardente e teñen que marchar correndo, e persoalmente non lle cambiaría nada porque como xa dixen paréceme moi entretido e interesante.
O meu personaxe preferido foi o Milhomes porque foi o que lle deu bastante emoción á historia, cando por exemplo roubou as xoias co seu amigo na casa desa suposta muller tan guapa. Aínda que todos os personaxes me gustaron bastante porque cada un dálle a súa emoción. Eu persoalmente recoméndovos moito esta narración.
Nerea Sánchez Castro (4º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario