BIOGRAFÍAMeiras- Valdoviño, 1976. É xornalista e investigadora da Sección de Comunicación de Consello da Cultura Galega. Colaboradora habitual en distintos medios de comunicación impresos e dixitais , entre eles culturagalega.org ( sección
Agardando as lagarteiras ) , Diario de Pontevedra , El Progreso , Galicia Hoxe , El Ideal Gallego, Diario de Ferrol ( a traves da axencia AGN), Compostelán , El País Semanal , Cerna, Faneka brava , Grial, Fadamorgana ou
Casa da gramática.
OBRASEn 1999 presentou a súa primeira novela
Eu de maior quero ser ( Editorial Sotelo Blanco ) á que seguiron
Corazóns amolecidos en salitre ( Laviovento , 2002 ) ,
Resistencia ( xerais 2003 ) ,
O xardín da media lúa ( Galaxia , 2004 ) , o volume recompilatorio de artigos literarios
Agardando as lagarteiras ( culturagalega.org , 2003 ) e
Veu visitarme o mar ( Xerais , 2004) .
Ten publicados relatos nos volumes colectivos
Narradoras ( Edicións Xerais de Galicia , 2000 ) ,
Relatos ( Librería Cartabón de Vigo , 1999 ) ,
Relatos gañadores do Pedrón de Ouro 1998-1999-2000 ( Edicións do Castro , 2001) ,
Seis ferroláns ( Edicións Embora ,2003 )
Alma de Beiramar perdida ( A Nosa Terra , 2003 ) ,
Botella ao mar ( AGAV , 2003 ) e
Narradio ( Xerais , 2003 ).
Conta no seu haber con recoñecementos como o Modesto Rodríguez Figueiredo ( Pedrón de Ouro , 1998 ) ; o Manuel Lueiro Rey ( 1996 ) ; o Manuel Murguía (2001) , o Carvalho Calero ( 2001 ) e o Premio Arcebispo Juan de San Clemente ( 2003 ) . En 2009 gana as dúas categorias dos premios que convoca Edicións Xerais de Galicia : o Premio de Novela coa obra
Sol de Inverno ( Xerais , 2009 ) , así como o Premio de Literatura Xuvenil con
Ás de Bolboreta ( Xerais , 2009 ).
En You Tube pódese escoitar e ver a Rosa Aneiros contando que é o que a fixo comezar a escribir , así como coñecer máis a esta escritora a través dos seguintes enlaces : entrevista en Netclub ; entrevista en portugués realizada polo escritor Antonio Manuel Venda ; entrevista na web da Asociación Cultural Barbantia.
( fonte : http:// ciberclub.blogsome).
Noelia Gonzalez Alumna do PCPI