venres, 4 de novembro de 2011
Hoxe celebramos o Día da Ciencia en galego
Os teus comentarios teñen moito VALOR
xoves, 3 de novembro de 2011
Tal día coma hoxe...
(Nesta gravación da Asociación de Escritores/as en Lingua Galega, AELG, Neira Vilas explica as razón polas que principiou a escribir)
Hoxe fai 83 anos o escritor Xosé Neira Vilas, que naceu tal día coma hoxe no lugar de Gres (Vila de Cruces). Moitos de nós somos lectores e lectoras dos seus libros, nomeadamente das Memorias dun neno labrego, que se publicou hai cincuenta anos. Parabéns a Balbino, o personaxe protagonista deste libro, e moitos parabéns ao seu autor Xosé Neira Vilas. Moita saúde e vizosidade, mestre.Cancións para ESCOITAR, pensar e actuar
mércores, 2 de novembro de 2011
venres, 28 de outubro de 2011
Tal día coma hoxe...
xoves, 27 de outubro de 2011
Nós lemos para que ti non teñas que facelo
Dura tan só un minuto e resulta interesante este video promocional da lectura. Porén o seu “eslogan” non é moi axeitado xa que non se entende fóra de contexto.
En realidade están apromocionar un espazo de recensións de libros, onde se recomendan lecturas, por iso din “Nós lemos para que ti non teñas que facelo”.
Para nós sería moito mellor que dixese algo así como “Nós lemos para que ti poidas escoller”. Alén diso, nalgunhas das situacións que saen no video tampouco sería moi aconsellable ler. En calquera caso, quedamos co espírito lector desta mensaxe publicitaria.
Daquela, a ler eses libros que xa agardan por nós, nas diferentes materias ou no clube de lectura.
Fonte: http://librosfera.blogspot.com
martes, 25 de outubro de 2011
Para ir abrindo boca...
Biscoito - camposanto de chocolate e galletas de Halloween.
Toda a información de como elaboralo, paso a paso, moi faciliño, aquí:
http://www.lacocinaalternativa.com/2011/10/23/cementerio-de-chocolate-y-galletas-para-halloween/
Se alguén se anima que nos faga saber o macabro e saboroso resultado comentando aquí abaixo.
domingo, 23 de outubro de 2011
24 de Outubro: Día Internacional das bibliotecas
Para celebralo, invitámosvos a coñecer o interior da Biblioteca Nacional.
Fundada en Decembro de 1711, a piques de celebrar o seu 300 aniversario, goza dunha vida intensa e dunha actividade frenética.
Visto no Youtube http://www.youtube.com/
martes, 18 de outubro de 2011
Que len os Simpson?
Existe O Club de lectura de Lisa Simpson, un sitio q recorre todas as referencias literarias que os persoaxes de Fox teñen comentado na pantalla ao longo destes 20 anos de historia. Este club amosa que os Simpson len dende Harry Potter ata Darwin, pasando por Walt Whitman.
Se queres saber máis, pincha aquí:
http://www.lavanguardia.com/libros/20111012/54230039299/que-leen-los-simpson.html
domingo, 16 de outubro de 2011
Sorteo de libros

La princesa de jade de Coia Valls.
Información para participar no sorteo, aquí:
venres, 14 de outubro de 2011
Hoxe: clase de ciencias naturais
Imaxes sobre o que está a acontecer na illa de Hierro, comentadas e explicadas para que tod@s o entendamos. Aquí:
http://www.xatakaciencia.com/geologia/video-una-gran-mancha-en-el-mar-hace-visible-la-erupcion-submarina-de-el-hierro
luns, 10 de outubro de 2011
O poeta sueco Tomas Tranströmer Premio Nobel de literatura 2011

O poeta sueco Tomas Tranströmer vén de acadar o Premio Nobel de literatura 2011 "porque, através das súas imaxes condensadas e translúcidas, dános un acceso fresco á realidade", segundo o ditame da Academia sueca.
Ten dous libros traducidos ao castelán El cielo a medio hacer e Deshielo a mediodía, publicados por Nórdica. Aquí tedes un poema moi musical.
Poema 'Allegro'
Toco Haydn después de un día negro
y siento un sencillo calor en las manos.
Las teclas quieren. Golpean suaves martillos.
El tono es verde, vivaz y calmo.
El tono dice que hay libertad
y que alguien no paga impuesto al César.
Meto las manos en mis bolsillos Haydn
y finjo ser alguien que ve tranquilamente el mundo.
Izo la bandera Haydn -significa.
"No nos rendimos. Pero queremos paz".
La música es una casa de cristal en la ladera donde vuelan las piedras, donde las piedras ruedan.
Y ruedan las piedras y la atraviesan
pero cada ventana queda intacta.
Del libro El cielo a medio hacer (1962), incluido en la antología Deshielo a mediodía (Editorial Nórdica). Tradución de Roberto Mascaró.
A presión d@s demais nos grupos de adolescentes
Parecen felices, ou non, semellan divertirse, disfrutar, aprender...pero hai conflictos agochados en moitos e moitas adolescentes: desprezo, incomprensión, soidade, illamento.
O certo é que nesta idade, como en todas, os medos e as inseguridades marcan as decisións que van configurando o futuro destino.
Velaquí un exemplo do duro que é ser adolescente:
http://www.eduardpunset.es/14524/apoyo-psicologico/presion-social-en-la-adolescencia
Visto en http://www.eduardpunset.es/

