Book tráiler da novela Memoria do silencio, de Eva Mejuto (col. Fóra de Xogo.
Xerais, 2019). Realización youtubeira: Laura Codesido Fernández, 3º
ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)
martes, 26 de novembro de 2019
venres, 22 de novembro de 2019
Conta de Libros (III): Cartas de amor, de Fran Alonso
A min este libro
gustoume no sentido de que che ensina as cousas da vida, e sobre todo porque
estas cartas fanche abrir os ollos de como o están pasando outras persoas.
A lectura do libro
é moi sinxela pero ao mesmo tempo moi dura polos temas que trata. Ademais,
faise interesante e a medida que imos vendo as cartas, son cartas de amor, pero
non amor como o coñecemos, senón un amor diferente. Fala do amor á Terra, do
amor á xente, dos que se van, dos que nacen. Tamén do amor que traizoa e do
amor que fai feliz.
Tratan de temas
como a inmigración, o desamor, o amor, o humor, a sexualidade, de prisioneiras,
etc.
Cada carta
simboliza un tipo de amor que ás veces ten final triste e outras veces ten un
final ledo.
É un libro que che
ensina tamén como de triste é a vida noutros países. Por iso, eu este libro
recoméndollo a calquera persoa que lle guste ler historias emotivas.
Adrián Gándara Reboredo (3º ESO)
A min pareceume un libro interesante porque conta historias que lle sucederon a moitas persoas ou que aínda lle están pasando e non só lles ocorreu a esas personas a historia senón que as están vivindo moitas máis dia a dia.
Gloria Bello Fraga (3º ESO)
A min pareceume un libro interesante porque conta historias que lle sucederon a moitas persoas ou que aínda lle están pasando e non só lles ocorreu a esas personas a historia senón que as están vivindo moitas máis dia a dia.
O momento que me
pareceu máis importante é cando a moza lle escribe unha carta á súa amiga dicindo que é lesbiana, porque é unha
cousa que lle ocorre a moitas persoas tanto a homes coma a mulleres que non se
atreven a confesalo por medo a que os rexeiten e se rían deles por selo.
Non faría ningún cambio porque a min paréceme que o libro está ben así e porque son historias persoais que viviron persoas que pasaron por esa mesma situación e a viviron de maneira diferente.
Non faría ningún cambio porque a min paréceme que o libro está ben así e porque son historias persoais que viviron persoas que pasaron por esa mesma situación e a viviron de maneira diferente.
O vocabulario en xeral pareceume fácil pero había algunhas palabras ás que non
lle coñecía o significado.
Gloria Bello Fraga (3º ESO)
A min esta narración paréceme
interesante, pero non me chama moito a atención o de que sexan varias historias sen ter que ver unhas coas
outras, polo tanto non enganchan tanto como require o tema.
Cada historia
contén a súa protagonista, e a min gustaríame que se coñeceran. Gústame que as
historias ocorran en distintas épocas, porque iso tamén inflúe nos temas
tratados e na perspectiva de ler a obra.
O meu personaxe favorito é Mónica, porque á parte de ser a historia máis próxima no que se refire á época a min tamén porque fai uns anos seguía sendo o mesmo que agora co que respecta coa homosexualidade. Para moita xente está mal vista, e con esa opinión só fan que as persoas homosexuais non o queiran dicir porque temen ser rexeitadas pola sociedade. Iso mesmo é o que lle pasa a Mónica.
O libro non é moi longo, e grazas a
que o vocabulario non é moi complexo facilita a súa lectura.
Uxía Beiras Rivas (3º
ESO)
martes, 12 de novembro de 2019
Book tráiler (I): “O misterio dos fillos de Lúa", de Fina Casalderrey. Por Raquel Dafonte e Lúa Edreira
«Entendemos
por booktrailer en el contexto escolar, que es el que nos ocupa, un
vídeo elaborado por estudiantes de Secundaria (o de Primaria), a partir de la
lectura de un libro de ficción. La finalidad del cortometraje es convencer a
los iguales de que vale la pena leer el libro en cuestión.
Hay implícitas, por
tanto, como quedará patente más adelante, las ideas de lectura (e
interpretación, con toda su ambigüedad), de elaboración conjunta (por el
volumen de trabajo que supone) y, por último de significatividad.»
(Booktrailers en el aula: una mirada
diferente a la lectura, Joan Bustos, revistababar.com)
Neste curso
2019/2020 continuamos a publicación deste apartado da bitácora da Biblioteca
do CPI de Viaño Pequeno (Trazo) onde o alumnado da ESO, de maneira voluntaria,
realizará breves BOOK TRÁILERS sobre as súas lecturas para a materia de Lingua
e Literatura Galega.
Nesta
sección Book tráilers as primeiras alumnas en achegarnos o seu
comentario crítico para o noso recuncho de realización youtubeira foron Raquel
Dafonte Rodríguez e Lúa Edreira Martínez (1º ESO), desta volta sobre a novela O misterio dos fillos de Lúa, de Fina Casalderrey (col. O Barco de Vapor.
Editorial SM, 1995).
venres, 25 de outubro de 2019
Conta de Libros (II): Unha presa de terra, de Marilar Aleixandre
Ola, xentiña! Hoxe vouvos falar dun libro moi
entretido, Unha presa de terra, de
Marilar Aleixandre.
Este foi un libro que me gustou bastante, xa que ten
un vocabulario moi sinxelo de entender, só hai algunhas palabras algo difíciles
de entender.
Para min o momento mais importante do libro é o final,
xa que ademais de saber por fin quen é o asasino, é moi emocionante, para nada
te esperas ese desenlace tan xenial.
Como xa dixen o final é xenial, pero aínda así non me
gustou nada o asasino, xa que ao principio era un dos meus personaxes
favoritos.
Os personaxes deste libro ao igual que a trama están
moi ben estruturados. O meu personaxe favorito é a detective do caso, Ana
Candeán, xa que é unha muller moi forte, de armas tomar, que ela soa descobre
quen é o asasino. Non me gusta nada o personaxe de González, xa que me parece
un home moi pesado e algo parvo que sempre quere manexar todo e ser o centro de
atención.
En resume, este libro ten unha trama moi interesante e
que engancha bastante xa que sempre queres saber quen é o asasino, así que tes
que ir de capítulo en capítulo esperando que este saia á luz. Se es do tipo de
persoas que lle gustan este tipo de libros recoméndovolo un montón!
Ahinoa Antelo
Rodríguez (4º ESO)
Leticia Añón Guerra (4º ESO)
Un libro de Marilar Aleixandre titulado Unha presa de terra é o libro sobre o que vos vou falar a
continuación .
Un caso de asasinato que engancha a calquera
que lle guste o misterio cun pequeno romance que entorpece unha investigación,
cuns personaxes un pouco peculiares ,pero que ata os personaxes secundarios son
incribles. Nesta historia ata o
máis mínimo dos detalles contan: ata a
terra dunhas plantas calquera é importante para resolver este estraño caso de
asasinato
Gustoume bastante a verdade, é un libro curto, pero que sen dúbida algunha aproveita
ao máximo as súas paxinas. De fácil compresión. Unha historia que envolve ao
lector. Tamén contén algunhas ilustracións e bastante boas a verdade, cousa que axuda a imaxinar mellor
o aspecto dos personaxes, algo que me gustou.
Tamén teño que admitir que para o meu parecer
o asasino deste crime creo que era un pouco obvio pero ben.
Nunca lera ningún libro deste tipo de formato,
pero non me desgustou para nada, todo o contrario.
Un libro que sen dúbida recomendo!
Leticia Añón Guerra (4º ESO)
Este
libro trata dunha pequena historia de misterio e amor. Ana é unha detective privada
que se encarga de buscar o asasino de Lulú, a irmá dunha amiga da infancia.
Durante o curso da investigación, esta establece unha estreita relación con
Pepe, o mozo da asasinada. En resumo, un relato cheo de emoción e intriga que
paga a pena ler.
O
momento máis importante é, na miña opinión, cando Ana descobre grazas a unha
veciña que Pepe mallaba na muller. Paréceme un momento intrigante onde non
podes imaxinar o que vai pasar.
O
tema é interesante porque realmente ocorre na realidade, é coma unha crítica.
Por este feito os personaxes teñen unha caracterización moi acentuada.
Non
faría ningún cambio no desenvolvemento do relato, porque me gusta como van
sucedendo as cousas ao longo dos días.
O
final é esperado, pero dentro do que cabe ten acontecementos que en verdade non
me esperaba.
Eu
persoalmente recomendo este libro, tanto polo sinxelo que é como polo tema que
trata.
Paula Noya Redondo (4º ESO)
Este libro gustoume moito. Pareceume moi sinxelo
de ler e moi entretido. Lino moi rápido. É unha novela que non perde o
misterio, está aí dende o principio ao final.
Para min o momento máis importante foi cando Pepe
encontrou a gravadora durante a cea, deume moita intriga quería saber que ía
pasar. Se eu estivese aí nese momento, no sitio de Ana, morrería de medo.
Os meus personaxes favoritos son Pepe e Ana porque
son moi listos e o que menos me gusta é González, o presidente da comunidade, é
un entendido, cre saber e amañar todo e ao final é un presuntuoso.
O final non me convenceu moito, esperábame algo
máis, en relación co resto do libro, é o único cambio que faría. Aínda que está
ben que Ana non fora asasinada, quedaría mellor que si, daríalle máis emoción.
A parte disto todo, creo que é un libro que abre
os ollos, é un libro que denuncia o machismo xa que mallan ás mulleres, incluso
matan unha. A xente comenta da vestimenta, e eses comentarios soen ser bastante
despectivos, como que anda moi fresca ou que normal que a matasen vestida así,
que chegar do traballo a esas horas non era normal, entre outros moitos
comentarios.
A lingua pareceume bastante fácil, pódeo ler
calquera.
A min gústame moito ler e este libro flipoume bastante.
Recoméndollo a calquera.
Alba Rey Brea (4º ESO)
Este
libro vai de que unha muller é asasinada en circunstancias sospeitosas, aparece
nun ascensor e unha detective privada ten que resolver o caso.
Esta
novela é bastante fácil de ler pero non tanto de resumir xa que non é doado
lembrarse da orde dos acontecementos. O libro consta de 31 capítulos se non me
lembro mal, e en cada un destes conta unha cousa distinta e a historia adoita
estar bastante comprimida, é dicir, os capítulos non adoitan ter máis de catro
páxinas nas que poden contar unha cousa de suma importancia para a historia ou
que teñan menos importancia. O desenvolvemento destes é un pouco confuso xa que
ao mellor estás nun capítulo e pérdeste unha cousa que vai ser moi importante e
despois pérdeste, como me pasou a min.
A
min o momento que máis me gustou foi o final xa que é o momento de máis emoción
do libro e non o vou desvelar para evitar spoilers.
E o
vocabulario non é un problema nesta narración.
Este
libro é recomendable se tes pouco tempo, aínda que antes ides ter que repasar a
orde dos acontecementos, tamén o recomendo para lecturas optativas ou para ler
por pracer.
Yago Leis Ríos (4º ESO)
Este
libro vai sobre unha morte dunha rapaza chamada Lulú, foi asasinada e logo
trasladada ao ascensor do edificio, onde foi descuberto o corpo. O caso foi
investigado pola policía e por unha detective privada que fora contratada pola
irmá da vítima.
O momento
máis importante do libro para o meu gusto é cando Ana (a detective) sae por
primeira vez ao balcón do marido de Lulú, Pepe. Paréceme importante pois nese
momento deberíaste decatar de quen é o verdadeiro asasino, ou polo menos é o
que pensas mentres o estás a ler.
Paréceme
que ten un tema interesante, e ademais non che teñen porque gustar os libros de
crimes porque á parte do crime ten unha historia entretida.
Eu
cambiaríalle o final pois paréceme que debería acabar dunha maneira máis
inesperada.
Para
rematar paréceme que ten unha linguaxe moi fácil de entender, cousa que me
parece moi importante.
Eu
recomendo esta novela porque é moi fácil de ler, ademais de ter unha entretida
historia.
Alba Dafonte Rodríguez (4º ESO)
Cando
chega Sara ao apartamento de Pepe a collerlle as pedras porque é o momento con
máis tensión e acción do libro.
O
tema paréceme interesante porque nunca lin un libro de violencia de xénero.
Todos
os personaxes me gustaron pero os que mais me gustaron foron Sara e Pepe, Sara
porque aparte de ser a protagonista gustoume a súa personalidade e como actúa e
pensa nesas situacións, e Pepe gustoume porque era un personaxe moi intelixente
que nos deixaba rastro dos seus delitos e a súa coartada era moi interesante.
Eu
non faría ningún cambio, menos o final que prefería que fose o señor Martínez
ao bater cunha maceta contra Lurdes ao entrar ao ascensor e por iso tiña terra
no pelo e un golpe na cabeza.
O libro
é moi fácil de ler. Eu recomendo esta novela porque o tema é moi interesante e
o libro ten debuxos e así é mais divertido á hora de ler, e tamén é moi fácil de
entender.
Miguel Mariño Martínez (4º ESO)
A min o que máis me gusta é o final, xa que é onde se desenvolve todo e
onde se dá conta Ana de quen é Pepe en realidade. Ademais, aparece a miña
personaxe favorita, Silvia, que aínda que non sexa un personaxe principal,
paréceme que lle deberían dar un pouco máis de protagonismo xa que desempeña un
papel fundamental no final.
O tema paréceme moi entretido. As novelas negras non son o meu xénero
preferido, aínda así, esta gustoume moito xa que mestura o misterio co romance.
Tampouco faría ningún cambio, soamente o que dixen anteriormente de Silvia,
pero polo demais gústame moito así.
O final é axeitado e emocionante. Para min, no final, Ana colle moita forza
e o feito de que se enfrontara ao asasino ela soa gustoume moito.
A lingua é fácil de entender. Ademais, usa palabras coloquiais que fai o
relato máis achegado aos tempos de agora.
Persoalmente, recomendo moito este libro. É moi sinxelo de ler, xa que
engancha moito ao lector e ademais, contén imaxes e letras bastante grandes que
o fan máis curto.
Iria Boquete Sánchez (4º da ESO)
É un moi bo libro que
trata dun asasinato e a muller que o investiga é a protagonista, que se chama Ana. Ela ten que reconstruír os feitos e ao comezo sente
que ten que abandonar por seguir as migas que deixaba a policía.
Todos os personaxes son persoas normais coas súas vidas, casas...
Creo que o mellor momento do libro é cando a detective Ana, investigadora do caso, se namora do viúvo da asasinada e descobre quen foi, aínda que ao principio non quere admitilo non o pode evitar.
Ten un vocabulario sinxelo
e comprensible, non é difícil de ler, é entretido e nada empalagoso
coma outros libros.
Recomendo lelo se che
gustan as novelas de investigación e preguntas sen resposta, aínda
que todo cobra sentido ao desenlace cando se descobre a verdade.
Mirian Otero Sande (4º
ESO)
Para min o
momento máis importante da historia foi cando Ana se decata que en
verdade Pepe é o asasino, xa que a partir deste momento é cando
todo comeza a poñerse interesante, porque non sabemos se Ana vai
morrer ou vai vivir.
Penso que o
tema estaba moi ben xa que de todos os libros que lin ata agora desta editorial
é o que máis engancha. O desenvolvemento tamén é moi bo xa que ao
principio faiche pensar se o presidente era o asasino pola maneira na
que actuaba ó principio e despois dáste conta de que foi o home de
Lulú, e este acontecemento déixate desconcertado/a.
Para min o
final estivo bastante ben aínda que me deixou n pouco desconcertada que
chamaran a Tamara, Silvia na realidade, para investigar o caso, xa que
estaba Ana encargada do caso, e que apareza unha muller nova polo
medio.. despista un pouco.
E a linguaxe, teño que dicilo, que tamén é moi fácil xa que é o que nós
utilizamos cando falamos.
Eu esta lectura
recomendarialla a todos os públicos xa que é moi facil de ler, é
moi curto e sobre todo e o que a min me parece o máis importante á hora de ler un libro é que engancha moito.
Gloria Pena Gutiérrez (4º ESO)
martes, 15 de outubro de 2019
Conta de Libros (I): Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas
Un novo
curso 2019/2020 e continuamos coa publicación deste apartado da bitácora da Biblioteca
do CPI Viaño Pequeno (Trazo) onde o alumnado de terceiro e cuarto da ESO
realizará breves recensións sobre as súas lecturas para a materia de Lingua e
Literatura Galega.
Desta volta vaise chamar Conta de Libros e a primeira alumna en
achegarnos o seu comentario crítico para o noso recuncho das lecturas foi Paula
Noya Redondo (4º ESO). Velaquí a recensión:
O
libro de Memorias dun neno labrego
gustoume moito porque fala da realidade que sufrían os nenos e nenas dun
pasado, que vivían na aldea. De feito, mesmo os nosos avós e avoas e incluso
algúns pais se senten identificados con algunha cousa do libro. Isto fai que o
relato sexa moi sinxelo de ler, e mesmo emotivo.
Para
min, o momento máis importante foi cando Balbino lle guinda a pedra á testa a
Manolito. É un momento de intriga no que non sabes o que vai pasar despois.
En
canto aos personaxes, están moi ben feitos e caracterizados. Hai moita
variedade de personalidades, clases sociais, etc., polo que o libro fai varias
críticas sobre temas moi diversos.
O
final pode parecer un pouco triste pero ao fin e ao cabo era como mellor podía
rematar o mozo e a súa familia. Gustoume bastante porque non era demasiado
esperado e non o podía deducir xa dende un principio.
O
vocabulario non é actual polo que ten algunha palabra de difícil comprensión,
pero sempre se poden deducir polo contexto.
Eu
verdadeiramente recomendo este libro a que non o lera, porque a min gustoume
moito e paréceme que se poden aprender moitas cousas léndoo.
Paula Noya Redondo (4º ESO)
Leticia Añón Guerra (4º ESO)
Alba Rey Brea (4º ESO)
O libro está ben, xa o lera fai tempo, senón me equivoco esta é a terceira vez
que o leo, gústame mais teño que admitir que desta vez non me enganchou tanto
como as anteriores veces. Espero que se o volvo a ler nun futuro non moi
afastado non me resulte tan pesado de ler, pero con isto non quero dicir que o
seu contido non estea ben, non, o libro está moi ben, de feito conta verdades
do que é ser un rapaz labrego pobre, contado en primeira persoa, cousa que suma
puntos, pois simpatizas moito máis co personaxe.
En por veces dáme moita pena
Balbino, por non dicir que en todo o libro, non é un rapaz moi afortunado na
vida, ás veces ten a súa boa sorte, pero logo a perde, como descubriredes no
libro, se o ledes, cousa que recomendo.
Teño que engadir que o vocabulario
pareceume un pouco complicado de entender, de feito tiven que buscar algunhas palabras
no dicionario. Pero por suposto que o recomendo!
Leticia Añón Guerra (4º ESO)
O protagonista deste libro chámase Balbino. Balbino é un neno pobre, pero
iso non quita que teña unha vida moi aventureira que vai escribindo no seu
caderno, onde reflexiona as súas vivencias como labrego.
É un libro que me gustou moito, nel vese reflectida a vida dunha familia
pobre, dunha aldea pobre a cargo dun señor bastante malo, que é o pai de
Manolito.
Manolito paréceme o peor personaxe, é o que menos me gusta, é un rapaz rico
que se mete con Balbino por vir dunha familia pobre. O meu personaxe favorito é
Balbino, gústame como é e como actúa en cada momento.
O capítulo que máis me gustou foi no que Balbino lle tirou a pedra a
Manolito, que as tiña moi merecidas xa que se metía decote con el. O momento
que menos me gustou ou máis triste me pareceu foi, despois diso de tirarlle a
pedra, que tivo que fuxir a outra aldea e buscarse a vida por si só, porque se
seguía na aldea o pai de Manolito botaría á familia enteira que non tiña culpa
de nada.
É un libro que recomendo e que vale para ler calquera persoa, fala de
moitas cousas. Gustoume moito.
Alba Rey Brea (4º ESO)
Na miña opinión o momento máis importante foi
cando Balbino se namorou da súa mestra, Eladia , xa que a mestra non estaba
interesada nel, e esta casa co seu mozo, para min esa parte foi a mellor de
todas xa que me imaxino a cara de pasmón que lle quedaría a Balbino ao
decatarse dese acontecemento.
Penso que o tema está ben, xa que eu non
lle faría ningún cambio polo divertido que chega a ser todo o contido que este
nos trae, algúns anacos como ben acabo de dicir son divertidos, outros
interesantes e ata mesmo sospeitosos nalgúns momentos.
O vocabulario na miña opinión é fácil de
comprender aínda que hai algunha palabra que resulta difícil de comprender. Pero
dende logo que eu lle recomendaría este libro a todo o mundo, gústelle ou non
ler, xa que se le moi rápido e móstranos como pensaban antes sobre a xente que
traballaba na vila.
Gloria Pena Gutiérrez (4º ESO)
O libro Memorias dun neno labrego na miña opinión é unha obra que tod@ galeg@ debería ler, xa que é moi importante para a literatura galega. Ademais é un libro que trata un tema do que non se adoita falar, a vida dos nenos pobres que ademais traballan na casa para axudar a seus pais.
O momento máis importante da narración para min é cando Balbino recibe a Carta de Lelo, que está en América, xa que se sente que agora pode volver a contarlle todo o que lle pasa a el como facía antes de que marchase.
O personaxe que máis me gusta é Balbino, un rapaz forte, que axuda a todo na casa e ainda así ten tempo para ser un neno de verdade. Non me gusta nada Manolito, un rapaz rico, fillo dos señores para os que traballa o pai de Balbino, pois o único que fai e meter a Balbino en problemas.
O vocabulario do libro é algo complicado, ten algunhas palabras difíciles de comprender, xa que son palabras que normalmente non se usan moito.
Non lle faría ningún a cambio a esta novela xa que na miña opinión é todo moi axeitado para contar a historia da infancia de Balbino.
Ahinoa Antelo Rodríguez (4º ESO)
Gloria Pena Gutiérrez (4º ESO)
O libro Memorias dun neno labrego na miña opinión é unha obra que tod@ galeg@ debería ler, xa que é moi importante para a literatura galega. Ademais é un libro que trata un tema do que non se adoita falar, a vida dos nenos pobres que ademais traballan na casa para axudar a seus pais.
O momento máis importante da narración para min é cando Balbino recibe a Carta de Lelo, que está en América, xa que se sente que agora pode volver a contarlle todo o que lle pasa a el como facía antes de que marchase.
O personaxe que máis me gusta é Balbino, un rapaz forte, que axuda a todo na casa e ainda así ten tempo para ser un neno de verdade. Non me gusta nada Manolito, un rapaz rico, fillo dos señores para os que traballa o pai de Balbino, pois o único que fai e meter a Balbino en problemas.
O vocabulario do libro é algo complicado, ten algunhas palabras difíciles de comprender, xa que son palabras que normalmente non se usan moito.
Non lle faría ningún a cambio a esta novela xa que na miña opinión é todo moi axeitado para contar a historia da infancia de Balbino.
Ahinoa Antelo Rodríguez (4º ESO)
Para
min o momento máis importante do relato é cando Pachín encontra a
Balbino no río, debido a que se ve que Balbino xa é todo un home e
demóstrallo a seus pais marchando da casa.
Outro acontecemento con
relevancia para min foi cando Balbino se decatou de que a súa mestra
tiña noivo, iso para el foi un pau enorme e mais aínda cando soubo
que ía marchar da vila. Despois diso Balbino deixaría as relacións
sentimentais para o futuro.
Unha cousa que non me pareceu ben da
novela é que non lle deixaran ir á festa do Carme cos seus amigos, só
porque estaban de loito polo tío Braulio, que xa levaba tres anos
falecido.
O final pareceume o axeitado, que todo acabase medianamente
ben con Balbino mandando cartas a o seu amigo da vida.
A lingua porén
non era a mais doada de coñecer, tiña algunhas palabras que non
oíra na miña vida.
E por último recomendo este libro porque aínda
que eu non sexa un gran lector, enganchoume moito.
Pablo García López (4º ESO)
martes, 18 de xuño de 2019
Book tráiler (XLV): “Corredora”, de María Reimóndez. Por Uxía Beiras Rivas
Book tráiler (XLIV): “22 segundos”, de Eva Mejuto. Por Uxía Beiras Rivas
Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira,
velaquí o Book tráiler da novela 22segundos, de Eva Mejuto (Xerais,
col. Fóra de Xogo, 2017). Realización youtubeira: Uxía Beiras Rivas, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






