Un novo
curso 2019/2020 e continuamos coa publicación deste apartado da bitácora da Biblioteca
do CPI Viaño Pequeno (Trazo) onde o alumnado de terceiro e cuarto da ESO
realizará breves recensións sobre as súas lecturas para a materia de Lingua e
Literatura Galega.
Desta volta vaise chamar Conta de Libros e a primeira alumna en
achegarnos o seu comentario crítico para o noso recuncho das lecturas foi Paula
Noya Redondo (4º ESO). Velaquí a recensión:
O
libro de Memorias dun neno labrego
gustoume moito porque fala da realidade que sufrían os nenos e nenas dun
pasado, que vivían na aldea. De feito, mesmo os nosos avós e avoas e incluso
algúns pais se senten identificados con algunha cousa do libro. Isto fai que o
relato sexa moi sinxelo de ler, e mesmo emotivo.
Para
min, o momento máis importante foi cando Balbino lle guinda a pedra á testa a
Manolito. É un momento de intriga no que non sabes o que vai pasar despois.
En
canto aos personaxes, están moi ben feitos e caracterizados. Hai moita
variedade de personalidades, clases sociais, etc., polo que o libro fai varias
críticas sobre temas moi diversos.
O
final pode parecer un pouco triste pero ao fin e ao cabo era como mellor podía
rematar o mozo e a súa familia. Gustoume bastante porque non era demasiado
esperado e non o podía deducir xa dende un principio.
O
vocabulario non é actual polo que ten algunha palabra de difícil comprensión,
pero sempre se poden deducir polo contexto.
Eu
verdadeiramente recomendo este libro a que non o lera, porque a min gustoume
moito e paréceme que se poden aprender moitas cousas léndoo.
Paula Noya Redondo (4º ESO)
Leticia Añón Guerra (4º ESO)
Alba Rey Brea (4º ESO)
O libro está ben, xa o lera fai tempo, senón me equivoco esta é a terceira vez
que o leo, gústame mais teño que admitir que desta vez non me enganchou tanto
como as anteriores veces. Espero que se o volvo a ler nun futuro non moi
afastado non me resulte tan pesado de ler, pero con isto non quero dicir que o
seu contido non estea ben, non, o libro está moi ben, de feito conta verdades
do que é ser un rapaz labrego pobre, contado en primeira persoa, cousa que suma
puntos, pois simpatizas moito máis co personaxe.
En por veces dáme moita pena
Balbino, por non dicir que en todo o libro, non é un rapaz moi afortunado na
vida, ás veces ten a súa boa sorte, pero logo a perde, como descubriredes no
libro, se o ledes, cousa que recomendo.
Teño que engadir que o vocabulario
pareceume un pouco complicado de entender, de feito tiven que buscar algunhas palabras
no dicionario. Pero por suposto que o recomendo!
Leticia Añón Guerra (4º ESO)
O protagonista deste libro chámase Balbino. Balbino é un neno pobre, pero
iso non quita que teña unha vida moi aventureira que vai escribindo no seu
caderno, onde reflexiona as súas vivencias como labrego.
É un libro que me gustou moito, nel vese reflectida a vida dunha familia
pobre, dunha aldea pobre a cargo dun señor bastante malo, que é o pai de
Manolito.
Manolito paréceme o peor personaxe, é o que menos me gusta, é un rapaz rico
que se mete con Balbino por vir dunha familia pobre. O meu personaxe favorito é
Balbino, gústame como é e como actúa en cada momento.
O capítulo que máis me gustou foi no que Balbino lle tirou a pedra a
Manolito, que as tiña moi merecidas xa que se metía decote con el. O momento
que menos me gustou ou máis triste me pareceu foi, despois diso de tirarlle a
pedra, que tivo que fuxir a outra aldea e buscarse a vida por si só, porque se
seguía na aldea o pai de Manolito botaría á familia enteira que non tiña culpa
de nada.
É un libro que recomendo e que vale para ler calquera persoa, fala de
moitas cousas. Gustoume moito.
Alba Rey Brea (4º ESO)
Na miña opinión o momento máis importante foi
cando Balbino se namorou da súa mestra, Eladia , xa que a mestra non estaba
interesada nel, e esta casa co seu mozo, para min esa parte foi a mellor de
todas xa que me imaxino a cara de pasmón que lle quedaría a Balbino ao
decatarse dese acontecemento.
Penso que o tema está ben, xa que eu non
lle faría ningún cambio polo divertido que chega a ser todo o contido que este
nos trae, algúns anacos como ben acabo de dicir son divertidos, outros
interesantes e ata mesmo sospeitosos nalgúns momentos.
O vocabulario na miña opinión é fácil de
comprender aínda que hai algunha palabra que resulta difícil de comprender. Pero
dende logo que eu lle recomendaría este libro a todo o mundo, gústelle ou non
ler, xa que se le moi rápido e móstranos como pensaban antes sobre a xente que
traballaba na vila.
Gloria Pena Gutiérrez (4º ESO)
O libro Memorias dun neno labrego na miña opinión é unha obra que tod@ galeg@ debería ler, xa que é moi importante para a literatura galega. Ademais é un libro que trata un tema do que non se adoita falar, a vida dos nenos pobres que ademais traballan na casa para axudar a seus pais.
O momento máis importante da narración para min é cando Balbino recibe a Carta de Lelo, que está en América, xa que se sente que agora pode volver a contarlle todo o que lle pasa a el como facía antes de que marchase.
O personaxe que máis me gusta é Balbino, un rapaz forte, que axuda a todo na casa e ainda así ten tempo para ser un neno de verdade. Non me gusta nada Manolito, un rapaz rico, fillo dos señores para os que traballa o pai de Balbino, pois o único que fai e meter a Balbino en problemas.
O vocabulario do libro é algo complicado, ten algunhas palabras difíciles de comprender, xa que son palabras que normalmente non se usan moito.
Non lle faría ningún a cambio a esta novela xa que na miña opinión é todo moi axeitado para contar a historia da infancia de Balbino.
Ahinoa Antelo Rodríguez (4º ESO)
Gloria Pena Gutiérrez (4º ESO)
O libro Memorias dun neno labrego na miña opinión é unha obra que tod@ galeg@ debería ler, xa que é moi importante para a literatura galega. Ademais é un libro que trata un tema do que non se adoita falar, a vida dos nenos pobres que ademais traballan na casa para axudar a seus pais.
O momento máis importante da narración para min é cando Balbino recibe a Carta de Lelo, que está en América, xa que se sente que agora pode volver a contarlle todo o que lle pasa a el como facía antes de que marchase.
O personaxe que máis me gusta é Balbino, un rapaz forte, que axuda a todo na casa e ainda así ten tempo para ser un neno de verdade. Non me gusta nada Manolito, un rapaz rico, fillo dos señores para os que traballa o pai de Balbino, pois o único que fai e meter a Balbino en problemas.
O vocabulario do libro é algo complicado, ten algunhas palabras difíciles de comprender, xa que son palabras que normalmente non se usan moito.
Non lle faría ningún a cambio a esta novela xa que na miña opinión é todo moi axeitado para contar a historia da infancia de Balbino.
Ahinoa Antelo Rodríguez (4º ESO)
Para
min o momento máis importante do relato é cando Pachín encontra a
Balbino no río, debido a que se ve que Balbino xa é todo un home e
demóstrallo a seus pais marchando da casa.
Outro acontecemento con
relevancia para min foi cando Balbino se decatou de que a súa mestra
tiña noivo, iso para el foi un pau enorme e mais aínda cando soubo
que ía marchar da vila. Despois diso Balbino deixaría as relacións
sentimentais para o futuro.
Unha cousa que non me pareceu ben da
novela é que non lle deixaran ir á festa do Carme cos seus amigos, só
porque estaban de loito polo tío Braulio, que xa levaba tres anos
falecido.
O final pareceume o axeitado, que todo acabase medianamente
ben con Balbino mandando cartas a o seu amigo da vida.
A lingua porén
non era a mais doada de coñecer, tiña algunhas palabras que non
oíra na miña vida.
E por último recomendo este libro porque aínda
que eu non sexa un gran lector, enganchoume moito.
Pablo García López (4º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario