Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



venres, 25 de outubro de 2019

Conta de Libros (II): Unha presa de terra, de Marilar Aleixandre





Ola, xentiña! Hoxe vouvos falar dun libro moi entretido, Unha presa de terra, de Marilar Aleixandre.

Este foi un libro que me gustou bastante, xa que ten un vocabulario moi sinxelo de entender, só hai algunhas palabras algo difíciles de entender.

Para min o momento mais importante do libro é o final, xa que ademais de saber por fin quen é o asasino, é moi emocionante, para nada te esperas ese desenlace tan xenial.

Como xa dixen o final é xenial, pero aínda así non me gustou nada o asasino, xa que ao principio era un dos meus personaxes favoritos.

Os personaxes deste libro ao igual que a trama están moi ben estruturados. O meu personaxe favorito é a detective do caso, Ana Candeán, xa que é unha muller moi forte, de armas tomar, que ela soa descobre quen é o asasino. Non me gusta nada o personaxe de González, xa que me parece un home moi pesado e algo parvo que sempre quere manexar todo e ser o centro de atención.

En resume, este libro ten unha trama moi interesante e que engancha bastante xa que sempre queres saber quen é o asasino, así que tes que ir de capítulo en capítulo esperando que este saia á luz. Se es do tipo de persoas que lle gustan este tipo de libros recoméndovolo un montón!

Ahinoa Antelo Rodríguez (4º ESO)


Un libro de Marilar Aleixandre titulado Unha presa de terra é  o libro sobre o que vos vou falar a continuación .

Un caso de asasinato que engancha a calquera que lle guste o misterio cun pequeno romance que entorpece unha investigación, cuns personaxes un pouco peculiares ,pero que ata os personaxes secundarios son incribles. Nesta historia  ata o máis  mínimo dos detalles contan: ata a terra dunhas plantas calquera é importante para resolver este estraño caso de asasinato

Gustoume bastante a verdade, é un libro  curto, pero que sen dúbida algunha aproveita ao máximo as súas paxinas. De fácil compresión. Unha historia que envolve ao lector. Tamén contén algunhas ilustracións e bastante  boas a verdade, cousa que axuda a imaxinar mellor o aspecto dos personaxes, algo que me gustou.

Tamén teño que admitir que para o meu parecer o asasino deste crime creo que era un pouco obvio pero ben.

Nunca lera ningún libro deste tipo de formato, pero non me desgustou para nada, todo o contrario.

Un libro que sen dúbida recomendo!

Leticia Añón Guerra (4º ESO)


Este libro trata dunha pequena historia de misterio e amor. Ana é unha detective privada que se encarga de buscar o asasino de Lulú, a irmá dunha amiga da infancia. Durante o curso da investigación, esta establece unha estreita relación con Pepe, o mozo da asasinada. En resumo, un relato cheo de emoción e intriga que paga a pena ler.
O momento máis importante é, na miña opinión, cando Ana descobre grazas a unha veciña que Pepe mallaba na muller. Paréceme un momento intrigante onde non podes imaxinar o que vai pasar.
O tema é interesante porque realmente ocorre na realidade, é coma unha crítica. Por este feito os personaxes teñen unha caracterización moi acentuada.
Non faría ningún cambio no desenvolvemento do relato, porque me gusta como van sucedendo as cousas ao longo dos días.
O final é esperado, pero dentro do que cabe ten acontecementos que en verdade non me esperaba.
Eu persoalmente recomendo este libro, tanto polo sinxelo que é como polo tema que trata.

Paula Noya Redondo (4º ESO)


Este libro gustoume moito. Pareceume moi sinxelo de ler e moi entretido. Lino moi rápido. É unha novela que non perde o misterio, está aí dende o principio ao final.
Para min o momento máis importante foi cando Pepe encontrou a gravadora durante a cea, deume moita intriga quería saber que ía pasar. Se eu estivese aí nese momento, no sitio de Ana, morrería de medo.
Os meus personaxes favoritos son Pepe e Ana porque son moi listos e o que menos me gusta é González, o presidente da comunidade, é un entendido, cre saber e amañar todo e ao final é un presuntuoso.
O final non me convenceu moito, esperábame algo máis, en relación co resto do libro, é o único cambio que faría. Aínda que está ben que Ana non fora asasinada, quedaría mellor que si, daríalle máis emoción.
A parte disto todo, creo que é un libro que abre os ollos, é un libro que denuncia o machismo xa que mallan ás mulleres, incluso matan unha. A xente comenta da vestimenta, e eses comentarios soen ser bastante despectivos, como que anda moi fresca ou que normal que a matasen vestida así, que chegar do traballo a esas horas non era normal, entre outros moitos comentarios.
A lingua pareceume bastante fácil, pódeo ler calquera.
A min gústame moito ler e este libro flipoume bastante. Recoméndollo a calquera.
Alba Rey Brea (4º ESO)


Este libro vai de que unha muller é asasinada en circunstancias sospeitosas, aparece nun ascensor e unha detective privada ten que resolver o caso.
Esta novela é bastante fácil de ler pero non tanto de resumir xa que non é doado lembrarse da orde dos acontecementos. O libro consta de 31 capítulos se non me lembro mal, e en cada un destes conta unha cousa distinta e a historia adoita estar bastante comprimida, é dicir, os capítulos non adoitan ter máis de catro páxinas nas que poden contar unha cousa de suma importancia para a historia ou que teñan menos importancia. O desenvolvemento destes é un pouco confuso xa que ao mellor estás nun capítulo e pérdeste unha cousa que vai ser moi importante e despois pérdeste, como me pasou a min.
A min o momento que máis me gustou foi o final xa que é o momento de máis emoción do libro e non o vou desvelar para evitar spoilers.
E o vocabulario non é un problema nesta narración.
Este libro é recomendable se tes pouco tempo, aínda que antes ides ter que repasar a orde dos acontecementos, tamén o recomendo para lecturas optativas ou para ler por pracer.
Yago Leis Ríos (4º ESO)


Este libro vai sobre unha morte dunha rapaza chamada Lulú, foi asasinada e logo trasladada ao ascensor do edificio, onde foi descuberto o corpo. O caso foi investigado pola policía e por unha detective privada que fora contratada pola irmá da vítima.
O momento máis importante do libro para o meu gusto é cando Ana (a detective) sae por primeira vez ao balcón do marido de Lulú, Pepe. Paréceme importante pois nese momento deberíaste decatar de quen é o verdadeiro asasino, ou polo menos é o que pensas mentres o estás a ler.
Paréceme que ten un tema interesante, e ademais non che teñen porque gustar os libros de crimes porque á parte do crime ten unha historia entretida.
Eu cambiaríalle o final pois paréceme que debería acabar dunha maneira máis inesperada.
Para rematar paréceme que ten unha linguaxe moi fácil de entender, cousa que me parece moi importante.
Eu recomendo esta novela porque é moi fácil de ler, ademais de ter unha entretida historia.
Alba Dafonte Rodríguez (4º ESO)


Cando chega Sara ao apartamento de Pepe a collerlle as pedras porque é o momento con máis tensión e acción do libro.
O tema paréceme interesante porque nunca lin un libro de violencia de xénero.
Todos os personaxes me gustaron pero os que mais me gustaron foron Sara e Pepe, Sara porque aparte de ser a protagonista gustoume a súa personalidade e como actúa e pensa nesas situacións, e Pepe gustoume porque era un personaxe moi intelixente que nos deixaba rastro dos seus delitos e a súa coartada era moi interesante.
Eu non faría ningún cambio, menos o final que prefería que fose o señor Martínez ao bater cunha maceta contra Lurdes ao entrar ao ascensor e por iso tiña terra no pelo e un golpe na cabeza.
O libro é moi fácil de ler. Eu recomendo esta novela porque o tema é moi interesante e o libro ten debuxos e así é mais divertido á hora de ler, e tamén é moi fácil de entender.
Miguel Mariño Martínez (4º ESO)


A min o que máis me gusta é o final, xa que é onde se desenvolve todo e onde se dá conta Ana de quen é Pepe en realidade. Ademais, aparece a miña personaxe favorita, Silvia, que aínda que non sexa un personaxe principal, paréceme que lle deberían dar un pouco máis de protagonismo xa que desempeña un papel fundamental no final.

O tema paréceme moi entretido. As novelas negras non son o meu xénero preferido, aínda así, esta gustoume moito xa que mestura o misterio co romance. Tampouco faría ningún cambio, soamente o que dixen anteriormente de Silvia, pero polo demais gústame moito así.

O final é axeitado e emocionante. Para min, no final, Ana colle moita forza e o feito de que se enfrontara ao asasino ela soa gustoume moito.

A lingua é fácil de entender. Ademais, usa palabras coloquiais que fai o relato máis achegado aos tempos de agora.

Persoalmente, recomendo moito este libro. É moi sinxelo de ler, xa que engancha moito ao lector e ademais, contén imaxes e letras bastante grandes que o fan máis curto.

Iria Boquete Sánchez (4º da ESO)


É un moi bo libro que trata dun asasinato e a muller que o investiga é a protagonista, que se chama Ana. Ela ten que reconstruír os feitos e ao comezo sente que ten que abandonar por seguir as migas que deixaba a policía.

Todos os personaxes son persoas normais coas súas vidas, casas...

Creo que o mellor momento do libro é cando a detective Ana, investigadora do caso, se namora do viúvo da asasinada e descobre quen foi, aínda que ao principio non quere admitilo non o pode evitar.

Ten un vocabulario sinxelo e comprensible, non é difícil de ler, é entretido e nada empalagoso coma outros libros. 

Recomendo lelo se che gustan as novelas de investigación e preguntas sen resposta, aínda que todo cobra sentido ao desenlace cando se descobre a verdade.

Mirian Otero Sande (4º ESO)

Para min o momento máis importante da historia foi cando Ana se decata que en verdade Pepe é o asasino, xa que a partir deste momento é cando todo comeza a poñerse interesante, porque non sabemos se Ana vai morrer ou vai vivir.

Penso que o tema estaba moi ben xa que de todos os libros que lin ata agora desta editorial é o que máis engancha. O desenvolvemento tamén é moi bo xa que ao principio faiche pensar se o presidente era o asasino pola maneira na que actuaba ó principio e despois dáste conta de que foi o home de Lulú, e este acontecemento déixate desconcertado/a.

Para min o final estivo bastante ben aínda que me deixou n pouco desconcertada que chamaran a Tamara, Silvia na realidade, para investigar o caso, xa que estaba Ana encargada do caso, e que apareza unha muller nova polo medio.. despista un pouco.

E a linguaxe, teño que dicilo, que tamén é moi fácil xa que é o que nós utilizamos cando falamos.


Eu esta lectura recomendarialla a todos os públicos xa que é moi facil de ler, é moi curto e sobre todo e o que a min me parece o máis importante á hora de ler un libro é que engancha moito. 

Gloria Pena Gutiérrez (4º ESO)



Ningún comentario: