Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 5 de xuño de 2018

Conta de Libros (XXXVI): Diante do espello, de Fran Godón


Diante do espello. Fran Godón. Difusora de Letras, Artes e Ideas

Para min o momento máis importante desta obra foi cando o público lles aplaudiu ás dúas pola súa obra. A parte que máis me gustou foi cando Sarah e mais Ruth están na casa ensaiando para a obra que tiñan o día seguinte e para non estar tan nerviosas collen unha botella de whisky e se poñen a beber ata emborracharse.

Sobre o tema dierei que foi interesante porque hai momentos moi graciosos e tamén hai partes que enganchan.

No desenvolvemento non faría ningún cambio porque penso que está perfectamente, tampouco lle poñería un novo final porque o final que ten para min penso que está moi ben.

Por último, no tocante á lingua, ao principio houbo algúns momentos nos cales había algunhas palabras que eran polo menos para min un pouco complicadas de entender pero despois polo resto non tiven ningún problema.

Se eu fose Fran Godón gustaríame recomendarlle esta obra a persoas ás que lles interesase bastante o tema do teatro dentro do teatro.


Alejandro Vásquez Fernández (4º ESO)

O momento máis importante do libro para min foi cando se encontraron as dúas no bar e Ruth conseguiu que Sarah fose actriz. Gustoume ese momento porque pasou de ser camareira a ser actriz, pasou de traballar moito tempo e gañar pouco a traballar pouco tempo e ganar moito diñeiro. 

A min o tema do libro pareceume sen interese xa que só están nunha habitación de hotel, e case non pasa nada en ningún momento da obra. Eu faría moitos cambios coma por exemplo que saísen da habitación ou que entrase máis xente. 

Os personaxes non me gustaron moito xa que só hai dous, eu cambiaría iso e poñería máis personaxes para ter un libro máis emocionante e máis longo. 

Do final non lle cambiaría nada, foi o único axeitado que me pareceu do libro. 

A lingua foi moi doada de entender xa que non meteu linguaxe moi avanzada. 

Na miña opinión este libro foi un dos menos que me gustou e non llo recomendaría a ninguén, porque me resultou difícil de entender.

Brais Pena Baluja (4º ESO)

Ningún comentario: