O momento máis
importante do libro para min é o principio porque é cando se comeza a entender
de que vai a historia. E o momento máis gracioso para min foi o xuízo das
siamesas. Tamén me gustou o xuízo de Pepe, que era un home que lle era infiel á
súa muller, el faláballe en galego á súa muller e á profesora da pasantía da
súa filla, en cambio á profesora da escola, á súa secretaria e á súa filla
faláballe en castelán.
Pareceume
entretido porque me fixo bastante gracia o comportamento e a maneira de falar
dos personaxes.
Gustoume a mensaxe do libro porque fala sobre as persoas que
non falan galego polo feito de que pensan que é para as persoas da aldea ou sen
estudos.
Non faría ningún
cambio porque para min así é bastante gracioso. E paréceme un libro moi fácil
de ler e lese moi rápido. O final tamén me pareceu axeitado.
Anabel Dafonte
Iglesias (4º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario