Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 5 de xuño de 2018

Conta de Libros (XXXVIII): Eroski Paraíso, de Chévere



O máis importante e orixinal foi a idea de Alex para o final da película, pareceume una idea diferente e interesante.

O personaxe que máis me gustou foi Alex, a protagonista, porque é unha rapaza con moita imaxinación e creatividade, e tamén me parece moi lista e interesada nas cousas que pasan ao seu arredor. O personaxe que menos me gustou foi a nai de Alex, porque parece moi seria e non lle axuda case nada a súa filla na súa idea da película.

Este libro non me gustou moito porque a historia é moi pequena e non conta cousas interesantes. A verdade é que se me quedou algo curto, deberían meter máis acción porque así quedouse algo aburrido.

O final pareceume axeitado porque é un final creativo e orixinal, e a lingua foi bastante fácil, aínda que pareceume raro ter que cambiar ao castelán cando falaba a nai de Alex.

Recoméndolle este libro á xente que lles gusten as historias cotiás.

Nerea Rodríguez Deus (4º ESO)

Ningún comentario: