Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 5 de xuño de 2018

Conta de Libros (XXXIV): Os vellos non deben de namorarse, de Castelao



Para min é un bo libro pois é moi entretido e conta con numerosas escenas de humor.

O momento máis importante é o ultimo porque xunta as tres historias anteriores e fai un resumo do argumento.

Os personaxes son moi orixinais e están moi ben escollidos.

O desenvolvemento é lento ao principio pois son todo conversas pero co paso da historia o ritmo é máis rápido e apropiado.

O final é moi orixinal pois aparecen os tres vellos falando despois de mortos e conta a situación das súas namoradas polo que o fai un final pechado.

A linguaxe é un pouco complexa pois Castelao utiliza algunhas palabras doutra época que xa non son usadas na actualidade.

Recoméndolle este libro a todo o público en especial aos que lle gusten as obras de teatro.

Alba López González (4º ESO)

Para min o momento máis importante desta obra foi cando Pimpinela decide ir ao enterro do vello aínda que non lle caese moi ben. A parte que máis me gustou foi cando Don Ramón se poñía a falar só e en voz alta da muller da que estaba namorado, e dicía que por cada bico lle ía a regalar unha leira. 

Sobre o tema, foi moi interesante porque hai momentos moi graciosos e tamén hai partes que enganchan. E sobre o seu desenvolvemento, eu neste libro non faría ningún cambio xa que penso que está moi ben escrito excepto no final que retocaríao un pouco.

Con respecto á lingua, ao principio houbo algúns momentos nos cales había algunhas palabras que eran polo menos para min un pouco complicadas de entender pero despois polo resto non tiven ningún problema. 

Se fose o propio Castelao, a min persoalmente gustaríame recomendarllo a lectores ou lectoras aos que lles gustasen sobre todo os temas relacionados co amor e con vellos.

Alejandro Vásquez Fernández (4º ESO)

A min gustoume moito este libro porque son tres lances con historias moi entretidas e graciosas. Os tres lances son bastante parecidos entre si pero para min foron moi divertidos. 

Na miña opinión non cambiaría nada do libro, xa que me pareceu un dos mellores libros que lin. Os personaxes foron axeitados todos para cada lance e non cambiaría nada, gustáronme moito todos os personaxes.  

A escena que máis me gustou do libro foi cando a morte se disfrazou e se puxo a falar cunhas vellas, porque me fixo moita gracia ese momento e me entretín moito.. 

Ten un vocabulario fácil aínda que algunhas palabras sexan moi difícil de entendelas. 

Recoméndolle este libro aos alumnos/as de entre quince e dezasete anos porque é moi divertido e non te vas aburrir en ningún lance, pero ten algunha parte difícil de comprender. Esta obra lese moi rápido, eu en ningún momento me aburrín e engancheime a este libro desde o principio.

Brais Pena Baluja (4º ESO)


Ningún comentario: