O momento máis
importante é cando Ana entra en escena, porque comezan a entenderse as tres.
O
tema non me interesou moito, porque a min paréceme que está moi pouco traballado.
Ó personaxe
de Dióxenes non lle encontro o significado, e paréceme innecesario. O personaxe
que máis me gusta é Sara, porque me parece moi graciosa.
Cambiaría o ritmo dos
actos, porque se me fai moi lento. A historia pareceume moi aburrida porque ao
principio non se entende moi ben o que se está contando, e máis tarde enlaza
todas as historias dunha maneira que me parece moi brusca.
Non cambiaría o
final, porque lle dá emoción á historia.
A lingua é moi doada de entender, non
hai palabras difíciles nin oracións moi longas, o que fai que o texto sexa máis
fácil de comprender.
Non recomendo este libro porque ao meu parecer non é nada
entretido e carece de emoción.
Eloy Castro Deus (4 ºESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario