Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Gárgola, de Carlos Vila Sexto (col. Costas Oeste. Galaxia, 2016). Realización youtubeira: Alfredo Martínez Costa, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)
Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Gárgola, de Carlos Vila Sexto (col. Costas Oeste. Galaxia, 2016). Realización youtubeira: Alfredo Martínez Costa, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)
Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz, con ilustracións de Miguelanxo Prado (col. Fóra de Xogo. Xerais, Premio Rañolas ó Libro Infantil e Xuvenil do Ano, 1995). Realización youtubeira: Marcos Miramontes Otero, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)
Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela A negrura do mar, de Ramón Caride, con ilustracións de Miguelanxo Prado (col. Merlín. Xerais, 2006). Realización youtubeira: Jorge Lavandeira Vilares, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)
“Adios ríos, adios fontes” na voz de Ana Señarís Veiras (3º ESO), coa colaboración da súa nai Marisol Veiras. CPI Viaño Pequeno (Trazo). Día do Libro 2021
Adios ríos, adios fontes
Adios rios, adios fontes,
Adios regatos pequenos,
Adios vista dos meus ollos
Non sei cando nos veremos.
Miña terra, miña terra,
Terra donde m' eu criey,
Ortiña que quero tanto,
Figueiriñas que prantey.
Prados, rios, arboredas,
Pinares que move ó vento,
Paxariños piadores,
Casiña dó meu contento.
Muhiño d' os castañares,
Noites craras de luar,
Campaniñas trimbadoras
Dá igrexiña dó lugar.
Amoriñas d' ás silveiras
Qu' eu lle dab' ó meu amor,
Camiñiños antr' ó millo,
Adios para sempr' adios!
Adios groria! adios contento!
Deixo á casa onde nacin,
Deixo á aldea que conoço,
Por un mundo que non vin!
Deixo amigos por estraños,
Deixo á veiga pó lo mar,
Deixo, en fin, canto ben quero...
¡Que pudera non deixar!...
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
Mais son prob' e mal pecado,
A miña terra n' é miña,
Qu' hastra lle dán de prestado
A veira por que camiña
O que naceu desdichado.
Téñovos pois que deixar,
Hortiña que tanto amei,
Fogueiriña dó meu lár,
Arboriños que prantei,
Fontiña do cabañar.
Adios, adios que me vou,
Herbiñas do camposanto,
Donde meu pay s' enterrou,
Herbiñas que biquey tanto,
Terriña que vos criou.
Adios tamén, queridiña...
Adios por sempre quizais!...
Dígoch' este adios chorando
Desd' á veiriña do mar.
Non m' olvides, queridiña,
Si morro de soidás...
Tantas legoas mar adentro...
¡Miña casiña! meu lar!
Fragmento de “Castellanos de Castilla” na voz de Lucía González Castro (3º ESO). CPI Viaño Pequeno (Trazo). Día do Libro 2021
Castellanos de Castilla
Castellanos de Castilla,
Tratade ben ós gallegos;
Cando van, van como rosas,
Cando vên, vên como negros.
Cando foi, iba sorrindo;
Cando veu, viña morrendo;
A luciña d’os meus ollos,
O amantiño do meu peito.
Aquel máis que neve branco,
Aquel de doçuras cheyo,
Aquel por quen eu vivia
E sin quen vivir non quero.
Foi à Castilla por pan,
E saramagos lle deron,
Déronlle fel, por bebida,
Peniñas por alimento.
Déronlle en fin, canto amargo
Tén a vida no seu seo....
¡Castellanos, Castellanos!
Tendes corazón de ferro.
Ay! No meu corazonciño,
Xa non pode haber contento,
Qu’está de dolor ferido,
Qu’está de loito cuberto.
Morreu aquel qu’eu quería,
E, para min, n’hai consuelo,
Sólo hai para min, Castilla,
A mala lei que che teño.
Premita Dios, castellanos,
Castellanos que aborreso,
Que antes os gallegos morran,
Que ir a pedirvos sustento. (...)
Primeira parte de “Campanas de Bastabales” na voz de Lucía Parente Miramontes, nai de Raúl Ferreira Parente (3º ESO). CPI Viaño Pequeno (Trazo). Día do Libro 2021.
Campanas de Bastabales
Campanas de Bastabales,
cando vos oio tocar,
mórrome de soidades.
I
Cando vos oio tocar,
campaniñas, campaniñas,
sin querer torno a chorar.
Cando de lonxe vos oio,
penso que por min chamades,
e das entrañas me doio.
Dóiome de dor ferida,
que antes tiña vida enteira
i hoxe teño media vida.
Sólo media me deixaron
os que de aló me trouxeron,
os que de aló me roubaron.
Non me roubaron, traidores,
¡ai!, uns amores toliños,
¡ai!, uns toliños amores.
Que os amores xa fuxiron,
as soidades viñeron...
De pena me consumiron.
O que sei do silencio. Andrea Maceiras. Xerais
A min este libro gustoume moito xa que nos fala dun tema que por desgraza está moi presente na nosa sociedade e moitos nenos e nenas sofren moito por isto, así que podemos axudar a frear o acoso escolar moi coñecido como bullying.
O libro é moi fácil de ler ademais é bastante entretido. Cando o empecei a ler non quería parar xa que desexaba saber o final e cando o acabei de ler deume bastante pena, encantaríame que este libro xamais terminara.
O momento que máis me gustou nesta historia foi cando se resolve o conflito e Silke non lle garda rancor a Delia e a outras persoas. Eu pensaba que Silke se acabaría suicidando xa que teño visto por desgraza nas noticias que iso o fixeron moitos nenos e nanas que sufriron acoso, afortunadamente non o fixo .
Se tivera que describir este libro en só unha palabra sería: realismo, xa que pode ser unha historia real que pase en calquera colexio do mundo. Tamén describiríao coa palabra forza, porque por parte de Silke esta calidade aparece en moitas partes do libro.
Ana Señarís Veiras (3º ESO)
Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela 22 segundos, de Eva Mejuto (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2019). Realización youtubeira: Sonia Muíño Riomayor, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)