Gravación dun fragmento do poema “Airiños, airiños, aires” na voz de Andrés Sánchez (42 anos), pai de Nerea Sánchez Castro (3º ESO). Día de Rosalía 2023 no CPI Viaño Pequeno.
Gravación do poema “Castellanos de Castilla” nas voces de Valeria Grela Bello (3º ESO), súa irmá Érika (4º ESO) e súa avoa Josefa Andreo (57 anos). Día de Rosalía 2023 no CPI Viaño Pequeno.
Valeria Grela Bello (3º ESO) achéganos a gravación de “Adios ríos, adios fontes” nas voces de Izan Bello e Stefan Grela (8 anos), que cursan 3º de Primaria. CPI Viaño Pequeno.
O próximo día 23
de febreiro celébrase o “Día de Rosalía de Castro”, na data do
seu nacemento (ata hai ben pouco tiña o lugar o 24 e así figura
aínda en moitos libros, mais novos achados documentais demostraron
que nacera o día 23).
Como xa falamos nas
aulas o artigo “Matinando arredor de Rosalía”, escrito por Xosé
Pumar Gándara e que se pode ler nesta ligazón, afirma que: “María
Francisca Martínez, fiel serventa
da nai de Rosalía, que fixo de madriña no bautizo da nena, era
natural da aldea de Raíndo, na parroquia de San Xoán de Campo, no
Concello de Trazo”,
a
escasa distancia do actual CPI Viaño Pequeno.
Adiantándonos
ás actividades que faremos no centro nesta data, este xoves 16 de
febreiro, tivemos
unha saída didáctica de 2º e 3º da ESO para
realizar unha parte significativa do Roteiro
Rosalía de Castro “De Padrón polos Camiños”,
ben guiados polo especialista en Rosalía e en historia da arte,
ademais de escritor, Manuel Lorenzo Baleirón.
Percorremos
nunha andaina levadeira (non houbo moita queixa) os seguintes
lugares: Estatua de Rosalía, Casa na Rúa do Sol, Cemiterio de
Adinae
Casa-Museo de Rosalía, coñecendo diversos aspectos da súa
biografía e da súa obra literaria, mais tamén do seu home o
historiador Manuel Murguía e dos seus fillos, sobre todo de Ovidio, que foi un recoñecido pintor na súa época, e de Alejandra que foi
excelente no debuxo antes de o abandonar para coidar da súa nai
enferma.
A primeira das dúas
imaxes que acompañamos testemuña a nosa presenza no cuarto onde
finou Rosalía de Castro e onde pronunciou as súas célebres
palabras “Abride a fiestra, que quero ver o mar”, cando aínda o
Ulla era navegable e desde alí podían ollarse as velas dos galeóns.
E na segunda os
grupos de 2º e 3º da ESO aparecen diante da Casa-Museo de Rosalía,
acompañados polo escritor Anxo Angueira, actual presidente da
Fundación Rosalía de Castro, que casualmente se atopaba na casa
preparando as actividades dos próximos días e que nos saudou.
Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela A galera de Xelmírez, de Xabier Paz (col. Narrativa. Xerais, 2015). Realización youtubeira: Jorge Lavandeira Vilares, 4º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)
Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O Principiño, de Antoine de Saint-Exupèry. Tradución de Carlos Casares (col. Árbore. Galaxia, 2013). Realización youtubeira: Lidia González Rey, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)
Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O Principiño, de Antoine de Saint-Exupèry. Tradución de Carlos Casares (col. Árbore. Galaxia, 2013). Realización youtubeira: Diego Vásquez Fernández, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)
Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O Principiño, de Antoine de Saint-Exupèry. Tradución de Carlos Casares (col. Árbore. Galaxia, 2013). Realización youtubeira: Carla Caramés Rivas, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)
Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela A casa do medo, de Agustín Fernández Paz (col. Periscopio. Rodeira - Edebé, 2016). Realización youtubeira: Lucía Rey Martínez, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)
Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Lúa de Senegal, de Agustín Fernández Paz, con ilustracións de Marina Seoane (col. Sopa de Libros. Xerais, 2009). Realización youtubeira: Sofía Dafonte Pazos, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)
Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler do libro de relatos Exogamia 0.3, de Ramón Caride (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2011). Realización youtubeira: Laura Noya Sánchez, 3º ESO B, CPI Viaño Pequeno (Trazo)
Estes
contos gustáronme bastante, algúns máis que outros. Algúns eran
moi fáciles de ler, pero
outros custoume comprendelos a pesar de que tiñan un vocabulario
bastante fácil de entender.
Ao seren varios relatos nun só volume, é algo difícil de comprender,
pero vale a pena ler este
libro. Estes contos pretenden transmitir cousas importantes e necesarias como o problema
da contaminación mundial...
O
título do libro non entendo moi ben de onde vén, polo tanto non sei
dicir se é axeitado ou non.
Aínda así, se llo tiver que cambiar poríalle “Relatos variados”
porque non se me ocorre outra
cousa.
O
meu personaxe favorito foi o comisario Duarte, que atendeu á muller
que perdera a filla no relato
“Mnemotécnica”. É o meu personaxe favorito polo ben que
comprende a Lucía e pola calma
coa que lle explica todo o sucedido coa súa filla.
Non
lle cambiaría o final a ningún dos contos, paréceme que todos son
axeitados.
Esta
obra de Marina Mayoral, trata sobre un home, Luís, o cal é
drogadicto, debido a iso nin el nin
ningún dos personaxes teñen unha vida fácil e no libro cóntase que
é unha carga para todos
os do seu círculo.
Nesta lectura podemos empatizar con todos os
personaxes, porque ten
varios puntos de vista da historia principal e isto axúdanos a que
nos interese máis a narración
e poder entender a situación e o papel de cada un.
Falando da miña
opinión persoal, a
min gustoume moito este libro. A forma na que está estruturado e
narrado fixo que a historia
me atrapase e desta forma incitarme a seguir lendo para saber como
transcorre a historia.
Creo que os personaxes ademais de ser para min o mellor do libro,
están moi logrados
debido ao realismo que destaca neles e iso fai que te poñas nas súas
situacións de forma
inconsciente.
Xa postos a falar dos personaxes contarei un breve
resume dos que a min
me parecen máis relevantes e a miña forma de velos e interpretalos.
Rosa
é a nai de catro fillos, entre eles Luís e ela é a representación
do inxusta que pode chegar
a ser a vida e a desproporción entre o que un dá e o que recibe.
Alberte,
un dos irmáns de Luís, representa a ideoloxía de que se non miras
por ti ninguén máis o
fará.
Luís
simplemente é un home sen remedio, vese nel que quen non coida de
si mesmo non vai coidar
dos demais. El é unha carga para os que o rodean, aínda que no
fondo sexa unha persoa
de bo corazón, e aí é onde se ve que, para os ollos dos demais o
importante non é o interior,
se non o que se dá a mostrar.
Finalizando
a valoración persoal engado que é moi fácil de ler porque se le
moi rápido e ten un vocabulario
que se entende á perfección e por todo iso recoméndoo moito.
Este
libro trata un tema moi interesante, dunha maneira diferente e
entretida xa que non se fai nada pesado contar a mesma historia dende
tres puntos de vista diferentes. Normalmente, cando se cruzan tres
historias, son difíciles de entender, mais neste libro non foi así.
O meu personaxe
favorito foi Lola, porque é moi valente e arríscase por algo que
non é no seu beneficio. Ademais diso, esta historia foi baseada en
feitos reais. As tres irmás existiron na realidade, e a rede na que
colaboraron tamén. Esta rede salvou a máis de 500 persoas do
Holocausto.
O final sorprendeume moito e encantoume, non llo cambiaría para
nada. O título tampouco llo cambiaría, paréceme totalmente
axeitado xa que concorda coa historia totalmente.
Resultoume moi fácil de ler e paréceme que ten un vocabulario
sinxelo xa que non usa palabras pouco comúns para contar a historia.