A min este libro A
casa dos Lucarios non me gustou moito, collino polo breve que era pero non
engancha e non te mete na lectura coma outros máis longos.
O que máis me gustou foi cando Chicho discutiu co
cura, e o que menos é que hai moitos personaxes e pérdeste.
O libro é dificil de resumir e bastante aburrido
porque a min parécenme algo aburridos os libros que contan como se vivía
antigamente, a min gustanme máis os de acción.
A pesar diso gustoume lelo e saber como vivían
antigamente.
Gustoume tamen o título do libro porque che dá intriga
de como vai a ser a historia.
Eu recomendo este libro porque é bastante interesante,
si o colledes pois lédeo con tempo e non ás présas porque senón non vos ides
enterar de nada.
Martín Rouco Casal (3º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario