Cando pillei o libro pensei que era só un conto e
non varios contos nun mesmo libro. Nunca lera un libro con varios contos dentro
pero a verdade é que non me disgustou xa que pensaba que ía a falar da vida de
algunha rapaza en particular.
Non cambiaría nada do libro, secadra algún final que
non é o que esperaba, coma no conto “Dúas rosas murchas” que pensaba que o
rapaz que estaba morto ía resucitar de entre os mortos pero ao final non foi
así.
En cada conto hai momentos que son importantes para
que o conto acabe da maneira que acaba.
O vocabulario é fácil, non ten moitas palabras
raras, algunhas si, pero busqueinas no dicionario e xa entendía o significado.
Non hai máis cousas asi que teña que contar. Non
recomendo este libro para rapaces.
Adrián Ríos González (3º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario