Este libro a min persoalmente non me gustou moito
dado que é un libro de ficción combinado cun libro de piratas e a min isto
paréceme una mala combinación que non se debe facer. Tamén ten un final aberto,
cousa que tampouco me gusta. Pero polo resto é bastante entretido.
A parte que máis me gustou é cando João se enfada co
dono das mil mulleres dado que nunca as tocaba, foi una parte moi graciosa.
O libro non ten ninguna dificultade para lelo e a
linguaxe é fácil de entender.
Eu recomendo este libro a persoas ás que lle gusten
as historias polo entretidas que son e non porque teñan lóxica, porque se lle
buscas a lóxica non lla encontras.
Tomás Beiras Rivas (3º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario