Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



xoves, 11 de decembro de 2014

Andel de Libros (VI): Unha presa de terra, de Marilar Aleixandre



Este libro gustoume moito porque é un libro detectivesco e bastante entretido. O único que lle reprocho é que sexa un final tan obvio e que se saiba xa dende o principio, pero polo resto está ben porque é un libro fácil de ler e que te engancha, non polo final pero por saber que vai facer a rapaza para descubrilo ou como o vai facer. 

Os personaxes son todos moi carismáticos e con moita personalidade, e estes reflicten moi ben a vida real e como son os veciños. O momento que máis me gustou foi cando o policía se equivoca de culpable e a detective acerta.

A linguaxe pareceume moi sinxela e adaptada para todos os públicos.

Recoméndolle este libro aos rapaces que lles gusten os libros de misterio, pero que tampouco se queiran matar a pensar como e quen o faría.

Tomás Beiras Rivas (4º ESO)

Este libro, a min persoalmente gustoume moito, porque é de misterio, e todo o relacionado con ese tema encántame. Tamén me gustou porque é moi fácil de ler, e non te perdes polo medio.

A escena máis importante penso que foi cando Pepe estaba a piques de tirar a Ana polo balcón, e de súpeto apareceu Silvia cunha pistola na man, e disparoulle no xeonllo ó home. Penso que é moi importante, porque foi cando se descubriu quen fora o asasino, e tamén porque lle salvaron a vida a Ana.

O tema é moi emocionante, porque non podes parar de lelo unha vez que empezas, e queres saber como vai acabar todo.

Non faría ningún cambio, gústame tal e como está. E en canto ó novo final, prefiro o do libro.

A lingua foime moi fácil de entender, aínda que había algunhas palabras que non sabía o seu significado, pero sacábanse facilmente polo contexto.


Este libro recomendaríallo a toda a xente, que lle guste ler, porque engancha moito, e é moi entretido.

Jennifer López Becerra (4º ESO)

A min este libro pareceume unha boa maneira de lle mostrar ao mundo a violencia de xénero, xa que todos os días aparecen mulleres mortas a mans das súas parellas ou exparellas. Por outro lado tamén mostra que as persoas non nos podemos fiar das aparencias xa que nos poden enganar. 

É unha obra xuvenil. O que máis me gustou do libro é cando Ana empeza a investigar o caso, xa que ten a sensación de que anda dando os mesmos pasos que xa deu a policía, sen obter ningún resultado. 
Por outra banda o que menos me gustou do libro é a parte do principio xa que ten moitas descricións e se non tes interese por ler o libro non che vai a gustar nin un pouco.

Con respecto a lingua é moi comprensible e fácil de ler.

En xeral a min gustoume moito e recomendaríalle a xente que o lese xa que é moi entretido e unha vez que comezas a lelo non paras ata que o terminas.

Miriam Baleato Fraga (4º ESO)

Ningún comentario: