Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



xoves, 11 de xuño de 2015

Andel de Libros (XXXVII): Formigas, de Tucho Calvo



A min este libro gustoume moito xa que é un libro de  medo e gústanme ese tipo de libros. Tamén me gustou moito porque é un libro fácil de entender e ten un vocabulario doado de comprender, non o ten rebuscado como outros libros. Tamén me gustou porque se le moi rápido e ten moi poucas páxinas.

A escena que máis me gusta foi a do final, cando deciden acabar con todas as formigas con gasolina para que non houbera máis mortes. Non houbo escenas que non me gustasen, xa que é un libro moi curto, gustoume todo o seu contido, o comezo o final,e  o único que faría sería aumentarlle os personaxes xa que me parece que ten moi poucos.

Recomendaríalle este libro a xente de máis ou msnos 15 anos e que lle gusten as historias de medo porque este libro pódese considerar dese estilo.

Manuel Vázquez Noya (3º ESO)

A min este libro non me gustou, porque esperaba que en certos momentos da trama houbese máis tensión e que pasase algo máis de medo. Outra cousa que non me gustou do libro é que me resultou bastante difícil de entender tanto polo vocabulario que en como a forma de relatar as cousas.

Aínda así é un libro que se pode ler en pouco tempo, e recoméndollo á xente que lle guste ler en xeral, pero sobre todo a quen lle gusten os libros de fantasía.

Para min un dos momentos máis importantes do libro foi cando Lola atopou ó Maragato morto na casa, que era o home que lle falaba do problema que lles estaban a supoñer as formigas, porque aí déronse conta de que non lles estaban a mentir e que tiñan que facer algo urxentemente.

O final que ten non me gustou porque é bastante difícil de entender. A min gustaríame máis que Lola e máis o protagonista se tivesesn que enfrontar ás formigas doutro xeito, e que non tivesen que queimar o monte. O bo do final é que todo volveu á normalidade e todos volveron a ser felices na súa aldea que xa non estaba tan asolagada.

Adrián Landeira Pose (3º ESO)

Ningún comentario: