Cyrano de Bergerac. Edmond Rostand (Adaptación: Paulino Pereiro e Francisco Pillado), Baía Edicións
Esta obra é
dramática, xa que hai escenas alegres e hai outras que son máis tristes, e
tamén é moi interesante esta historia, aínda que non está baseada en feitos
reais é unha historia totalmente realista, que lle pode pasar a calquera.
Para min a escena máis importante foi cando Cristian e Cyrano pactaron, que Cyrano escribiría os versos de amor para Rosana e Cristian sería a súa tapadeira, aínda que Cyrano preferiría entregarllas el, pero polo seu descomunal nariz, non podería ocorrer, xa que a Rosana non lle atrae para nada.
A min en xeral o teatro non me gusta para ler, porque me custa moito comprendelo, xa que se hai que poñer no lugar de cada personaxe unha e outra vez, e sobre todo ao principio, que aínda non se sabe moito dos personaxes.
O vocabulario é
fácil de comprender, aínda que hai palabras que quizais xa non se usen coma
antes, polo contexto acábase entendendo o que quere dicir.
O final é axeitado,
a min gustoume moito xa que acaba como eu quería que acabara, contándolle toda
a verdade a Rosana. Sinto facer "spoiler".
Laura Pena Gutiérrez (4º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario