Este libro non é algo que impresione moito, xa que é unha
historia bastante curta, non chega ás cen páxinas, pero a pesar disto é un
libro moi intrigante, abafante e misterioso, o cal fai que me entretivera moito
lendo esta historia e deume a oportunidade de encariñarme cos personaxes
principais do relato.
Non puiden parar de ler o libro, porque non me quería
quedar coa intriga de non saber que pasaba na seguinte páxina.
Algo que non me gustou deste relato, aínda que sexa un
pouco estraño, foi que o protagonista se obsesionara tanto con esa familia ata
o punto de só dedicarse a investigar sobre eles, gustaríame que tamén lle dedicara
algo de tempo ás súas amizades mentres investiga sobre a familia.
O final do libro pareceume moi arrepiante, inesperado e
terrorífico, xa que me parece que ao lector lle podería sorprender bastante esa
escena no momento de estar lendo.
En xeral o libro gustoume bastante, aínda que haberá
libros mellores.
Laura
Sánchez Liste (3º ESO B)
Ningún comentario:
Publicar un comentario