martes, 22 de novembro de 2011
luns, 21 de novembro de 2011
domingo, 20 de novembro de 2011
O atractivo Corto Maltés
Non deixedes de botarlle un ollo a esta web. Nela, dun xeito interactivo, podedes coñecer máis datos sobre Rasputín, o mellor amigo de Corto. Estes datos aclaran o inicio da súa relación, que nos resultaba tan extraña, dado o repulsivo comportamento que Rasputín desenvolve. Tamén aparecen outros personaxes dos que comentamos longamente na reunión.
Web do Corto Maltés en español: http://dreamers.com/corto
Tamén debatiamos sobre a orde de publicación dos libros. Podédela consultar nesa mesma web, aínda que unha máis clara ordenación e clasificación podédela atopar na entrada da Wikipedia sobre Corto Maltés: http://es.wikipedia.org/wiki/Corto_Malt%C3%A9s
Por último, para aquel@s que teñades ganas de coñecer máis sobre o mundo de Corto, atopamos esta presentación sobre o personaxe de Hugo Pratt no Youtube. Trátase dunha reflexión destacando a súa rebeldía e inadaptación como principio vital, o que o convirte nun personaxe case romántico, desafiando ás normas establecidas. Aquí:
http://youtu.be/zK8m_Bp62z4
Foto vista na Web de Corto Maltés en español : http://dreamers.com/corto
venres, 18 de novembro de 2011
Tempo de setas, castañas e contos.
O outono está a traernos a Trazo moi bos momentos compartidos con xente que nos visita. Hoxe tocounos doblete.
Pola mañá, José María Costa, experto en setas, fungos e cogumelos de todas as especies, cores e tamaños quixo compartir connosco os seus coñecementos. Esta charla acompaña a exposición sobre este tema que está a organizar o profesor de Física e Química, aínda que sabemos que o contacto co experto na materia veu dado polo profesor de Lingua e Literatura Galega (xa dicíamos no inicio do curso que os novos viñan pisando forte este ano). Abraiad@s quedamos con tanta sabiduría "seteira" e moi moi agradecid@s por terse achegado ata o centro para contárnola. Para @s que queirades saber máis, na biblioteca dispoñemos dun par de libros/guía sobre setas, un deles do propio José María Costa. Para el vai adicado este curioso vídeo coñecido co nome de "baile de setas", aínda que sabendo case todo sobre elas, seguro que xa o coñece. Aparece na película Fantasía, saída da factoría Disney en 1940. O balet interpreta a Danza Chinesa de "O Quebranoces" de Tchaikovsky. O profe de música ben pode correxirnos se nos trabucamos nalgún destes datos.
Pola tarde celebramos o tradicional Magosto ao que todos os anos acoden ex-alumn@s que din que nos botan de menos. Parece que non hai como marchar de Viaño Pequeno para decatarse do ben que se vive aquí. Moitas grazas a tod@s pola visita. Moitas grazas a tod@s @s que colaborastes para que un ano máis o Magosto saíra adiante.
Tamén tivemos unha visita ben especial a semana pasada. Tim Bowley e Charo Pita fixéronos pasar un moi bo rato cos seus contos en versión Inglés/Galego. Escoitamos contos recollidos nas tradicións de diversas partes do mundo e disfrutamos da "contada". Podedes coñecer máis sobre a obra de Tim, pois mercamos un dos seus libros para a Biblioteca. Para @s que non viñestes, así presentan o seu espectáculo nun recoñecido local de Compostela, onde actuaron recentemente:
"Tim, presentó por primera vez sus cuentos en España en el pub Atlántico en el año 97, de la mano de su traductora Casilda. El éxito fue tal que se instaló definitivamente aquí desde el año 98. Desde entonces, recorre escenarios y festivales de todo el mundo, y tiene publicados varios libros.
Su repertorio es propio de la tradición oral de varias culturas del mundo: leyendas del Rey Arturo, cuentos de hadas europeos, historias celtas, relatos de los indios americanos, cuentos sufíes y de origen Zen, entre otros.
Desde hace unos años Tim, comenzó a contar con su nueva traductora, Charo Pita. Tim cuenta en inglés y Charo hace traducción simultánea. Una extraordinaria forma de contar, en la que dos voces en dos lenguas se entrelazan para enriquecer una historia de matices, de ecos. No es un narrador y una traductora: son dos cuentistas contando un mismo cuento, dos voces enredadas en una palabra. Un ejercicio difícil pero, cuando está bien preparado, como es el caso, un alarde de compleja sencillez. "

Vídeo visto no Youtube : www.youtube.com
xoves, 17 de novembro de 2011
A última víctima da violencia machista tan só tiña 17 anos

Da igual se eres rapaz ou rapaza.
Non uses a manipulación, a chantaxe.
Non permitas que che manipulen ou chantaxeen.
Di NON á violencia na parella.

Foto vista en http://www.notiactual.com
Novas sobre Os Xeitosos
O dia 27 de novembro Os Xeitosos participan na XII xornadas de Danza e Música tradicionais Galega 2011 en Vigo.
É un concurso no que os Xeitosos participan por primeira vez, nestes días previos @s nos@s alumn@s e ex-alumn@s están a traballar moi duro para preparar os bailes que van levar. Se hai alguén interesado en acompañal@s e animal@s, sabede que a entrada é gratuita.
A continuación podedes ver o programa enteiro que recollemos na páxina web do Concello de Vigo (http://www.vigocultura.org)
Danza. XII Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas
O domingo 27 de novembro terá lugar no Centro Cultural de Valadares o final das XII Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas coa participación de:
- Andarela de Vigo
- Trebede de Marín
- A Buxaina de Coruxo (Vigo)
- Os xeitosos de Trazo (A Coruña)
- Xirandola de Bandeira (Silleda)
- Colexiata do Sar (Santiago)
- Traspes de Vigo
Gupo convidado:
- Dúo de gaita e piano
- Jose M. Fernández Gutierrez "Guti"
- Jesús A. Arévalo Manzano
Data: 27/11/2011 19:00
Organiza: Concellería de Cultura e Festas coa colaboración da Asociación Cultural Interfolc
Lugar: CCAR DE VALADARES. Estrada Xeral Valadares, 261. Telf: 986 467053
Acceso: Gratuíto
martes, 15 de novembro de 2011
E ti...es o bastante home?
A noticia completa, con fotos, aquí:
http://blogs.elpais.com/mujeres/2011/11/ponte-en-sus-tacones.html
Conta de Libros (I): Xoel, Isabel-Clara Simó

Neste apartado da bitácora da Biblioteca do CPI de Trazo o alumnado de terceiro e cuarto da ESO realizará breves recensións sobre as súas lecturas para a materia de Lingua e Literatura Galega.
Xoel, Isabel-Clara Simó. Col. “Fóra de Xogo”, Xerais
Xoel, Isabel-Clara Simó. Col. “Fóra de Xogo”, Xerais
A min este libro ao principio non me convencía, pero pouco a pouco funme enganchando, xa que me encantaban as historias que lle pasaban a Xoel, sobre todo algunha experiencia que me ten pasado a min ou que ao mellor me pasará, nesas nas que sentes o perigo e non paras de rir. Tamén me gustou este libro polo afán de superación de Xoel, e as historias de amor. E sobre todo porque é un libro moi xuvenil e usa unha linguaxe moi coloquial. Aínda que hai partes que me atraían máis para ler que e outras que menos como o seu afán por debuxar. En xeral foi un libro moi interesante, ben relatado e divertido.
Verónica Barreiro Calviño (3º)
O momento máis importante para min foi o momento en que se coñeceron Marta e Xoel. Xa que logo Marta namorouse de Xoel e envialle a carta para coñecerse mellor.
A min o libro interesoume porque, me pareceu un libro no cal os protagonistas saben como superar os seus problemas e coñecer a xente que os poida axudar en todo momento. Pero a razón máis importante polo que me gustou foi, a historia de amor entre Marta e Xoel e os problemas que teñen.
Só faría un pequeno cambio no final, para que non fose tan aberto.
A lingua non é un problema para comprender a historia e o argumento principal.
Tamara Muíño Bello (3º)
A min o libro de Xoel gustoume bastante, porque ten algunhas anécdotas que lle pasaron ó protagonista como a morte de súa nai e do can, como coñeceu a Marta a través dunha antiga compañeira de clase de Xoel, tamén aprender a ler os beizos… e tamén o que é pasar por una enfermidade tan dura que non podes facer nada, é dicir; que non podes estar moito tempo ó sol, non podes facer exercicio…
En fin o libro gustoume e recomendo a quen o queira ler e que dean o paso de lelo porque como a min me gustou, tamén lle gustaría como a min o incluso máis que a min.
Lucía Andrade Castro (3º)
luns, 14 de novembro de 2011
E ti...como amas?

"O estar namorad@s en ocasións fai que nos perdamos un pouco e que non nos decatemos de que exercemos a violencia ou somos víctimas dela (...) Algúns síntomas que indican que unha persoa é violenta son: cando non pide desculpas á súa parella tras ser @ culpable, obxectivamente, dun problema, cando non recoñece as cualidades da parella, cando lle monta escándalos en público ou en privado, así como sentimentos de lástima (victimización) e tratos crueis aos animais."
Visto en Facebook: "La violencia no es un juego"
mércores, 9 de novembro de 2011
Repasando a aplicación da actual Lei da Violencia de xénero
martes, 8 de novembro de 2011
Reflexión sobre as mulleres que amamos
(Manuel Vilas, Resurrección, 2005)
Visto en http://menosquemarx.blogspot.com/
luns, 7 de novembro de 2011
Gaña un libro coa biografía de Berrogüetto
A Editorial Galaxia vén de convocar un concurso de microrrelatos na rede para textos de tan só 11 palabras, como homenaxe ao grupo folk Berrogüetto.
Velaquí as bases da convocatoria:
O vindeiro venres 11 do 11 do 11 presentaremos na Cidade da Cultura de Galicia o libro, escrito por Fernando Neira, cun CD e un DVD en directo e un tema inédito e limiar de Manuel Rivas, 'Berrogüetto, o pulso da terra', a súa biografía oficial na que se repasan quince anos de carreira.Co gallo desta importantísima novidade editorial propoñemos, a partir do noso facebook e twitter, un concurso de microrrelatos no que todos e todas poden participar enviando un texto no que haberá que empregar, obrigatoriamente, once palabras, das cales tres deben ser BERROGÜETTO, PULSO e TERRA.Un exemplo: 'A terra quixo botarlle un pulso ao pentagrama: daquela, naceu Berrogüetto'.Dende hoxe mesmo convídase aos internautas a enviar as súas propostas, vía facebook (Falamos de libros) ou twitter (@edgalaxia). A que máis guste ao xurado, no que estarán membros do grupo e da editorial, recibirá como agasallo un exemplar do libro co CD e o DVD asinado polos sete membros do grupo e polo autor do libro.Anímate a escribir. Só son once palabras.O fallo darase a coñecer, como non podía ser doutro xeito andando polo medio os Berrogüetto e a importancia que sempre lle deron aos números, ese 11 do 11 do 11.
(Fontes: youtube para o video musical e blogue da Editorial Galaxia)
venres, 4 de novembro de 2011
Hoxe celebramos o Día da Ciencia en galego
Entre outras actividades, o alumnado de Secundaria foi repartido en grupos para a elaboración de prácticas curiosas e divertidas no laboratorio e outras aulas. Algúns dos experimentos foron realmente asombrosos. A algúns e algunhas quedounos a cara do alumno da imaxe diante dos efectos "físicos e químicos" que estabamos a presenciar.
Noraboa ao profesorado do Departamento de Ciencias e do Departamento de Física e Química por botar a andar esta iniciativa.
Queres contarnos como foron os experimentos? Cal foi o que máis che gustou? A nós chamounos especialmente a atención o do vinagre misturado con bicarbonato en efervescencia. Nunca tal víramos! . Cando nós estudiabamos, non se facían estas cousas!
Os teus comentarios teñen moito VALOR
Xa chegou Novembro e con el boas novas dende a biblioteca.
Queremos incentivar a participación do alumnado no blog. Queremos que comentedes, opinedes, cuestionedes...todo o que aquí vamos colgando. Todo o traballo que dende aquí facemos está pensado para vós e por vós. Quixéramos tamén facelo "CON VÓS".
Para iso, queremos continuar cunha labor comenzada o ano pasado e desenvolvida polo alumnado de 4º ESO, organizándose en grupos pequenos: entrevistas a ex-alum@s, entrevistas a profesor@s (proxecto que se quedou neso, nun proxecto), crónicas sobre a Liga de Fútbol Sala do cole, crónicas sobre o Trazo F.C., opinións sobre libros, artigo sobre os Xeitosos de Trazo, artigos varios sobre cousas que vos interesen... Pasade pola biblioteca e falade con Asun, ou ben, enviade as vosas propostas (enlaces, noticias interesantes q vedes por aí, opinións sobre os contidos do blog...)Toda colaboración será benvida e celebrada.
Ademais, imos premiar este trimestre a aquel@s alumn@s que fagan máis comentarios (con xeito) no blog. Os comentarios podédelos facer abaixo de cada noticia que colgamos. Xa hai moitas colgadas este curso, botádelle un ollo, e iremos colgando máis. Á dereita, abaixo, tedes as etiquetas cos temas que fomos tratando. Hai de todo, para todos os gustos e afecións. É moi fácil comentar. A lista dos que máis comentan podédela ver no blog, á dereita. Conforme vaiades comentando a lista irase renovando e os situados nos primeiros postos obterán un "detalliño/regaliño/premio"(e digo "-iño" porque xa sabedes que andamos con recortes e con crise), en Decembro, antes de marchar de vacacións.
Animádevos, porfa, que a veces temos a sensación de que ninguén de vós nos le :(
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)