xoves, 25 de febreiro de 2016
xoves, 18 de febreiro de 2016
La vida detrás del escritor. Antonio Machado.
"Me gustó mucho cómo cuidó a su mujer cuando le diagnosticaron tuberculosis, paseando en el carro. A él le dicen que no se acerque mucho a ella porque le puede pasar la tuberculosis, pero él no les hace caso y sigue con Leonor hasta que se muere. Me gustó que fuese fiel a su pareja, porque Leonor fue su único amor" comenta Sergio.
"Me llamó la atención que con 35 años se casase con una niña de 15 años. También me fascinó que él quería morir con Leonor, porque era su gran amor (Leonor murió de tuberculosis)" comenta Manuel.
Si sentís curiosidad por ver el vídeo, sobre Antonio Machado, que vimos en clase, que dura unos diez minutos, aquí os lo dejo:
"No sabía que aún estaban vivas tantas personas cercanas, como su sobrina (...) Me ha parecido muy bonita la frase que ha dicho junto al olmo" comenta Daniel.
Explicamos "la frase que ha dicho junto al olmo" tal y como nos la cuentan en la página web Antonio Machado en Soria
El poema ” A un olmo seco”, creado por Antonio Machado, en la primavera de 1912 en Soria, es un viaje a la esperanza, para la recuperación de su mujer Leonor, con quien pasea cada día en busca del aire puro soriano. Tres meses después la joven esposa hará su último viaje, y el poeta cambiará de destino para siempre.
Aquí el poema completo y un buen comentario sobre el mismo
Balda de Libros (XXX): Cando petan na porta pola noite, de Xabier P. DoCampo
Este libro gustoume
moito principalmente porque ten uns finais desgrazados que fan que as historias sexan máis interesantes. Por
exemplo no primeiro conto un home que mata a un ferreiro pensando que este o
queimara a propósito para que foran idénticos e despois ten que quedar
usurpando a vida do ferreiro.
O conto que máis me gustou foi o terceiro porque
fala da vida entre o avó e o seu tan apreciado neto polo que faría o que fose.
Pola contra o conto que menos me gustou foi o cuarto xa que relata unha
historia moi aburrida na que sempre se fala das mesmas cousas.
O libro ten un
vocabulario bastante fácil de entender, aínda que haxa algunha que outra
palabra que non se entenda como por exemplo poxigo, zafras, tempas,…
Este libro
recomendaríallo aos rapaces e rapazas un ano ou dous máis pequenos ca min aos que lles gusten os
libros de intriga/medo e porque para a miña idade penso que estaría mellor
outros libros que dean máis medo.
David Boo Noya (3º
ESO)
É un libro que
me gustou moito. Conta historias de medo e de misterio á mesma vez. Estes
libros nos que hai intriga e misterio son os que cando les se che fan moi
pequenos e quedas coas ganas de máis.
Cando a vella está a medio queimar e se
levanta dá un pouco de medo, pero ese fragmento foi o que máis me gustou de
todo o contido do libro.
O personaxe que máis me gustou foi o cumpremortes
porque aínda que sabía que ía morrer fixo todo o que estivo mas súas mans para saír adiante.
Cambiaríalle o final, no fragmento da vella poñeríalle que os tres homes foron á casa dela para escarmentala, a vella estaba na cama, eles ían coa cabeza tapada e ela levou moito medo. Dende ese día todos os veciños xa se levaban ben coa vella, e ela con eles.
Recomendaríallo a quelas persoas que lles gusta o misterio ou os relatos de
medo.
Brais Bouzas Leis (3º ESO)
martes, 16 de febreiro de 2016
Comentando algunas leyendas de Bécquer
Por José Barreiro Hernández de 4º de ESO
La voz del silencio
La voz del silencio
Me gustó la lectura, ya que es un relato breve y de misterio. Es muy corto, pero tiene el mismo misterio que pueden tener otros libros mucho más largos.
Algunas sensaciones a lo largo de la lectura han sido:
- Misterio: Cuando se giró y vio que nadie se encontraba con él en las calles.
- Rabia: Cuando el hombre deja encerrada a la mujer en casa.
Me llamó la atención que dibujara una silueta de una mujer cuando no sabía quién le hablaba.
Mi cita favorita es esta:
“¿Qué misterio hay en tus palabras confusas, en tus débiles quejas, en tus armoniosas y extrañas canciones?”
La escogí porque es la frase perfecta que resume, en parte, el libro, y con ella, se puede hacer una segunda parte.
La cueva de la mora
Me gustó la lectura, aunque no me suelen gustar las historias que tratan sobre el amor. Esta me gustó porque la mora ayudó al cristiano y porque me recordó un poco a Romeo y Julieta. Se lo recomendaría a todo el mundo.
Me produjo sensaciones de respeto (hacia el cristiano, que vuelve a la guerra para conquistar a la mora.) y temor (ya que yo, personalmente, no quería que la mora muriese, al ir a llenar el casco de agua) Esta cita recoge el momento en que la mora, aún sabiendo que iba a morir, por amor fue a por agua al río: “Sin embargo, no vaciló un instante y, tomando el casco del moribundo, se deslizó como una sombra por entre los matorrales que cubrían la boca de la cueva y bajó a la orilla del río.”
El Cristo de la calavera
Me encantó este relato porque al final, los jóvenes mantienen su amistad. Me gustó cuando vieron al amante de Doña Inés y los dos se pusieron a reír. Es fácil de leer y muy entretenida.
Me hizo gracia cuando ambos vieron al amante de Doña Inés, aunque sentí angustia al principio por ver quién de los dos ganaba el combate y por saber a quién elegiría Doña Inés. Si eso sucediera, hubieran perdido su amistad y el amor de la hermosa dama.
Destaco esta cita porque es cuando ambos se ríen de Doña Inés y de su amante:
“… y se hubieran de encontrar con una cara de asombro, tan cómica, que ambos prorrumpieron en una ruidosa carcajada…”
Esta lectura me gustó mucho a pesar de ser un relato largo, porque tiene misterio, acción y terror. Me gustó mucho la parte en la que el alcalde le sacaba el casco al hombre y estaba la cara de San Bartolomé con el 666 en la frente.
La sensación de misterio está presente en casi todo el relato, pero más cuando levantaron el casco del hombre por primera vez. Y pasa a ser de terror cuando, la segunda vez que levantaron el casco, era la cabeza de San Bartolomé con el 666.
Esta cita es el momento cuando el título tiene sentido, y la armadura del hombre se convierte en una cruz:
“…consiguieron, por último, vencer al espíritu infernal, y la armadura se convirtió en una cruz”
Balda de Libros (XXIX): Poderosa, de Sérgio Klein
Poderosa. Sérgio Klein. Xerais
Un libro moi entretido!
Irene Noya González (3º ESO)
Nerea Portos Balsa (3º ESO)
Para o meu gusto o mellor momento deste fragmento resulta ser cando Joana viu a súa avoa mais a Guto bicándose porque Guto era o mozo que lle gustaba a nosa protagonista, Joana. Paréceme que o tema está ben escollido xa que así ten moitas oportunidades de tema sobre Joana, os mozos, os problemas na casa, a súa avoa Nina, o centro de beleza...
Eu creo que se desenvolve bastante ben este libro, xa que non se enreda moito nin se queda curto á hora de explicar calquera cousa.
A min gustoume moito o final porque non me esperaba o que Junior fixo, é dicir, acaban saíndo con Joana, porque fora el quen lle mandara as cartas. E ela pensaba que era o rapaz que lle gustaba ao comezo do libro, que era o que menos esperaba que fose, Junior.
Pareceume que a lingua que escolleron, moi coloquial, resulta fácil de entender aos rapaces e rapazas da miña idade.
Adrián Brea Martínez (3º ESO)
Gustoume moito este libro porque mostra o poder que teñen as palabras aínda que sexa dunha maneira esaxerada e con maxia polo medio.
O momento máis importante do libro penso que é cando Joana non fai caso do que lle din os demais e segue lendo a súa redacción de Xoana de Arco e lea de todas maneiras, ainda que non sexa unha redacción tradicional.
Non faría moitos cambios no desenvolvemento pero si algún, como que Joana tivera o valor para enfrontarse a Dany e poñela no seu sito dunha vez por todas. Non cambiaría o final pois é un perfecto exemplo de que ainda que as cousas ao final non saen como as tiñas planeadas poden ser tan boas ou incluso máis.
Penso que é un libro fácil de ler , xa que o seu vocabulario non é moi difícil e conta as cousas de maneira sinxela e directa.
Recomendaríalle este libro ás persoas ás que lle gusten os libros realistas pero cun toque de fantasía e de humor, á vez que critica as situacións da vida real.
Olaya Dubra Boquete (3º ESO)
A historia que
conta o libro está xenial e, para min, non cambiaría nada da historia. Estou
segura de que, se cambiara algo, xa non me gustaría tanto.
Non atoparía
ningún momento que non me gustase, xa que a historia realmente gustoume moito.
Así que, pódese dicir que non teño ningún momento que non me guste.
A mellor parte é
cando Júnior fala con Joana e acaba dicíndolle que el é o autor das notas que
ela recibe. Foi un momento que non me esperaba! Pero creo que foi unha escolla moi
axeitada.
As personaxes
están moi ben elaboradas. Gustoume o xiro que tornaron as cousas con respecto
ao triángulo Guto-Joana-Júnior. Realmente sorprendeume.
É un libro moi
bo, narrado dunha forma moi sinxela, que fai que a lectura sexa máis levadeira.
Sen dúbida, o libro lino moi rápido grazas á forma na que o autor o narra.
O vocabulario do
libro é un pouco difícil, xa que había palabras en portugués, o que fixo que o
dicionario estivese ao lado durante a lectura.
Recomendaría o
libro a rapaces e rapazas da miña idade, xa que creo que lles pode gustar este
libro.
Un libro moi entretido!
Irene Noya González (3º ESO)
Para min, o
momento máis importante é cando Salete lle di a Joana que é poderosa porque a
partir de aí, todo o que Joana escribe faise realidade. O momento que menos me
gustou foi cando o pai de Júnior vai á casa de Salete e mata ao can do rapaz,
aínda que tamén foi moi emocionante porque despois Salete chama a Joana e a
rapaza descobre que é moito máis poderosa do que pensaba xa que, pode revivir a
seres vivos.
Este libro
gustoume moito e desfrutei coa súa lectura porque case sempre pasan cousas.
Aínda que esta historia non é das miñas preferidas, porque a min gústanme as
historias de misterio, e esta é de
aventuras con algo de fantasía, pareceume moi boa.
Os personaxes, polo menos
para min, son bastante cómicos, sobre todo o pai cando se pon en modo romántico
grazas a súa filla.
Recomendaríallo
aos rapaces e rapazas máis ou menos da miña idade porque a protagonista da
historia tamén é unha adolescente.
Para o meu gusto o mellor momento deste fragmento resulta ser cando Joana viu a súa avoa mais a Guto bicándose porque Guto era o mozo que lle gustaba a nosa protagonista, Joana. Paréceme que o tema está ben escollido xa que así ten moitas oportunidades de tema sobre Joana, os mozos, os problemas na casa, a súa avoa Nina, o centro de beleza...
Eu creo que se desenvolve bastante ben este libro, xa que non se enreda moito nin se queda curto á hora de explicar calquera cousa.
A min gustoume moito o final porque non me esperaba o que Junior fixo, é dicir, acaban saíndo con Joana, porque fora el quen lle mandara as cartas. E ela pensaba que era o rapaz que lle gustaba ao comezo do libro, que era o que menos esperaba que fose, Junior.
Pareceume que a lingua que escolleron, moi coloquial, resulta fácil de entender aos rapaces e rapazas da miña idade.
Adrián Brea Martínez (3º ESO)
Gustoume moito este libro porque mostra o poder que teñen as palabras aínda que sexa dunha maneira esaxerada e con maxia polo medio.
O momento máis importante do libro penso que é cando Joana non fai caso do que lle din os demais e segue lendo a súa redacción de Xoana de Arco e lea de todas maneiras, ainda que non sexa unha redacción tradicional.
Non faría moitos cambios no desenvolvemento pero si algún, como que Joana tivera o valor para enfrontarse a Dany e poñela no seu sito dunha vez por todas. Non cambiaría o final pois é un perfecto exemplo de que ainda que as cousas ao final non saen como as tiñas planeadas poden ser tan boas ou incluso máis.
Penso que é un libro fácil de ler , xa que o seu vocabulario non é moi difícil e conta as cousas de maneira sinxela e directa.
Recomendaríalle este libro ás persoas ás que lle gusten os libros realistas pero cun toque de fantasía e de humor, á vez que critica as situacións da vida real.
Olaya Dubra Boquete (3º ESO)
É un libro de fantasía xa que ninguén pode ter eses
poderes na vida real pero está moi ben e a min gustoume moito.
A
parte que máis me gustou foi cando a avoa pinta o cabelo de vermello e
pon un piercing na cella porque é moi gracioso que non lle deixaran e ao
día seguinte aparecera xa con el.
Non houbo ningunha parte que non
me gustara ou que me parecera que estivese mal redactada excepto cando
Joana rexeita a Guto e lle dí que a esqueza para sempre.
Non lle
faría niungún cambio e gustoume moito así como está. Tamén me pareceu un final
axeitado e bonito aínda que non me imaxinaba que acabaría así.
Foime doado de ler e non ten un vocabulario difícil de entender. Recoméndoo porque está moi ben e penso que lle pode
gustar a xente de calquera idade tanto como me gustou a min.
Balda de Libros (XXVIII): Raquel, de Isabel-Clara Simó
É un
libro tipo diario que vai contando a vida dunha adolescente de dezasete anos e
a min gustoume bastante. A parte que máis me gustou foi cando descobren que seu
irmán non era un xenio e que fixera trampa porque está moi ben redactado. En
cambio non me gustou que estivese sempre falando mal de seus pais e da súa
forma de ser.
Non faría ningún cambio xa que me gustou como estaba redactado
mais como é a idea principal, que é a vida dunha adolescente que ainda que ten
unha vida un pouco rara pero interesante.
Pareceume un final
axeitado e bo xa que me gustou moito como remata porque non me esperaba que
acabara dese xeito, divorciándose seus pais e que seu irmán fixera trampa aínda
que tampouco me imaxinaría que súa nai reaccionara desa forma despois de que
Raque atopara traballo.
Foime fácil de entender e de ler xa que o pasei ben
léndoo e me gustou moito.
Fernando José Couselo Noya (3º ESO)
venres, 12 de febreiro de 2016
O gardián invisible de Dolores Redondo
Esta é definitivamente a seguinte escolla dos membros do Club de 3º de ESO. A primeira novela da chamada triloxía de Baztán. E aquí o profesorado que lemos con eles, estamos tan contentos !!
O Blog da Editorial Xerais comenta cousas como as seguintes sobre esta obra:
Unha novela impactante, seductora, aditiva e misteriosa construída por unha autora navarra de ascendencia galega, capaz de conxugar na súa novela a investigación científica coas lendas vascas.
A escritora Dolores Redondo Meira, de nai galega e con familia en Corme, editou simultáneamente en 2013 a súa novela en dez idiomas, entre eles o galego a través de Xerais.
O productor da saga ‘Millennium’ mercou os dereitos de El guardián invisible para o cine
xoves, 11 de febreiro de 2016
martes, 2 de febreiro de 2016
Non é amor
Achégase o San Valentín, e como cada ano, aproveitamos para botarlle un ollo ás nosas relacións
amorosas de parella preguntándonos se é amor o que as manten. Iremos desenvolvendo ideas relacionadas con este tema, que tanto nos interesa e importa.
En 4º de ESO, aproveitamos de vez en cando para reflexionar sobre estes temas, e parece que temos claro que con frecuencia non identificamos claramente certas "enfermidades" que intoxican as relacións. Compartimos hoxe parte dun manifesto elaborado a partir de reflexións do alumnado e lido nun acto na escola o Día Mundial contra a violencia machista, o 25 de Novembro:
(...) pode parecer amor, pero non o é.
Hai persoas que controlan, dominan, manipulan e se obsesionan coas súas parellas. Pódense dar mostras de amor, pero hai que poñer límites. Cada un ten dereito a facer o que queira facer, sen que a súa parella teña que intervir para chantaxealo emocionalmente, e o peor é cando isto está a suceder e ti non te das conta ou non te queres dar conta. Estas situacións de maltrato psicolóxico son máis habituais do que pensamos.
Tes unha idea falsa do amor se este inclúe controlar, dominar, manipular e chantaxear. Non tes dereito a facelo. Non está ben. Unha relación así non é unha relación sana. A xente que fai esas cousas ten un problema que debería solucionar para poder vivir unha relación sana nun futuro.
Se chegas a ter unha relación deste estilo, pensamos que é mellor deixar a esta persoa. É mellor estar só ou soa a ter estes problemas.
Balda de Libros (XXVII): O inferno de Marta, de Pasqual Alapont
O libro é moi
entretido, xa que a min gústanme este tipo de libros nos que son os os
adolescentes os protagonistas do libro. Eu, non sabía nin que existía este
escritor, Pasqual Alapont, pero é a primeira vez que leo un libro del, e para o
meu gusto está bastante ben.
No libro pasan cousas que non son nada doutro
mundo, senón cousas que están a acontecer agora mesmo, ao redor nosa e que
practicamente non se lle dá importancia. Agora pasan estas cousas e non lle
damos importancia, cousas que deberían ocupar toda unha portada dos telexornais
e que só ocupan 4-5 liñas polo medio do telexornal.
A escena que máis me
gustou foi na que queren que Marta se separe de Héctor porque lle está a facer dano, aí é onde se
ven os verdadeiros amigos que queren o mellor para ti.
En resumo, trátase dun
libro moi ineteresante e entretido. Se me preguntasen por este libro, non dubidaría
en recomendarllelo a quen me preguntase.
Samuel Vieites
Abelenda (3º ESO)
Está clarísimo, non? Teño a miña opinión !!!!
luns, 1 de febreiro de 2016
venres, 29 de xaneiro de 2016
Que non decidan por ti
Gústanos moito a idea do cartaz de Iván Rodríguez Paredes de 4ºde ESO que amosa a el cun mando a distancia e a ela coma un robot que obedece. Esta obediencia, esta sumisión, non sempre é percibida como tal por ela.
Podes pinchar aquí para saber máis e aprender a identificar a primeiras sinais de alarma.
xoves, 28 de xaneiro de 2016
Todos os días contra a violencia machista
Tremendo este vídeo no que vemos como funcionan algunhas relacións entre adolescentes. É un dos vídeos presentado ao concurso do INJUVE " De joven a joven por la salud integral a través del arte y la cultura". Sobran as palabras.
Acompañámolo con outro dos cartaces que estamos a presentar estes días, elaborados polo alumnado de Plástica de 4º de ESO. O cartaz é un traballo de Daniel Castro Álvarez.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







