Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 8 de marzo de 2016

Aclaracións sobre o 8 de Marzo

¿Por qué non hai Día do Home e si da Muller?

Fonte e artigo completo: https://quejoder.wordpress.com/2010/03/08/por-que-dia-de-la-mujer-y-por-que-no-dia-del-hombre/

No es una fecha antojadiza, y no se conmemora la condición de ser mujer en sí. Hay un justificación histórica para ello; al igual que las personas con discapacidad, negras y de la tercera edad, los prejuicios y la discriminación por nuestra condición de mujer han sido atroces a lo largo del tiempo.

Aquí 29 razóns polas que o Día da Muller segue a ser necesario


luns, 7 de marzo de 2016

Visibilizando éxitos das mulleres





Hai unhas semanas estas chicas foron Medalla de Ouro no Campionato do Mundo. Exitazo apenas reflectido nos telexornais das distintas cadenas de tv; nin entrevistadas, nin nomeadas, nin recoñecidas. Sabíadelo? Como vos enterastes?

venres, 4 de marzo de 2016

Balda de Libros (XXXIII): Chamábase Luís, de Marina Mayoral



O momento máis importante do libro para min foi cando falaba a nai de Luís, de todo o que viviu ela de pequena e como o conta, do que sente polos fillos, do mal que o pasa polos seus fillos, por Pablo e por Luís, os dous drogaditos, porque Pablo roubaba pero non o collía a policía, pero Luís rouba e sempre o pillaban e ía ao cárcere e entón a nai sufría e ía velo ao cárcere … 

A min gustoume este libro porque reflicte moitas cousas importantes na vida e que a droga dana ao que a consome e á familia. Chamoume a atención que a maioría dos personaxes casan, teñen fillos, sepáranse e volven casar e a ter fillos con outra persoa. 

O final deste libro non está mal pero gustaríame que contase ou pasasen máis cousas. 

Eu este libro aconsellaríao á xente da miña idade para que non se meta nas drogas. O vocabulario é fácil de entender en todo o libro. Gustoume moito.

Antía Iglesias Iglesias (3º ESO)

Balda de Libros (XXXII): Xoel, de Isabel-Clara Simó


Xoel. Isabel-Clara Simó. Xerais

Este libro pareceume moi interesante porque á parte da historia trátanse temas moi curiosos como o de como se ven as matemáticas, ou como se comportan as persoas. 

Os momentos que máis importantes, na miña opinión, foron nos que o protagonista, Xoel, dicía o que pensaba ou sentía sobre un comportamento. Penso que é un libro fácil de ler aínda que hai partes complicadas. 

O final gustoume en parte si e en parte non. Si porque opérano e cúrase pero non porque morre o pai. Cambiaría o final, sinceramente parécema moi cruel que xusto cando está ben morra seu pai. 

Tampouco me gustou cando Xoel e Marta cortaron porque despois de todo ela foi quen estivo con el aínda que tivera que estar tirado nunha cama pola súa enfermidade. A historia parece moi realista porque pode que alguén nalgún momento lle pase e seguro que non é doado sentirse inútil por unha enfermidade, pero a fin de contas esas enfermidades fante dar conta de que a vida non é fácil e tamén che fan ver que hai xente que faría o que fose por ti, como fixo o pai de Xoel.

Laura Martínez Calvo (3º ESO)

Balda de Libros (XXXI): Tres pasos polo misterio, de Agustín Fernández Paz



A historia que máis me gustou foi a terceira a pesar de que era a máis extensa cás outras e que ao primeiro non me gustaba moito pero ao final enganchoume. 

O momento que máis me gustou da terceira historia foi ao principio cando todo lle ía ben a Miguel e a Marta coa súa relación porque se vían moi felices e contentos.

O que menos me gustou foi na primeira historia cando lle meteron os ratos á serpe na vitrina porque foi moi noxento imaxinarmo. O tema era de misterio polo tanto gustoume. 

O final non me gustou o de ningunha das tres historias porque deume a sensación de que acaban moi de súpeto e que quedan incompletas as historias. 

Este libro recomendaríallo a rapaces e rapazas do meu tempo ou algo máis vellos. O que cambiaría deste libro sería o principio das historias xa que penso que é aburrido e pouco entretido.

Samuel Deus García (3º ESO)

martes, 1 de marzo de 2016

Recreando El Lazarillo de Tormes: última entrega

El texto original del episodio de la longaniza del Lazarillo de Tormes, que sucede en la villa de Escalona, puedes consultarlo en el siguiente enlace : Pincha aquí

Propusimos a nuestro alumnado de 3º de ESO recrear/imaginar el diálogo que es relatado por Lázaro en su intervención: " No, no - dijo él - que yo no he dejado el asador de la mano..." y hoy publicamos las creaciones más fieles al espíritu de la novela.



Irene, Olaya, Nerea G. y Laura, imaginan un desenlace un poco menos agresivo que el original, solo un poco:

- No, no - dijo él - porque no he soltado el asador de la mano. No es posible.

- ¡Os lo juro!. Yo no he sido.

- ¿Quién ha sido pues, hideputa?

- Un maldito que andaba por aquí

- Nadie pudo haber hecho tal acto sino tú, desvergonzado   

- Se lo juro, yo no he sido. ¿Por qué habría hecho tal acto?

- Si no lo has hecho, acércate pues, granuja

- ¿Qué especula, señor?

(Le mete la nariz en la boca, y este vomita)

- Te has delatado tú mismo, descarado (Le pega) ¿Cómo has osado mentirme? ¡Serás infame! (Le pega más)

- No lo hagáis, señor, no lo hagáis

(Llegan personas y lo sacan de las manos del ciego)

- ¡Cómo osáis suplicarme! Me habéis mentido. ¡Yo que te he dado techo y comida, y me lo has pagado de esta forma!

- ¿Comida? Señor, usted me ha matado de hambre todo este tiempo

- ¿Cómo osas decir eso? ¡Vete de aquí! ¡Que te mantenga otro, gandul!


Samuel D., Nerea P., David y Damián, muy fieles al texto y breves:


- ¡Que no! ¡Que no, tío! Os juro que yo no he sido. Os lo juro.

- ¿No te creo! Ven aquí (El ciego le abre la boca y mete la nariz en ella) Quiero probarlo con mi propia nariz. ¡Hideputa! Hueles a longaniza

(Lázaro comienza a vomitar)

- Lo siento, lo siento amo. Aaaaaaaaaaghhh (Lázaro comienza a gritar, ya que el ciego le pega)

- Eres un desvergonzado. ¡Cómo te atreves!

Entra gente a acudir a Lázaro

- Infame ciego, dejad al niño. No tenéis piedad.

La gente le arrebata a Lázaro de las manos






luns, 29 de febreiro de 2016

Recreando disputas entre Lázaro y su amo, el ciego. Intento poético.

El texto original del episodio de la longaniza del Lazarillo de Tormes, que sucede en la villa de Escalona, puedes consultarlo en el siguiente enlace : Pincha aquí

Propusimos a nuestro alumnado recrear/imaginar el diálogo que es relatado por Lázaro en su intervención: " No, no - dijo él - que yo no he dejado el asador de la mano...". 

Yago, Fernando, Lucas y Martín de 3º de ESO intentaron añadir un "extra" poético, conseguido a medias, pero no deja de tener su gracia:

- No, no - dijo él - porque no he soltado el asador de la mano. No es posible.

- Te lo juro por mi madre.

- Espera y lo compruebo. (Metió su nariz en mi boca y me hizo vomitar)

- Angh angh asdgg hiopgz (sonidos de vómito)

Acabó de comprobarlo y dijo:

- Que no lo habías comido, eh, peloalpargata, que te rajo con mi navaja.

- Deja de pegarme con ese cuerno o irás al infierno.

- ¡Hideputa!

Acudieron los vecinos y dijeron:

- Pasa ciego loco, y no le rompas el coco.

Y me separaron a duras penas del ciego loco



sábado, 27 de febreiro de 2016

El Lazarillo de Tormes en versión pacifista

El texto original del episodio de la longaniza del Lazarillo de Tormes, que sucede en la villa de Escalona, puedes consultarlo en el siguiente enlace : Pincha aquí

Propusimos a nuestro alumnado recrear/imaginar el diálogo que es relatado por Lázaro en su intervención: " No, no - dijo él - que yo no he dejado el asador de la mano...". 

La nueva versión imaginada por Brais, Adrián, Antía y Samuel V. de 3º de ESO muestra a un ciego más paciente y no violento. Gracias a esto, Lázaro se libra de la paliza habitual con la que soluciona el ciego sus desavenencias. A ver qué os parece:

C- No, no - dijo él - porque yo no he soltado el asador de las manos. No es posible. 

L- Yo te vi salir del asador

C- ¡Mentira!. Yo no salí de allí

L- Yo no lo cogí, viejo asqueroso

C- ¡Hideputa! Tú lo cogiste mientras yo bebía

L- ¡Ah! Así que soltaste el asador para beber...

C- Y en ese momento te escuché cogerlo, infame

L- ¿Y cómo demuestras que fui yo y no fue otro?

C- Porque no escuché abrir la puerta, y en ese momento solo estábamos tú y yo

L- ¡Que yo no lo cogí!

C- Entonces, si no fuiste tú, déjame oler tu aliento

L- ¡No quiero!

C- ¿Acaso tienes que esconder algo? ¡Déjame!

En ese momento le abrió la boca oliéndole el aliento

C- ¡Mentiroso gandul! Has comido la longaniza

L- ¿Por qué lo sabes?

C- ¡ Te apesta el aliento, granuja!

L- Está bien, fui yo, nunca me das nada

C- ¡Pues que no se vuelva a repetir! ¿Entendido?

L- Entendido, mi viejo amo


xoves, 18 de febreiro de 2016

La vida detrás del escritor. Antonio Machado.

"Me gustó mucho cómo cuidó a su mujer cuando le diagnosticaron tuberculosis, paseando en el carro. A él le dicen que no se acerque mucho a ella porque le puede pasar la tuberculosis, pero él no les hace caso y sigue con Leonor hasta que se muere. Me gustó que fuese fiel a su pareja, porque Leonor fue su único amor" comenta Sergio.

"Me llamó la atención que con 35 años se casase con una niña de 15 años. También me fascinó que él quería morir con Leonor, porque era su gran amor (Leonor murió de tuberculosis)" comenta Manuel.

Si sentís curiosidad por ver el vídeo, sobre Antonio Machado, que vimos en clase, que dura unos diez minutos, aquí os lo dejo:



"No sabía que aún estaban vivas tantas personas cercanas, como su sobrina (...) Me ha parecido muy bonita la frase que ha dicho junto al olmo" comenta Daniel.

Explicamos "la frase que ha dicho junto al olmo" tal y como nos la cuentan en la página web Antonio Machado en Soria     

El poema ” A un olmo seco”, creado por Antonio Machado, en la primavera  de 1912 en Soria, es un viaje a la esperanza, para la recuperación de su mujer Leonor, con quien pasea cada día en busca del aire puro soriano. Tres meses después la joven esposa hará su último viaje,  y el poeta cambiará de destino para siempre.

Aquí el poema completo y un buen comentario sobre el mismo





Balda de Libros (XXX): Cando petan na porta pola noite, de Xabier P. DoCampo



Este libro gustoume moito principalmente porque ten uns finais desgrazados que fan que as historias sexan máis interesantes. Por exemplo no primeiro conto un home que mata a un ferreiro pensando que este o queimara a propósito para que foran idénticos e despois ten que quedar usurpando a vida do ferreiro. 

O conto que máis me gustou foi o terceiro porque fala da vida entre o avó e o seu tan apreciado neto polo que faría o que fose. Pola contra o conto que menos me gustou foi o cuarto xa que relata unha historia moi aburrida na que sempre se fala das mesmas cousas. 

O libro ten un vocabulario bastante fácil de entender, aínda que haxa algunha que outra palabra que non se entenda como por exemplo poxigo, zafras, tempas,… 

Este libro recomendaríallo aos rapaces e rapazas un ano ou dous  máis pequenos ca min aos que lles gusten os libros de intriga/medo e porque para a miña idade penso que estaría mellor outros libros que dean máis medo.

David Boo Noya (3º ESO)


É un libro que me gustou moito. Conta historias de medo e de misterio á mesma vez. Estes libros nos que hai intriga e misterio son os que cando les se che fan moi pequenos e quedas coas ganas de máis. 

Cando a vella está a medio queimar e se levanta dá un pouco de medo, pero ese fragmento foi o que máis me gustou de todo o contido do libro. 

O personaxe que máis me gustou foi o cumpremortes porque aínda que sabía que ía morrer fixo todo o  que estivo mas súas mans para saír adiante. 

Cambiaríalle o final, no fragmento da vella poñeríalle que os tres homes foron á casa dela para escarmentala, a vella estaba na cama, eles ían coa cabeza tapada e ela levou moito medo. Dende ese día todos os veciños xa se levaban ben coa vella, e ela con eles.

Recomendaríallo a quelas persoas que lles gusta o misterio ou os relatos de medo. 

Brais Bouzas Leis (3º ESO)

martes, 16 de febreiro de 2016

Comentando algunas leyendas de Bécquer


                                                                                    Por José Barreiro Hernández de 4º de ESO                  
La voz del silencio 


Me gustó la lectura, ya que es un relato breve y de misterio. Es muy corto, pero tiene el mismo misterio que pueden tener otros libros mucho más largos.

Algunas sensaciones a lo largo de la lectura han sido:

- Misterio: Cuando se giró y vio que nadie se encontraba con él en las calles.
- Rabia: Cuando el hombre deja encerrada a la mujer en casa.

Me llamó la atención que dibujara una silueta de una mujer cuando no sabía quién le hablaba.

Mi cita favorita es esta: 


“¿Qué misterio hay en tus palabras confusas, en tus débiles quejas, en tus armoniosas y extrañas canciones?”

La escogí porque es la frase perfecta que resume, en parte, el libro, y con ella, se puede hacer una segunda parte.


La cueva de la mora


Me gustó la lectura, aunque no me suelen gustar las historias que tratan sobre el amor. Esta me gustó porque la mora ayudó al cristiano y porque me recordó un poco a Romeo y Julieta. Se lo recomendaría a todo el mundo.

Me produjo sensaciones de  respeto (hacia el cristiano, que vuelve a la guerra para conquistar a la mora.) y temor (ya que yo, personalmente, no quería que la mora muriese, al ir a llenar el casco de agua) Esta cita recoge el momento en que la mora, aún sabiendo que iba a morir, por amor fue a por agua al río: “Sin embargo, no vaciló un instante y, tomando el casco del moribundo, se deslizó como una sombra por entre los matorrales que cubrían la boca de la cueva y bajó a la orilla del río.”



El Cristo de la calavera

Me encantó este relato porque al final, los jóvenes mantienen su amistad. Me gustó cuando vieron al amante de Doña Inés y los dos se pusieron a reír. Es fácil de leer y muy entretenida. 
Me hizo gracia cuando ambos vieron al amante de Doña Inés, aunque sentí angustia al principio por ver quién de los dos ganaba el combate y por saber a quién elegiría Doña Inés. Si eso sucediera, hubieran perdido su amistad y el amor de la hermosa dama.

Destaco esta cita porque es cuando ambos se ríen de Doña Inés y de su amante: 

“… y se hubieran de encontrar con una cara de asombro, tan cómica, que ambos prorrumpieron en una ruidosa carcajada…”



La Cruz del Diablo  

Esta lectura me gustó mucho a pesar de ser un relato largo, porque tiene misterio, acción y terror. Me gustó mucho la parte en la que el alcalde le sacaba el casco al hombre y estaba la cara de San Bartolomé con el 666 en la frente. 
La sensación de misterio está presente en casi todo el relato, pero más cuando levantaron el casco del hombre por primera vez. Y pasa a ser de terror cuando, la segunda vez que levantaron el casco, era la cabeza de San Bartolomé con el 666.
Esta cita es el momento cuando el título tiene sentido, y la armadura del hombre se convierte en una cruz:

“…consiguieron, por último, vencer al espíritu infernal, y la armadura se convirtió en una cruz”





Balda de Libros (XXIX): Poderosa, de Sérgio Klein


Poderosa. Sérgio Klein. Xerais

A historia que conta o libro está xenial e, para min, non cambiaría nada da historia. Estou segura de que, se cambiara algo, xa non me gustaría tanto.

Non atoparía ningún momento que non me gustase, xa que a historia realmente gustoume moito. Así que, pódese dicir que non teño ningún momento que non me guste.
A mellor parte é cando Júnior fala con Joana e acaba dicíndolle que el é o autor das notas que ela recibe. Foi un momento que non me esperaba! Pero creo que foi unha escolla moi axeitada.

As personaxes están moi ben elaboradas. Gustoume o xiro que tornaron as cousas con respecto ao triángulo Guto-Joana-Júnior. Realmente sorprendeume.

É un libro moi bo, narrado dunha forma moi sinxela, que fai que a lectura sexa máis levadeira. Sen dúbida, o libro lino moi rápido grazas á forma na que o autor o narra.

O vocabulario do libro é un pouco difícil, xa que había palabras en portugués, o que fixo que o dicionario estivese ao lado durante a lectura.

Recomendaría o libro a rapaces e rapazas da miña idade, xa que creo que lles pode gustar este libro.

Un libro moi entretido!

Irene Noya González (3º ESO)

Para min, o momento máis importante é cando Salete lle di a Joana que é poderosa porque a partir de aí, todo o que Joana escribe faise realidade. O momento que menos me gustou foi cando o pai de Júnior vai á casa de Salete e mata ao can do rapaz, aínda que tamén foi moi emocionante porque despois Salete chama a Joana e a rapaza descobre que é moito máis poderosa do que pensaba xa que, pode revivir a seres vivos.

Este libro gustoume moito e desfrutei coa súa lectura porque case sempre pasan cousas. Aínda que esta historia non é das miñas preferidas, porque a min gústanme as historias de  misterio, e esta é de aventuras con algo de fantasía, pareceume moi boa. 

Os personaxes, polo menos para min, son bastante cómicos, sobre todo o pai cando se pon en modo romántico grazas a súa filla.

Recomendaríallo aos rapaces e rapazas máis ou menos da miña idade porque a protagonista da historia tamén é unha adolescente.

Nerea Portos Balsa (3º ESO)

Para o meu gusto o mellor momento deste fragmento resulta ser cando Joana viu a súa avoa mais a Guto bicándose porque Guto era o mozo que lle gustaba a nosa protagonista, Joana. Paréceme que o tema está ben escollido xa que así ten moitas oportunidades de tema sobre Joana, os mozos, os problemas na casa, a súa avoa Nina, o centro de beleza... 

Eu creo que se desenvolve bastante ben este libro, xa que non se enreda moito nin se queda curto á hora de explicar calquera cousa. 

A min gustoume moito o final porque non me esperaba o que Junior fixo, é dicir, acaban saíndo con Joana, porque fora el quen lle mandara as cartas. E ela pensaba que era o rapaz que lle gustaba ao comezo do libro, que era o que menos esperaba que fose, Junior. 

Pareceume que a lingua que escolleron, moi coloquial, resulta fácil de entender aos rapaces e rapazas da miña idade.

Adrián Brea Martínez (3º ESO)

Gustoume moito este libro porque mostra o poder que teñen as palabras aínda que sexa dunha maneira esaxerada e con maxia polo medio.

O momento máis importante do libro penso que é cando Joana non fai caso do que lle din os demais e segue lendo a súa redacción de Xoana de Arco e lea de todas maneiras, ainda que non sexa unha redacción tradicional.

Non faría moitos cambios no desenvolvemento pero si algún, como que Joana tivera o valor para enfrontarse a Dany e poñela no seu sito dunha vez por todas. Non cambiaría o final pois é un perfecto exemplo de que ainda que as cousas ao final non saen como as tiñas planeadas poden ser tan boas ou incluso máis.

Penso que é un libro fácil de ler , xa que o seu vocabulario non é moi difícil e conta as cousas de maneira sinxela e directa.

Recomendaríalle este libro ás persoas ás que lle gusten os libros realistas pero cun toque de fantasía e de humor, á vez que critica as situacións da vida real.

Olaya Dubra Boquete (3º ESO)

É un libro de fantasía xa que ninguén pode ter eses poderes na vida real pero está moi ben e a min gustoume moito.   

A parte que máis me gustou foi cando a avoa pinta o cabelo de vermello e pon un piercing na cella porque é moi gracioso que non lle deixaran e ao día seguinte aparecera xa con el.   

Non houbo ningunha parte que non me  gustara ou que me parecera que estivese mal redactada excepto cando Joana rexeita a Guto e lle dí que a esqueza para sempre.   

Non lle faría niungún cambio e gustoume moito así como está. Tamén me pareceu un final axeitado e bonito aínda que non me imaxinaba que acabaría así.

Foime doado de ler e non ten un vocabulario difícil de entender. Recoméndoo porque está moi ben e penso que lle pode gustar a xente de calquera idade tanto como me gustou a min.

Fernando José Couselo Noya (3º ESO)

Balda de Libros (XXVIII): Raquel, de Isabel-Clara Simó



É un libro tipo diario que vai contando a vida dunha adolescente de dezasete anos e a min gustoume bastante. A parte que máis me gustou foi cando descobren que seu irmán non era un xenio e que fixera trampa porque está moi ben redactado. En cambio non me gustou que estivese sempre falando mal de seus pais e da súa forma de ser. 

Non faría ningún cambio xa que me gustou como estaba redactado mais como é a idea principal, que é a vida dunha adolescente que ainda que ten unha vida un pouco rara pero interesante.

Pareceume un final axeitado e bo xa que me gustou moito como remata porque non me esperaba que acabara dese xeito, divorciándose seus pais e que seu irmán fixera trampa aínda que tampouco me imaxinaría que súa nai reaccionara desa forma despois de que Raque atopara traballo. 

Foime fácil de entender e de ler xa que o pasei ben léndoo e me gustou moito.


Fernando José Couselo Noya (3º ESO)

venres, 12 de febreiro de 2016

O gardián invisible de Dolores Redondo




Esta é definitivamente a seguinte escolla dos membros do Club de 3º de ESO. A primeira novela da chamada triloxía de Baztán. E aquí o profesorado que lemos con eles, estamos tan contentos !!

O Blog da Editorial Xerais comenta cousas como as seguintes sobre esta obra:

Unha novela impactante, seductora, aditiva e misteriosa construída por unha autora navarra de ascendencia galega, capaz de conxugar na súa novela a investigación científica coas lendas vascas.

A escritora Dolores Redondo Meira, de nai galega e con familia en Corme, editou simultáneamente en 2013 a súa novela en dez idiomas, entre eles o galego a través de Xerais.

O productor da saga ‘Millennium’ mercou os dereitos de El guardián invisible para o cine