Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



xoves, 17 de novembro de 2022

Book tráiler (XXV): Dragal I. A herdanza do dragón, de Elena Gallego Abad. Realizado por Íker García Brea

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Dragal I. A herdanza do dragón, de Elena Gallego Abad (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2010). Realización youtubeira: Íker García Brea, 3º ESO A, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (XXIV): Corredora, de María Reimóndez. Realizado por Ainhoa Leis Ríos

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Corredora, de María Reimóndez (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2017). Realización youtubeira: Ainhoa Leis Ríos, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Andel de Libros (VIII): Cando petan na porta pola noite, de Xabier P. Docampo

 


Cando petan na porta pola noite. Xabier P. Docampo. Xerais

Este libro resultoume de fácil lectura e acabeino moi rápido grazas ao seu vocabulario sinxelo e a forma de narrar do autor.

É un libro baseado nas historias que lle contaban os pais de Xabier P. Docampo cando era neno e co que el intenta que non se perda a literatura oral tradicional. Ten varios relatos de historias que dan medo pola forma de contalas e polos seus protagonistas. Estes relatos son: “O espello do viaxeiro”, “O fornadas”, “A loba” e “ O cumpremortes”.

Os mellores contos parecéronme: “O espello do viaxeiro”, pola intriga que xera ao estar lendo que te engancha e non podes parar de lelo e “A loba” pola intriga ata descubrir como remataba a historia.

O meu personaxe favorito foi a loba, porque me encanta que nunha manda de animais onde os machos soen ser os líderes, mande unha femia e o faga tan ben.

Non lle faría ningún cambio porque me parece un libro moi especial e tamén o seu propósito de transmitilo a todo o mundo, dito por Xabier P. Docampo.

Se vos gustan as historias de medo convídovos a lelo a todos e a todas.

Sara Gómez García (3º ESO A)

O libro en xeral gustoume bastante, xa que ten toques de suspense, misterio e terror, os cales son os meus xéneros favoritos á hora de ter que ler un libro.

Consta de catro historias, as cales non teñen nada que ver unha coa outra, isto paréceme algo moi enxeñoso deste libro, porque se non che gusta unha historia podes ler outra que che poida acabar gustando.

A miña historia favorita foi a de “O espello do viaxeiro”, porque ten un concepto de perderse no monte que na maioría de libros de terror ambienta moi ben a historia, tamén me gustou porque ten un final bastante inesperado e intrigante. Polo contrario, a historia que menos me gustou foi “O cumpremortes”, porque ao ser a última historia do libro pensei que ía ser máis entretida, polo tanto decepcionoume bastante.

Polo xeral o libro gustoume bastante, sen contar a última historia, e recomendaríallo bastante á xente que lle gustan esta tipo de historias e que non teña tempo de ler outras historias máis longas.

Laura Sánchez Liste (3º ESO B)

No libro cóntanse varias historias. A primeira, “O Espello Do Viaxeiro”, trata dun señor que tivo un problema con outro señor, xa que pelexaron. Hai dous personaxes. Non me gustou ningún dos dous, xa que tiveron problemas co alcohol.

O seguinte relato titúlase “A Loba” e trata dunha loba que baixa a unha aldea e rouba o fillo dun home que enganara a unha muller, esa muller posteriormente suicidaríase, máis tarde a loba e o neno morren queimados. Nesta historia o personaxe da loba e do home non me gustaron. Os personaxes que me gustaron foron os cazadores, que defenderon a súa aldea doutros lobos que baixaran a atacala.

A terceira historia titúlase “O Fornadas”. Esta historia trata dunha malleira que lle pegaran tres rapaces a unha vella ata matala, o motivo desta malleira foi que a vella andaba a molestar a todo o mundo. O personaxe da vella non me gustou xa que molestaba a todo o mundo, pero tampouco me gustaron os personaxes dos rapaces agresores xa que non poden tomar a xustiza pola súa man.

O último relato titúlase “O Cumpremortes”. Trata dunhas cartas que lle enviaba unha señora a un home dicindo que ía morrer. O personaxe da señora non me gustou, pero o do home si, xa que fixo todo o posible por aferrarse á vida e conseguiuno, este foi o meu personaxe preferido de todo o libro.

Samuel Grela Seoane (3º ESO B)

A min este libro gustoume bastante, practicamente todos os relatos me gustaron. O que máis me gustou foi: “ A LOBA”. Persoalmente pareceume máis entretido. O meu personaxe preferido desa historia é o home, porque a pesar de que ao principio os abandona, cando o fillo o necesitaba foi por el.

O que menos me gustou foi o segundo: “O FORNADAS”, xa que non o entendín moi ben, pero a historia que conta é bastante entretida.

Os outros dous bastante: “O ESPELLO DO VIAXEIRO” e “O CUMPREMORTES”, que trata dun home que lle mandan unha carta co dia é a hora na que morre.

A historia do relato que máis me gustou foi a do “ESPELLO DO VIAXEIRO” pero certamente, “ O CUMPREMORTES” pareceume a historia máis entretida.

En xeral, todas as historias están moi ben e parecéronme orixinais, e cun final bastante axeitado. Recomendaría a súa lectura.

Nerea Sánchez Castro (4º ESO)

 

mércores, 16 de novembro de 2022

Book tráiler (XXIII): Corredora, de María Reimóndez. Realizado por Mateo Pérez Vázquez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Corredora, de María Reimóndez (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2017). Realización youtubeira: Mateo Pérez Vázquez, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Andel de Libros (VII): Silencio, de Fran Alonso

 


Silencio. Fran Alonso. Xerais

Este libro non é algo que impresione moito, xa que é unha historia bastante curta, non chega ás cen páxinas, pero a pesar disto é un libro moi intrigante, abafante e misterioso, o cal fai que me entretivera moito lendo esta historia e deume a oportunidade de encariñarme cos personaxes principais do relato.

Non puiden parar de ler o libro, porque non me quería quedar coa intriga de non saber que pasaba na seguinte páxina.

Algo que non me gustou deste relato, aínda que sexa un pouco estraño, foi que o protagonista se obsesionara tanto con esa familia ata o punto de só dedicarse a investigar sobre eles, gustaríame que tamén lle dedicara algo de tempo ás súas amizades mentres investiga sobre a familia.

O final do libro pareceume moi arrepiante, inesperado e terrorífico, xa que me parece que ao lector lle podería sorprender bastante esa escena no momento de estar lendo.

En xeral o libro gustoume bastante, aínda que haberá libros mellores.

Laura Sánchez Liste (3º ESO B)

Andel de Libros (VI): A chave das noces, de Xabier P. Docampo.



A chave das noces. Xabier P. DoCampo. Xerais

O libro A chave das noces gustoume moito xa que ten un tema moi interesante e intrigante.

Ten un vocabulario axeitado e moi fácil de entender.

Para min, o momento mais importante do libro foi cando Mauro foi á casa de Mario Pena e logo foi Severo porque foi aí cando se revelaron os feitos e quen cometera cada asasinato.

O meu personaxe favorito é Mauro, porque é moi intelixente, astuto e ten moi boas ideas. Un personaxe que non me gustou foi Severo, xa que facía as cousas sen pensar e acabou mal, en cambio Celso era máis prudente, e ao non haber probas na súa contra, Mauro xa non podía facer nada.

Eu persoalmente, non lle cambiaría o título xa que me parece axeitado e orixinal.

A relación da portada co título é que na portada sae un rapaz co casco dunha moto e o protagonista, Mauro, sempre se despraza en moto.

O final non me gustou moito, xa que non acabou como eu esperaba.

Laura Noya Sánchez (3º ESO B)

Este libro gustoume moito. É un relato cun deixe de misterio que trata dende temas delicados como, por exemplo, a trata de mulleres ata temas máis cotiás como o pequeno romance entre o protagonista e unha rapaza chamada Inés.

Fala da historia de Mauro, un rapaz bastante novo que traballa para unha axencia de detectives, pero indiferentemente sempre anda metido en leas. Coñece a un rapaz portugués que vende panos de papel na rúa mentres cumpría co labor de perseguir a unha muller, aínda que desgraciadamente aparece o seu cadáver no porto. Desenvólvese a historia nunha investigación constante de Mauro para buscar respostas ás súas preguntas.

O meu personaxe favorito é Henrique, o rapaz portugués, xa que por moitas dificultades que teña el séguese preocupando pola súa familia.

En xeral pareceume un libro bastante sinxelo de ler, aínda que haxa algunhas palabras un pouco complicadas. 

Uxía Mariño Parafita (3º ESO B)

 

Andel de Libros (V): A sombra cazadora, de Suso de Toro

 


A sombra cazadora. Suso de Toro. Xerais

Ola, vouvos falar de un libro que para min foi o mellor que lin en galego ata agora. Este libro trata dunha rapaza e un rapaz que son irmáns e o seu inimigo mais o de seu pai é unha sombra que quere acabar con eles polo que o irmán menor tivo que matarse para matar tamén a esa imaxe que era unha copia de seu pai pero era en formato virtual.

Para min é un libro que está moi ben porque trata algo de medo e aventura e son os aspectos que máis me gustan e non é tan común atopalos nunha mesma obra xuntos. O único que non me gustou e case non me gusta en ningún libro é que sempre ten que acabar morrendo un dos personaxes principais bos. Outro punto negativo é que non ten ningunha ilustración e non veñen nunca mal para captar mais a atención do lector. Un punto que ao meu parecer acostuma ser negativo, pero neste libro non é, é o titulo que explica moi ben o que trata a historia.

O autor foi o que máis me sorprendeu porque nunca oíra falar do seu nome nin dos seus libros pero encantoume. O que non entendo é a foto da portada porque supostamente Clara ten dezaoito anos e na portada parece unha neniña de entre dez e doce anos.

Anxo Domínguez Martínez (3º ESO A)

martes, 15 de novembro de 2022

Book tráiler (XXII): Corredora, de María Reimóndez. Realizado por Lara Piñeiro González

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Corredora, de María Reimóndez (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2017). Realización youtubeira: Lara Piñeiro González, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo) 


 

Book tráiler (XXI): Rapazas, de Agustín Fernández Paz. Realizado por Sara Gómez García

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler do libro Rapazas, de Agustín Fernández Paz (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2003). Realización youtubeira: Sara Gómez García, 3º ESO A, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (XX): Cando petan na porta pola noite, de Xabier P. DoCampo. Realizado por Sara Gómez García

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler do libro Cando petan na porta pola noite, de Xabier P. DoCampo (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2000). Realización youtubeira: Sara Gómez García, 3º ESO A, CPI Viaño Pequeno (Trazo) 


 

Book tráiler (XIX): Corredora, de María Reimóndez. Realizado por Carla Caramés Rivas

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Corredora, de María Reimóndez (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2017). Realización youtubeira: Carla Caramés Rivas, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo) 


 

Book tráiler (XVIII): A casa do medo, de Agustín Fernández Paz. Realizado por Laura Rodríguez Seoane

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela A casa do medo, de Agustín Fernández Paz (col. Periscopio. Rodeira - Edebé, 2016). Realización youtubeira: Laura Rodríguez Seoane, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (XVII): A casa do medo, de Agustín Fernández Paz. Realizado por Cristina García Regueiro

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela A casa do medo, de Agustín Fernández Paz (col. Periscopio. Rodeira - Edebé, 2016). Realización youtubeira: Cristina García Regueiro, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo) 


 

Book tráiler (XVI): Reo, de Xesús Fraga. Realizado por Yalan Bedoya Mamian

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Reo, de Xesús Fraga (col. Costa Oeste. Galaxia, 2012). Realización youtubeira: Yalan Bedoya Mamian, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Andel de Libros (IV): Aire negro, de Agustín Fernández Paz

 


Aire negro. Agustín Fernández Paz. Xerais

Para min Aire Negro paréceme unha novela que lle recomendaría ler a todas as persoas as que lle gusten o xénero de misterio, e aínda que non che agrade tanto, estaría ben que lle deses unha oportunidade que paga a pena ler. 

Esta é unha historia emocionante que che atrae a ler de principio a fin sen deterte nin un segundo. En cada novo capítulo ao final sempre che
deixa coa intriga de que pasará na seguinte páxina e non che deixa soltar o libro ata rematalo.

Eu non faría ningún cambio de ningún tipo xa que penso que a historia desenvólvese de xeito acertado e que tiña que rematar da maneira que o fixo. 

A portada, a min sinceramente non me gusta moito pero penso que está acorde á historia igual que o título, o cal fai referencia ao mesmo que a portada. 

Os personaxes sinto que están moi ben desenvolvidos e que fan que te poñas nas súas situacións. Falando dos personaxes a miña personaxe preferida é Laura Novo, a protagonista. Baixo a miña opinión e pracer, Laura ten unha moi boa forma de narrar os sucesos que lle aconteceron en Galicia e tamén de expresar os seus sentimentos escribíndoos. Víctor por exemplo é un personaxe encantador, porque tivo unha maneira de gañarse a confianza de Laura moi empática. Tamén está Carlos, un personaxe moi importante na historia, debido a que grazas a el Laura está internada na clínica, recibindo axuda psicolóxica.

Falando do libro propiamente, para min é moi fácil de ler, xa que emprega unha linguaxe bastante simple e moi fácil de entender. En términos xerais gustoume moito o libro.

Victoria Domínguez Marinho (3º ESO A)

Baixo a miña opinión, este libro gustoume moito xa que trata en gran parte de problemas psicolóxicos que sofre Laura Novo, ata que introduce ao libro un personaxe de fantasía, que é o principal motivo daqueles problemas psicolóxicos, e o que lle dá un fin ao libro. 

Tamén me gustou que ao comezo, cando comezas a ler o libro, tal como se conta e o que acontece faiche pensar que é unha historia real, polo que ao introducir os feitos fantásticos pode chegar a facerche pensar que aqueles feitos fantásticos poidan ser reais, ou polo menos dar a impresión. 

Ao comezo pódese facer un pouco pesado de ler, xa que non acontecen cousas moi importantes, só informacion sobre Laura Novo e o que lle acontecía, pero cando empeza a haber máis acción é un libro moi entretido de ler.

Paréceme que a historia de Laura Novo que lle escribe a Victor é bastante estendida, e podía chegar se fora un pouco máis curta.

Aarón Gómez Álvarez (3º ESO A)

Ola, hoxe vouvos a falar dun libro que ao meu parecer non é o mellor que lin pero está moi ben porque é unha historia de medo con algo de intriga que o que fai é darlle un toque perfecto é historia.

A historia está escrita por Agustín Fernández Paz que ao meu parecer é un dos mellores escritores galegos dos que eu lle lin libros dos cales o que máis me gustou foi Cartas de inverno. Ao que iamos Aire Negro é un libro que eu lle recomendaría a calquera persoa que lle guste a intriga cun toque de medo.

Para min o libro non está de todo ben porque a pobre de Laura saíu mal parada ao final da historia xa que é secuestrada e supostamente matada polo gran monstro.

O personaxe que máis me gustou foi o doutor porque é unha persoa que intentou axudar a Laura desde un principio e foi grazas a el polo que Laura recuperou a memoria sobre todo o que lle pasara no pasado.

Para min un fallo moi grande que ten o libro é o título porque non está de todo ben para a miña opinión, poderíanlle poñer por exemplo: A tráxica historia de Laura Novo ou O gran monstro e con eses títulos penso que o libro tería máis lecturas e que estaría mellor. E algunha que outra ilustración non estaría mal.

Anxo Domínguez Martínez (3º ESO A)

Este libro está moi ben e o meu momento favorito sen dúbida é cando na historia aparece Carlos, o namorado de Laura, a paciente de Víctor, xa que el axuda moito a Laura na súa recuperación.

O seu tema é moi interesante porque fala dun problema importante, a saúde mental.

É un libro o cal engancha e ata que non o remates de ler non dás parado, vai enfocado para a xente que lle gusten os libros de misterio.

A min este libro non me pareceu nin fácil nin difícil de ler, se lle pos interese e ganas acabalo rápido. Cada capítulo que pasa é aínda máis interesante que o anterior e déixache coas ganas de ver como continúa a historia.

O meu personaxe favorito é Carlos, porque axudou moito a Laura e iso é de agradecer, tamén me gustou a participación de Víctor na historia. En xeral todos os personaxes están acertados, e fan que simpatices coa súa situación.

En resume, o libro gustoume moito.

Carla Lema Domínguez (3º ESO B)

Aire negro. Agustín Fernández Paz. Xerais

Vou a dar a miña opinión sobre un libro que se titula Aire Negro. O momento máis importante para o meu parecer é cando a rapaza protagonista conta o que lle sucedeu e porque acabou así.

É unha narración que para o meu parecer é bastante interesante, é bastante entretida, pero un defecto que lle vexo eu, iso que me gusta ler pero aínda así, vexo que se enreda moito e faise pesado porque é bastante longo, e conta sempre as mesmas cousas e entón faise un pouco aburrido. Pero así a todo é moi fácil de ler e lese super rápido, polo que recomendo lelo.

E tamén pode haber alguén nesa situación e que lle sirvan para algo as explicación do libro e o que conta, porque explica as cousas moi ben.

Tamén me parece moi importante que a rapaza a pesar do problema que ten, que non é pouco, ela nunca se rende e fai o posible porque todo vaia a diante e non quedar estancada onde está e poder mellorar pouco a pouco coa axuda do médico tamén.

Zaira Antelo Iglesias (3º ESO A)