Cando petan na porta pola noite.
Xabier P. Docampo. Xerais
Este
libro resultoume de fácil lectura e acabeino moi rápido grazas ao
seu vocabulario sinxelo e a forma de narrar do autor.
É
un libro baseado nas historias que lle contaban os pais de Xabier P.
Docampo cando era neno e co que el intenta que non se perda a
literatura oral tradicional. Ten varios relatos de historias que dan
medo pola forma de contalas e polos seus protagonistas. Estes relatos
son: “O espello do viaxeiro”, “O fornadas”, “A loba” e “
O cumpremortes”.
Os
mellores contos parecéronme: “O espello do viaxeiro”, pola
intriga que xera ao estar lendo que te engancha e non podes parar de
lelo e “A loba” pola intriga ata descubrir como remataba a
historia.
O
meu personaxe favorito foi a loba, porque me encanta que nunha manda
de animais onde os machos soen ser os líderes, mande unha femia e o
faga tan ben.
Non
lle faría ningún cambio porque me parece un libro moi especial e
tamén o seu propósito de transmitilo a todo o mundo, dito por
Xabier P. Docampo.
Se
vos gustan as historias de medo convídovos a lelo a todos e a todas.
Sara
Gómez García (3º ESO A)
O
libro en xeral gustoume bastante, xa que ten toques de suspense,
misterio e terror, os cales son os meus xéneros favoritos á hora de
ter que ler un libro.
Consta
de catro historias, as cales non teñen nada que ver unha coa outra,
isto paréceme algo moi enxeñoso deste libro, porque se non che
gusta unha historia podes ler outra que che poida acabar gustando.
A
miña historia favorita foi a de “O espello do viaxeiro”, porque
ten un concepto de perderse no monte que na maioría de libros de
terror ambienta moi ben a historia, tamén me gustou porque ten un
final bastante inesperado e intrigante. Polo contrario, a historia
que menos me gustou foi “O cumpremortes”, porque ao ser a última
historia do libro pensei que ía ser máis entretida, polo tanto
decepcionoume bastante.
Polo
xeral o libro gustoume bastante, sen contar a última historia, e
recomendaríallo bastante á xente que lle gustan esta tipo de
historias e que non teña tempo de ler outras historias máis longas.
Laura
Sánchez Liste (3º ESO B)
No
libro cóntanse varias historias. A primeira, “O Espello Do
Viaxeiro”, trata dun señor que tivo un problema con outro señor,
xa que pelexaron. Hai dous personaxes. Non me gustou ningún dos
dous, xa que tiveron problemas co alcohol.
O
seguinte relato titúlase “A Loba” e trata dunha loba que baixa a
unha aldea e rouba o fillo dun home que enganara a unha muller, esa
muller posteriormente suicidaríase, máis tarde a loba e o neno
morren queimados. Nesta historia o personaxe da loba e do home non me
gustaron. Os personaxes que me gustaron foron os cazadores, que
defenderon a súa aldea doutros lobos que baixaran a atacala.
A
terceira historia titúlase “O Fornadas”. Esta historia trata
dunha malleira que lle pegaran tres rapaces a unha vella ata matala,
o motivo desta malleira foi que a vella andaba a molestar a todo o
mundo. O personaxe da vella non me gustou xa que molestaba a todo o
mundo, pero tampouco me gustaron os personaxes dos rapaces agresores
xa que non poden tomar a xustiza pola súa man.
O
último relato titúlase “O Cumpremortes”. Trata dunhas cartas
que lle enviaba unha señora a un home dicindo que ía morrer. O
personaxe da señora non me gustou, pero o do home si, xa que fixo
todo o posible por aferrarse á vida e conseguiuno, este foi o meu
personaxe preferido de todo o libro.
Samuel
Grela Seoane (3º ESO B)
A
min este libro gustoume bastante, practicamente todos os relatos me
gustaron. O que máis me gustou foi: “ A LOBA”. Persoalmente
pareceume máis entretido. O meu personaxe preferido desa historia é
o home, porque a pesar de que ao principio os abandona, cando o fillo
o necesitaba foi por el.
O
que menos me gustou foi o segundo: “O FORNADAS”, xa que non o
entendín moi ben, pero a historia que conta é bastante entretida.
Os
outros dous bastante: “O ESPELLO DO VIAXEIRO” e “O
CUMPREMORTES”, que trata dun home que lle mandan unha carta co dia
é a hora na que morre.
A
historia do relato que máis me gustou foi a do “ESPELLO DO
VIAXEIRO” pero certamente, “ O CUMPREMORTES” pareceume a
historia máis entretida.
En
xeral, todas as historias están moi ben e parecéronme orixinais, e
cun final bastante axeitado. Recomendaría a súa lectura.
Nerea
Sánchez Castro (4º
ESO)