Cando petan na porta pola
noite, é un libro moi entretido xa que ten catro historias
totalmente distintas pero cunha cousa en concreto, en todas hai un
problema e iso é algo que me gusta dun conto. A primeira historia
gustoume moito xa que tes intriga por saber que lle vai pasar ao
Ferreiro. A segunda é un pouco fantástica xa que as bruxas non
existen, pero é moi entretida. A terceira dá un pouco de pena polo
que lles ocorre ao neno, ao pai e á loba. E por último na cuarta
queres saber que lle vai pasar ao rapaz que recibe as cartas e saber
quen llas manda.
O meu personaxe preferido da
primeira historia foi o rapaz que se perdera xa que foi valente
meténdose na casa dun descoñecido. Na segunda historia os aldeáns,
porque se atreveron a meterse na casa da bruxa. O da terceira foi o
pai do rapaz xa que o intentou salvar. E finalmente o da cuarta foi o
home ao que lle mandan as cartas.
Ten un vocabulario fácil aínda
que hai algunha palabra que é difícil de entender porque non son
usuais.
Gustoume xa que é un libro
maiormente entretido e lese en moi pouquiño tempo xa que as
historias son fáciles de entender e moi entretidas.
Laura Rodríguez Seoane (3º ESO)
Ben, pois a min este libro
gustoume bastante, pero non o volvería ler. Gustoume polo feito de
que ten poucas páxinas e acábase rápido, o contido das catro
historias fai que aínda sa faga máis curto aínda que si que
nalgunhas historias como a da loba que é a terceira historia, para
min o autor mete bastante recheo e moita información que non
interesa moito pero polo resto o libro está bastante ben para a nosa
idade.
Pero o que si quería destacar é
o vocabulario que ten, iso si que foi o que máis me gustou do libro
xa que coñecín moitas novas palabras e algunhas bastante complexas.
Deixando iso de lado as historias
en si gustáronme todas, parecéronme bastante entretidas e moi
curiosas, si que son algo raras xa que morre moita xente pero, ben, a
min gustáronme.
A miña preferida foi a segunda,
a do Fornadas xa que para min foi a máis fácil e entretida e a que
máis me enganchou, a primeira tamén foi fácil pero as dúas
últimas xa non me gustaron tanto. Pero aínda así recomendo
bastante o libro.
Carla Caramés Rivas (3º ESO)
A
min a historia que máis me gustou foi a titulada “O espello do
viaxeiro” porque paréceme raro que a xente acolla a xente
descoñecida na súa casa e invitalo a viño ata emborrachalo e logo
aproveitarse e pegarlle para quitarlle unha pálpebra do ollo para
ser iguais, e despois xa o quería axudar.
A
historia que menos me gustou foi “A Loba” porque trata de que
unha muller abortou e cando casou ese home quere ter un fillo con ela
e pediullo o día da súa voda e despois que se mate e a coma unha
loba.
O
meu personaxe favorito é o home que ía pola herdanza de seus pais e
foi parar á casa do ferreiro cando el quixo quedar na casa del sen
coñecelo de nada e polo que di o libro o aspecto do ferreiro daba
medo pero á parte diso o home debía estar mal porque non vir en
sete anos a ver a seus pais e agora que morreron vir polo que tiñan
desde o meu punto de vista está mal feito.
A
miña opinión do libro é que é interesante porque che dá intriga,
a ver quen é o que vai petar na porta e de que vai tratar o asunto.
Para o meu gusto eu non lle faría ningún cambio.
E
enténdese bastante ben porque o vocabulario é fácil para
comprendelo.
Ángel
Castro Noya (3º ESO)