A min este libro encantoume, xa que era todo de
misterio e de finais abertos e a min eses tipos de libros gústanme moito.
En sí o libro é moi sinxelo de ler e os relatos
enganchan moito a persoa que os le.
Gustaríame moito que o autor fixera outro libro coma
este para seguir lendo eses relatos tan bonitos e que te deixan con moita
intriga e queres saber como remata e o que lles sucede aos personaxes.
Neste libro non podería dicir algo concreto que me
guste do libro, xa que me gusta todo o libro en si. Non cambiaría nada deste
libro xa que está moi ben feito tal e como o escribiu o autor.
No primeiro que me fixei ao coller este libro foi na
portada xa que me gustou moito o debuxo que aparecía nela. Cando lin o resume
que aparece por detrás do libro xa me cautivou de todo.
Eu recomendolle a toda a xente que lle guste ler
libros de misterio e que teña os finais abertos, recomendolle este libro xa que
este ten todo o que poidas atopar nun libro.
Laura Moar Iglesias (3º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario