Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



mércores, 20 de marzo de 2013

Andel de Libros (XXXIX): Tres pasos polo misterio, de Agustín Fernández Paz


Tres pasos polo misterio, Agustin Fernández Paz, Xerais

O libro gustoume bastante, ainda que pensaba que ía ser moi aburrido xa que tres relatos nun libro íanme costar moito entendelos e facer o traballo, pero ao final estivo moi ben, sobre todo o relato do faro, xa que o final gustoume moito, non coma o dos outros dous que non me gustaron nada de nada, xa que me gustarían que contaran as cousas máis adiante no tempo, que seguiran contando como acababan as historias do arqueólogo e da rapaza.

Cambiaría o final do relato ”A serpe de pedra” xa que non me gustou nada que o arqueólogo quedara de mentireiro aínda que dixese a verdade xa que as demais persoas non o crían.

O libro entendino bastante ben xa que non era moi difícil nin tiña palabras moi difíciles para min, aínda que algunas expresións eran difíciles de comprender a primeira vez que os lias, pero se os volvías a leer xa os entendias prefectamente e sen dificultade ninguna.

Adrián Ríos González (3º ESO)

Ningún comentario: