Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



mércores, 20 de marzo de 2013

Relatos de misterio (II): Ás veces cando te dás conta xa é demasiado tarde, por Alba Docampo

ÁS VECES CANDO TE DÁS DE CONTA XA É DEMASIADO TARDE
   Un 8 de Decembro de 1989 ninguén podería saber o que ia suceder. Son as 11 da mañá, toda a cidade está totalmente branca, non hai o primeiro coche  polas estradas, os tellados estában totalmente recubertos de neve, as beirarúas estaban totalemente  baldeiras, soamente se podían ver un neno pequeno que xogaba coa súa nai no parque.
A muller era morena, alta, tiña un rostro que só con mirala se vía que non estaba pasando polos seus  mellores momentos, un rapaz pequeno duns 5 anos. Todo estaba totalemente deserto eu volvin meterme na cama e  taparme coas sabas xa que a traballar non podía ir.
Pasadas unhas horas volvín levantarme mirei pola xanela e  vin ao mesmo rapaz alí no parque miraba para un lado e para o outro  pero  non estaba aquela muller morena alta....onde estaba?
Seguía mirando para un lado e para outro pero non conseguía vela. Saquei o pixama rápidamente, vestinme coa primeira roupa que collín por diante e decidín  ir cara onda o rapaz pero ao verme colleu e botou a correr. Todo era moi estraño. Non entendía nada. A ese rapaz que lle pasaba? Onde estaba a súa nai?
Miro para atrás e as beirarúas estaban totalemente colapsadas por xente que viña cara min quedei parada esperando ao que podería pasar, pero toda a xente pasou de longo, incluso a  xente pasaba por onda min e me pisaba e me golpeaba sen darse de conta.
Eu non podía saber o que estaba sucedendo, collín e  botei a correr cara a miña casa de novo. Estaba na cama, decidin taparme coas sabas ata a cabeza e collín e púxenme a durmir coa esperanza de poder levantarme e dicir que todo foi un soño.

8 de Decembro de 1989  ás 17:23. Levanteime a fume de carozo, abrn a xanela e seguía ali o rapaz no parque. A xente andaba toda no mesmo sentido. O rapaz seguía xogando, a súa nai nin estaba. Eu non entendía nada, levanteime e fun á garda civíl dar parte do sucedido. Dixéronme que non me procupara por nada que eles estudarían o asunto.
Eu non paraba de darlle voltas, iso tiña que estar a ser un soño, pensaba para min mesma que podería estar alucinando xa que eu levaba tempo moi deprimida. Non estaba a gusto comigo mesma desde que miña nai morrera atropelada por un camión. Non conseguia nin un día estar tranquila. Estaba sentada no sofá dándolle voltas ao sucedido,  tratando de sacar algunha conclusión.
Soa o teléfono. Collo rápidamente. Son os da garda civil. Nada raro encontraron no asunto e dixéronme que me voltarían chamar e que non cerrarían o caso. A verdade é que quedei algo máis tranquila pero voltei a mirar pola xanela e ali estaba o rapaz.
 Pensei  no que me dixeran os gardas, acouguei e decidin  lavarme, vestirme, peitearme e ir ver unha película ao cine, cousa que xa había uns anos que non fixera. Xa as miñas amigas mo dicían: Estás seguido metida na casa, sae algo, distráete. Pero eu desde a  morte de miña nai non tiña ánimo ningún. As rapazas tentaban sacarme da casa e que podía ir a Ordes de festa, ir de compras pero eu intentaba esquivar cada unha das invitacións que me facian cada día. Ese día elas non me invitaron, non me chamaron e non me botaron a bronca, nin me dixeron que saíra da casa, nin a miña familia me chamara para dicirme que aínda había morrer durmindo.
Ese día decidin ir ao cine eu soa. Había unha película que a verdade vira anunciar na tele e me parecera que tiña boa pinta. Era o día da estrea. Había máis xente... non collía nin unha mosca. Collín as entradas e entrei  tan rápido como puiden para a sala, senteime, acomodeime, saquei a chaqueta e púxenme a mirar para a pantalla.
A película empeza. Era raro, na miña fila estaba toda unha familia pero había un oco entre min e esa familia. Pareceume estraño. Empeza a pelicula "A morte  non pode con todo", 5 min de película, 10, 23... e de súpeto entra un rapaz moi semellante a aquel que vira no parque pero non era, pois este home tería uns 20 anos, secadra tiñaos, e veu e sentou a carón de min. Mirou para min. Eu vino pero non lle prestei atención e dixome susurrándome: Non hai moito que empezou non? Eu quedeime sen palabras. Era tan guapo, tan atractivo, tan... pero díxenlle: Non, acaba de empezar. Cada un mirou para a pantalla.
A película empezou con gran intensidade. Era unha muller duns 40 anos que tivo un accidente de tráfico e morreu e deixou aos seus fillos sen nai. Eu identifiqueime tanto con esa historia que xa empecei a chorar. As bágoas empezaron a empapar os meus ollos verdes e a deslizarse suavemente polas miñas meixelas. O rapaz que tiña ao lado viume e ofreceume un papel para secar as lágrimas e logo seguiu mirando para a película. Eu seguía mirando a película pero a cada minuto parecía como se estivera feita coa miña propia vida. Todo era tal e como a min me sucederá. Unha nai morta, uns avós enfermos, un pai do que non sei nada... Non entendía nada e por encima un rapaz que ninguén sabia o que lle acontecía o mesmo que me pasara está maña...
Collín as miñas cousas e marchei encanto puiden. Non podía soportar máis esa situación. Saín correndo, collín o coche e fun para a miña casa. Estaba diante da casa, ía baixar, tiña os ollos empapados de auga, non podía máis, todo era demasiado para min.
Baixei do coche, ía abrir a porta e escoitei unha voz por detrás que me dicía: Estás ben?
Coñecino xa pola voz. Era el, ese rapaz que estivera ao meu lado no cine, mirei para atrás e abraceino tan forte  como puiden.  Foi inevitable, mentres o abrazaba as miñas lágrimas seguíanse deslizando pola miña cara, deume un bico e díxome que fora forte, que el estaba comigo.
Subimos á miña casa e ofrecçínlle algo de beber, pero non quixo. Conteille todo o que me estaba a suceder e díxome que el estaba casado e que tiña un fillo, pero que non sabía nada deles, buscáraos por ceo e terra, pero non os deu encontrado.
Nada máis escoitar a palabra “rapaz” levanteime, abrin a xanela e ali estaba o neno coma sempre, xogando. Boteille un berro e díxenlle que fose para a casa. El miroume  pero non me fixo caso. O rapaz que estaba acarón miña berroulle tamén aindaque non vira ao rapaz e rapidamente o rapaz mirou para a ventá. O home saíu a mirar á xanela pero antes de que o home dera mirado xa a nai do cativo o obrigou a entrar.
O home quedouse mirando para aquel parque e empezoume a contar todas as horas que pasara alí coa súa muller e o seu fillo xogando. Eles eran moi felices pero un dia tiveron unha pelexa  pola cal ela se empezou a sentir moi mal e marchou e nuunca máis soubo nin do seu fillo nin da súa muller. O  home empezouse a encontrar tamén mal e non puido evitar soltar unha que outra lágrima, lágrimas que  a  metros de lonxe se lle vía que non eran ningún conto, que de verdade o estaba  a pasar mal.
Estivemos así un bo tempo, contándonos a nosa vida, chorando, rindo, pero chegou a hora que había que despedirse e cada un foi para a súa casa. El vivía algo lonxe de onde eu estaba, así que deixoume o seu número e pediume que o chamara.
Ao que marchou empecei a pensar e algo me dicía de que aquel neno e aquela muller algo tiñan que ver con aquel home. Foi moi estraño que nada máis escoitar a voz do home rapidamente a muller chamara polo neno para dentro, algo me dicía que ese era o seu fillo, parecíanse moito en todo, na mirada, en todo.

9 de Decembro de 1989. Levanteime. Algo me dicía que sería un bo día. Rapidamente abrín a xanela, vin o neno, nin me cambiei. Saín correndo e alí estaban a nai e o fillo.
Tan pronto como me viron intentaron fuxir, pero deinos collido e falano con eles. Estivemos falando un bo cacho, aínda que a maioria das veces simplemente era eu a que falaba e pouco a pouco funlle sacando que o pai do neno non sabían onde estaba, díxome que tal vez morrera, por iso non volveran a saber del.
Ela contoume que o seu pai marchara de onda eles porque estivera moi alcoholizado. Eu non lle crin nada e decidín coller e despedirme, darlle dous bicos ao neno, pero cando se deu a volta a mochila poñía o nome e os apelidos: Mateo Rodriguez Castedo.
 Collín o móbil e chamei axiña ao rapaz do cine e díxenlle o que estaba a acontecer, díxenlle o nome do neno, os apelidos e díxome: Eu chámome Alex Rodriguez Iglesias, ese  non é o nome do meu fillo ... O meu fillo apelidabase exactamente asi pero chámase coma min xa que Ana, a súa nai, quixo chamalo así porque  era o meu nome e disque o home de toda a súa vida.
En menos de 2 horas xa estaba Alex na miña casa. Abrimos a ventá e alí estaba o neno e dixo: É el e saíu correndo da casa e foi cara a el. Púxose diante del pero o neno non sabía quen era. O home colleuno e o neno púxose a chorar.
De súpeto apareceu a súa nai e díxolle: Deixa o neno aí! Que fas aqui? Marcha xa!!
O home pousou o neno no chan e foi cara á muller e díxolle: Este é o meu fillo, ti estivéchesmo ocultando. Onde vos meterades?
Ana colleu e neno e púxose a correr cara á casa e entón Alex empezou a perseguilos pero pasou un camión e conseguiu arrasar con Alex. O neno mirou para atrás ao escoitar ese forte ruído e púxose a chorar. A nai colleu o neno e botouse a correr cara onde estaba Alex pero era demasiado tarde. Alex estaba morto. Eu non fun capaz de moverme do sitio, simplemente vin como fora o mesmo que me pasara a min unha vez que corrín para salvarlle a vida a miña nai.  Xa era tarde.  As rodas do camión xa acabaran con ela.
Escoitábase  a Ana chorar. O neno  tamén. E eu que xa non entendía nada desta vida porque tiña que ser tan dura...
Eu sen nai e ese fillo sen pai. El aínda non se da de conta pero paso a paso irá medrando e dárase de conta que hai que actuar rapidamente e ás veces aínda sendo así tardase moito.
Alba Docampo Noya (3º PDC)

Ningún comentario: