Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



luns, 11 de marzo de 2013

Andel de Libros (XXXIII): A noite que Wendy aprendeu a voar, de Andreu Martín



A noite que Wendy aprendeu a voar, Andreu Martín, col. Fóra de Xogo, Xerais.


A miña valoración persoal respecto este libro é moi positiva.
De feito, foi un dos libros que me pareceron máis interesantes de todos os que lin. Porque neste libro atopas aventuras, misterio, amor, envidia, maltrato... paréceme unha historia moi completa.
Ademais, eu son unha fan das novelas policíacas.
O final prefiro o que ten o libro, un final bo e xusto, e non como o meu, que é moi triste e  desgraciado para a protagonista, Wendy, e para os que a rodean como Roger ou Momo, que se uniron moito a Wendy e a queren moito.
Recomendaríavos que lerades A noite que Wendy aprendeu a voar, porque se entende moi ben e cando empezas a ler este libro, non podes parar, e tampouco sabes o que vai acontecer no próximo capítulo. A min pareceume moi interesante.

Belén García Lijó (3º ESO)

O libro ao principio pareceume que non me ía gustar moito pero equivocábame porque está ben, só que ao final pareceume algo lioso e confuso, pero en xeral enténdese ben, non ten vocabulario difícil. Gústame como o autor presenta os personaxes; preséntaos ben e moi detalladamente e di como son físicamente.
Non me gustou moito que os capítulos non tivesen nome, se o tivesen sería mellor polo menos pola miña parte. Que o libro tivese bastante diálogo está ben porque os diálogos a min gústanme moito. Fíxoseme entretido de ler porque me provocaba intriga.
A escena que máis me gustou foi na que Mon lle quitara o diamante a O Garrao e dixo que o tragara pero finalmente non o tragara, que o tiña no peto. Outra escena que me gustou foi a de cando Roger se lle declarou a Wendy porque viu que con Andrea non tiña posibilidades e Wendy lle dixo que non.

Martín Rouco Casal (3º ESO)



O libro pareceume moi aburrido, xa que non te podes perder ningún detalle. Polo medio perdinme un pouco, polo que non foi moi doado entender a que se refería a historia.
O que máis me gustou do libro foi o principio, porque explican máis detalles sobre as personaxes e da historia en concreto. Para min foi un dos libros que menos me gustou.
Non me gustan os libros con policías e así. Prefiro libros de misterio ou de historias máis actuais. A personaxe que máis me gustou foi a personaxe principal, Wendy.
Escollín este libro porque me parecía polo título de aventuras. Ao principio como xa dixen antes gustoume máis. A outra escena que me gustou moito foi cando Garrao secuestra a Wendy e intentá matar. Se poidera cambiar algo cambiaría un pouco o medio porque non se entende o que quere o contido.
 
Daniel González Iglesias (3ºESO)

1 comentario:

danielgonzaleztrazo@gmail.com dixo...

Xa lín o libro gustoume moito. Encantame os libros de misterio.