A min este
libro gustoume moito, xa que ademais de entreterme cando o estaba lendo, fixo
que me decatase que nesta vida sen o DNI, non se pode facer absolutamente nada.
A escena
máis importante penso que foi cando o axente parou a Olimpio e lle pediu o DNI,
xa que a partir de aí foi cando se desenvolveron todos os problemas.
O tema de
que trata o relato pareceume interesante, porque quere reflectir que o mundo
está controlado pola información e se fas algo que non debes vas ser descuberto
polo mínimo erro que cometeras.
Non faría
ningún cambio no libro, todo me gustou e o final deixaría o que ten, xa que me
gusta máis que o meu.
A lingua pareceume bastante fácil, aínda que había
certas palabras que descoñecía o seu significado e outras que as sacaba polo
contexto, pero en xeral pareceume fácil.
Jennifer López Becerra (3º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario