A banda sen futuro, Marilar Aleixandre, Xerais
A min este libro gustoume moito aínda
que non ten un final moi feliz.
O momento que máis me gustou foi cando
Carlota quitou o pano diante de Moncho porque foi capaz de superar a vergonza
que tiña a causa da enfermidade que padecía.
Por outra parte, un dos momentos que
menos me gustaron foi cando Miguel pasa de Carlota. Pero o momento que máis
odiei foi cando a avoa lle di ao final a enfermidade que padece porque eu xa
tiña a ilusión de que ía ser un libro que tería (na miña opinión) un final
feliz. Este sería o único cambio que faría.
A
linguaxe foi fácil de entender. O tema deste libro para min é un pouco triste.Marta Veiras Noya (3º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario