Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



xoves, 6 de marzo de 2014

Balda de Libros (XXVII): Criminal, de Xurxo Borrazás


Criminal, Xurxo Borrazás, Sotelo Blanco

Este libro en xeral gustoume moito,é un libro que desde a primeira páxina engancha, é coma se ao ler unha páxina tiveras que ler outra, e outra, e outra.
Talvez o que menos me gustou foi que ás veces volvía para atrás no tempo e habíase que fixar moito para non mesturar as historias.
A escena que máis me gustou foi na que aparece Carme, no seu tractor e fala con Chucho e mándao a tomar por saco, gustoume o simple feito de que estivera unha muller no tractor e non un home, qué é o que nos ensinan de pequenos, nenas con carrozas, nenos con tractores, pas, etc.
En xeral foi un libro moi sinxelo de ler sacando pequenos detalles e expresións que melloraría do autor, pero recomendo lelo, e sobre todo nestas idades, xa que reflicte moi ben o que pasa na sociedade hoxe en día.

Alba Docampo Noya (4º PDC)

Ningún comentario: